Unha felicitación e un anuncio

Ándovos algo atarefado ultimamente, sen tempo dabondo para postear (postear é galego :-P]. Sigo á procura de choio en Lisboa e non está resultando nada fácil (a crise é mundial, you know…). Pero como non quero perder o fío, aproveito para soltar un par de cousas.

1) Parabéns mil a Berto Yáñez pola broma do 1 de abril que lles gastou aos usuarios de chuza!, con falsa orde xudicial de peche incluída e que mesmo recolleron boa parte dos medios galegos. Simplemente é para quitar o sombreiro. Por un lado, a execución… É que parecía talmente un escrito xudicial! :D  Como se pode falsificar algo tan ben?! :D  Tamén hai que felicitar a Galeguzo, participante habitual deste blog, porque seica a redacción do texto é súa. Simplemente maxistral! Incluído o nome do xuíz: José Ignacio Martínez-Rebollido Sanjurjo. :D Teño que dicir que é unha das mellores bromas que vin na rede. Moitos parabéns!

2) Tomei contacto cun fala-falante. :D E vós diredes… e que raio é un fala-falante? Pois un falante das falas do Val das Ellas, na Estremadura española, onde se conserva unha variedade… galega? castelá? astur-leonesa? portuguesa? En fin. Só vos podo adiantar iso. Mañá, se todo vai ben, este fala-falante ofrecerá o seu punto de vista sobre a cuestión da falas estremeñas. Como din aquí, a não perder! :D

4 comments Abril 1st, 2009

Exclusiva:
entrevista co gañador do iPod chuceiro

O seu alcume é galizaemalego, ten 22 anos, é de Pontevedra e estuda en Vigo. E é ademais o flamante gañador do iPod que sorteaban en Chuza! por medio dunha porra electoral que quedou máis deserta ca o Sahara á vista dos resultados do 1M. Con el falamos en exclusiva do premio, e por suposto das polémicas que máis nos motivan en alema.org. Velaquí a conversa.

alema: Bueno. Antes de nada. Graciñas por atender a alema.org, flamante gañador do iPod!
galizaemgalego: Nada. Graciñas a vós por este espazo que me dades
alema: Como se sente un sabendo que levou un premio por non acertar nin de broma o resultado dunha porra?
galizaemgalego: Pois a verdade que non mo esperaba, xa que na porra participei de casualidade. En xeral moi contento e moi agradecido os compañeiros e compañeiras de chuza
alema: Por certo… Cal era a túa aposta?
galizaemgalego: A miña aposta se mal non recordo eran 32 escanos para o PP, 26 para o PSOE e 17 para o BNG, Vamos que non din nin unha
alema: E na túa opinión, que pensas que vai acontecer en Galicia, co novo goberno e tal?
galizaemgalego: Se ben é certo que durante estes derradeiros 4 anos o bipartito na miña opinión foi un continuismo do antigo si se vai notar o troco de goberno nalgúns pequenos avances como o tema do galego, as galescolas, a selección galega, todos os apartados sociais, etc.
alema: En que medida cres que o galego vai ter un retroceso co PP?
galizaemgalego: O galego vai ter un retroceso moi grande, e se os pequenos avances en materia lingüistica que se deron na lexislatura pasada foron pequenos, agora van ser nulos. Está claro que un goberno que apoia a Galicia Bilingüe non pode traer nada bo para o noso idioma, e fica demostrado cas últimas declaracións de Feijoo de eliminar o decreto do galego, reconvertir as galescolas… E non vai ser máis que un gran de area máis para a futura desaparición do idioma galego
alema: Falemos da túa situación persoal sobre o galego, se che parece. Vin pola túa traxectoria en chuza (e tamén polo teu alcume galizaemgalego) que apostas polo reintegracionismo. Pola contra, aquí comigo empregas o galego RAG. Non é contraditorio?
galizaemgalego: É certo que son partidario do reintegracionismo, pero tampouco descarto a posibilidade de usar o galego RAG, sobretodo porque non o teño perfeccionado e prefiro facer unha entrevista máis ou menos “decente” hehe. Nun hipotético caso de que Galiza acadara a súa liberación como pais, persoalmente o reintegrado ou o galego da RAG pasaría a un segundo lugar.
alema: E ti cres que, á vista dos resultados electorais, a liberación de Galicia como país está máis próxima?
galizaemgalego: A vista dos resultados electorais, e que persoalmente me son bastante indiferentes, penso que un obxetivo non se consigue a curto ou medio prazo. Hai que traballar día a día, nos bairros, nos pobos, nas cidades, o carón da xente, e iso debe ser o que nos motive a seguir ate conquerir o noso obxetivo. Eu actualmente non me sinto representado por ningún partido, como lle pode pasar a moita xente, pero iso non vai facer que deixe de luitar polo que eu penso e polo que eu creo que é xusto.
alema: Como chegou a túa aproximación ao reintegracionismo?
galizaemgalego: A miña aproximación cara o reintegracionismo pois viu da man da miña militancia no local social A Revira de Pontevedra, pola colaboración con organizacións políticas e a outros niveis, e por interés propio.
alema: E cres que como opción ortográfica ten posibilidades de triunfar?
galizaemgalego: Home, é unha opción máis que hai e pode ser que triunfe e pode ser que non triunfe. Isto como todo,é cuestión de traballo.
alema: O galego e o portugués son o mesmo idioma?
galizaemgalego: Bueno, polo que vexo a entrevista so vai orientada a un tema hehe. Creo que si son o mesmo idioma. Coas suas variacións ortográficas e típicas da zona pero penso que si, é o galego-portugués.
alema: Comigo xa gañaches 30.000 puntos dicindo a palabra máxica: “bueno”. Sabes que estou levando a cabo unha campaña para conseguir a súa plena legalización?
galizaemgalego: Penso que no galego da RAG un españolismo máis non importará.
alema: E no galego reintegrado tamén… por que non? e logo os reintegratas non din “bueno”?
galizaemgalego: haha. Eu uso a palabra bon, o que usen o resto dos reintegratas pois non o sei, sinceiramente .
alema: Non mintas: acabas de dicir espontaneamente a palabra ‘bueno’
galizaemgalego: Pois si, o acabo de dicir :$, non me matedes por iso, é a confusión dunha norma a outra. Non, como dicía antes penso que toda vontade de falar o galego e usalo como lingua habitual é moi importante, sen distinguir normas.
alema: E ti es máis partidario do galego AGAL ou da implantación do portugués padrão… Que che parece que se crease unha “Academia Galega da Língua Portuguesa”?
galizaemgalego: Pois home non estou moi ao tanto de iso. máis penso que sempre é mellor manter as palabras orixinarias da nosa terra e non substituilas por lusismos. Non sei se ese é o obxetivo de AGAL ou dunha hipotética “Academia Galega da Lingua Portuguesa”. Como dicía Carvalho Calero o Galego ou é Galego-Portugés ou Galego-Español. Faime mais preguntas doutro tipo!!!!! hahaha
alema: hahahahaha. Bueno, imos ir concluíndo se queres. Que tipo de música vas poñer no iPod chuceiro?
galizaemgalego: Eu estou encantado de respostar, así que tranquilo. Espero meter música variada, pero sobretodo en galego. Imaxino que irei dende os xa míticos, Keltoi!, Xenreira, Skarnio ou Trapallada pasando por grupos de streetpunk Oi!, Ska-rocksteady, Folk Galego, Irlandés, Victor Jara…vamos un pouquiño de todo.
alema: E para terminar. Visitas moito chuza? [Mira que é un antro de perversión, radikalidade e reintegracionismo extremo!!!]
galizaemgalego: O visito sempre que poido, sobretodo para consultar novas…as compaxino bastante ben con portais de contrainformación como pode ser Galiza Livre. Tranqui! Ando continuamente por antros de ese tipo

6 comments Marzo 13th, 2009

Última hora:
Os reintegratas, sen o seu xoguete favorito
Chuza!, pechada por reintegracionismo

Ao final, tiña que pasar. Tanto lusismo acaba pasando factura. Chuza!, a rede social de promoción de noticias, foi vítima do seu exceso de reintegracionismo. As presións dos sectores máis galeguistas conseguiron o seu obxectivo: pechar o xoguete que máis proxección lles está dando aos seareiros do NH. Non son eu partidario do peche de páxinas web, pero creo que xa ía sendo hora de que algúns levasen un tirón de orellas… sobre todo por chamarlle galego ao que evidentemente non é galego. Que será o próximo en caer? O PGL? Hoxe é un gran día para o independentismo.

Esta é a mensaxe que reciben os que intentan entrar en Chuza!. Proba, proba! Escribe chuza.org e/ou derivados no navegador do teu computador. Chuza! pechou por reintegracionismo. Mhwahuahuaha.

47 comments Decembro 28th, 2008

Ascárida: “Consólame pensar que o 99,9% dos reintegratas acaban de funcionarios”

Hai veces en que un avatar di moito dunha persoa. É o caso de ascárida. Fixádevos nesa cara entre altiva e de desprezo coa que vos mira… Non vos parece apaixonante e aterrador ao mesmo tempo? :D A min ese toque medio croco que ten sempre me pareceu que tiña un punto. É unha tipa que non se corta un pelo, esta ascárida. E nunha visita guiada por alema.org non podía ser unha excepción. Sinceridade e borderío en estado puro.


alema: Bueno, ascárida. Benvida a alema.org… En primeiro lugar quixera preguntarche pola túa marcha de chuza!, que nos deixou orfos a tantos. A que se debeu? ascárida: Aburríame, sen máis. Quen me dera poder contar algo misterioso. alema: E a que se debía o aburrimento? Temos tendencia a estancarnos en certas dinámicas ou que carallo nos pasa? ascárida: hahahahhahaha.
Así de primeiras, sáeme dicirche que nin puta idea do que NOS pasa, eu sei o que me pasa a min e xa bo é. Para min comezou a ser aburrido cando para a maioría comezou a ser demasiado serio. Os incendios, Reganosa, os presos políticos (!) Ugio e Giana e bla bla bla…
Tampouco foi a morte de ninguén. Internet dáme moito para entreterme. alema: E en que anda entretida agora ascárida? ascárida: A Twitter, que por formato é o blog que sempre quixen ter, e a todas as frikadas habituais: ler todos os artigos posibles para ver se vou quedar pronto no paro ou aínda podo vivir disto un pouco máis. E a ver porno. E a lurkear un pouco en todas as comunidades fetichistas que me parecen raras. E a mexar coa risa. E a descargar música e series, que dá moito choio estar ao día.
alema: Si, o tema lurker ten o seu aquel, debo confesalo… Por que non me recomenda algún título porno para os lectores de alema.org? ascárida: O bo porno non ten título. alema: E algún xénero? ascárida: Non é ningún segredo que a min o que me mola é o BDSM :D alema: Algo de sado-masoquismo ten este debate que temos algúns sempre arredor da lingua (galega), non concorda? ascárida: Entre os practicantes de BSDM corre o lema ese de “seguro, san e consensuado”, e non me consta que as partes dese debate consensuasen nunca nada. Vostede sabe algo? alema: Consenso hai pouco, iso hai que recoñecelo. Vostede como ve todo este debate arredor da norma e tal…? Cando escoita a palabra “reintegracionismo”, que é o primeiro no que pensa? ascárida: En tortilla. Non é carallada ningunha. É o primeiro que penso. Espero que non sexa nada chungo. alema: Tortilla e reintegracionismo? :D xD Que teñen que ver? ascárida: Eu non dixen que haxa relación, digo que é no que penso. Pero se quere que me confese coma se isto fose unha consulta de psicanálise… creo que é a maneira na que a miña psique me di que me mola máis España que Portugal.alema: É consciente de que iso é pecado mortal en certos ambientes? ascárida: Me la suda tanto… alema: Entón, para vostede o do reintegracionismo ten que ser… non sei… un conto chino ou que? ascárida: Así, a vulto? Paréceme unha escusa moi mala para cuspir contra Madrid, a Xunta e calquera que non che queira ben. Consólame bastante pensar que o 99,9% dos reintegratas acaban con praza de funcionario. alema: Precisamente unha das críticas que lles fan os reintegracionistas aos que non o son é que apoien unha norma como a RAG por criterios económicos… É dicir, por pasta. Que opina? ascárida: Eles son os primeiros en sacar o tema económico, a oportunidade que representa para nós ter acceso a iso que lle chaman a lusofonía. Máis oportunidades, ampliar mercados… A pasta é o único argumento co que poderían convencer a xente coma min, que a lingua nos dá un pouco igual pero o peto mirámolo todos os días, de todos os que teñen é o que menos mal me parece. Pero iso, que despois me chamen a min sucia capitalista me jode xD.
alema: Por que cre que o reintegracionismo triunfa tanto ultimamente? ascárida: Onde triunfa? alema: Vostede considera entón que NON triunfa… ascárida: Eu téñoo clarísimo, ti non? alema: Pois non lle sei… Mire que ata Quintana é reintegrata, disque…ascárida: Quintana é supercomplacente. Non me custa nada imaxinarlle o rol niso do BDSM. alema: Entón non ve un auxe do reintegracionismo… É só unha miraxe logo… ascárida: Hai que ter contentos aos que cren que gardan as esencias. Na dereita tamén o fan. E iso non significa que a “derechona” católica teña éxito Ou si? alema: Paga a pena que se vexan as televisións portuguesas aquí? Quero dicir… a calquera prezo? ascárida: Poñen porno en aberto? E pregunto completamente en serio alema: Non. Non poñen ascárida: Ou na tele portuguesa hai algo superchachi que nos estamos perdendo ou é para que aprendamos o idioma, e visto que non hai porno, creo sinceramente que non melloran en nada o que xa temos. A min a tele portuguesa dáme igual, pero se o prezo é que calquera das administracións que me gobernan poñan euros… ni de coña. E se hai que poñer cartos, a min que me poñan a BBC.

alema: Que lle parece que lle chamen ao galego “portugués da Galiza”? ascárida: hahahahhahahahhaha É como ver pementos de padrón de orixe Alicante Para vender funciona alema: Déame un consello para normalizar o idioma…ascárida: Pero a alguén lle interesa normalizalo? Unha morea de peña vive de puta madre a conta de que sea un idioma non-normal alema: Por exemplo? ascárida:Toda a industria montada arredor da produción de contidos en galego, coas súas campañas e todo o apoio económico que ten. Dende os xornais ata o dichoso .gal.
alema: Bueno… E xa para terminar…E para que se vexa que este é un blog pegado á actualidade Coméntenos algo da actuación de Estíbaliz Espinosa no Cultur.gal Que lle pareceu? ascárida: Pareceume cutre, pero non polo que ela cre que llo di todo o mundo. Non é porque o vídeo estivese gravado cunha cámara barata, ou que non teña nin puta idea de Power Point. É porque a estas alturas poñer o plugin de efectos do Windows Media Player é o equivalente en imaxe a escribir un poema de amor cos versiños eses de “las rosas son rojas y las violetas son azules“. E xa por fastidiar, pregúntome se ademais de pasar o traballo de poñer nos créditos os autores de todo o material que usou tamén lles pagou polo uso.

16 comments Decembro 9th, 2008

Chuza!, ferida de morte?

Asisto con impotencia e bastante pena ao declive do que para min era un dos inventos máis guais que hai na rede. Chuza! é a miña terra (alí foi onde naceu alema) e é por iso que me doe máis no que se converteu. Nun principio, era un lugar máis para compartir e promover noticias, pero a cousa derivou nun cúmulo de despropósitos que escorrenta a calquera minimamente moderado e non só iso: tamén proxecta por veces unha imaxe nefasta da rede galega.

Para triunfar en Chuza! non se necesita moito: temas lingüísticos (a ser posible favorables ao reintegracionismo) e políticos (case sempre as ideas que defenden grupos nada representativos da sociedade galega ou directamente soberanistas) aderezados de certas doses de lercheo-que-non-ofenda (menos mal) e obviamente nada que poida cheirar de lonxe ao que algúns cualifican de “españolismo” (como comentar a operación de fociño da Letizia). Chega un tempiño relativamente curto para percibir cales son as noticias que son do gusto do “público” chuceiro… Fóra da “liña editorial predominante”, as posibilidades de éxito son poucas.

Este panorama pouco plural en Chuza! está provocando que nos últimos tempos sexan bastantes os usuarios que deixan de pasar por alí… A xente cunha mínima moderación acaba sentíndose excluída do invento ou, mellor dito, non se ve representada nel, o que é aínda peor. As noticias vótanse case sempre non en función do seu interese senón de quen as envía, hai grupos clarísimos de poder que funcionan coordinadamente e os temas repítense unha e outra vez.

Pois iso mesmo é o que ve a xente que entra en Chuza! Unha comunidade cada vez máis radicalizada, máis batasunizada, máis reitegrata pero en plan chungo,… en fin. Que a única rede social de promoción de noticias en galego reflicte tamén unha imaxe bastante distorsionada do idioma e ata do país. Ou é que todos os internautas galegofalantes responden ao perfil prototípico chuceiro? Disque non hai peor cousa para a normalización dun idioma que asocialo a unha ideoloxía determinada… imaxinen os efectos que pode traer por riba que esa ideoloxía sexa radical e sectaria..

Estou de acordo con Cesare e con outros que xa nin perden o tempo en dar explicacións. Grupos e ideoloxías extremadamente minoritarios encontraron en Chuza! unha ferramenta ideal para expoñerse, inconscientes se cadra dun risco importante: a falta de pluralidade acabará por facer pouco atractivo o invento, a xente deixará de usalo como referencia e cada vez será máis difícil que novos usuarios se sumen ao carro…

Non sei. O único que espero é que a deriva dos últimos meses acabe reconducíndose polo ben de todos. Oxalá Chuza! volva aos tempos do bo rollito que había cando eu nacín alí. Oxalá Chuza! consiga ser un referente de verdade dunha sociedade diversa que non enterra con tópicos este idioma.

——————————————————————————

PD: E moito ollo porque o virus parece que se estende tamén a Vieiros.

33 comments Outubro 27th, 2008


AVISOS

Últimos comentarios

E ti que galego falas na escala de alema? aquí

Mini-chat

Latest on Mon, 00:28

aita: hai alguén aquí? teño unha dúbida: cando se usa 'ó' e cando 'ao'

magnummare: ... un que funcione, porque xa vexo que o teu no vai moi ben... XD XD

magnummare: Señor alema!! com introduciu iso que ten ai de "este blog en portugues automatico"? grasias de antebraso!! :P

Yuji: Obrigado Aloquete. Vou colocar na minha lista pra quando pedir livros galegos! :) Ah sim, e achei um artigo seu sobre literatura galega em Portugal, [...]

Aloquete: Yuji, um romance magnífico é PAPAVENTOS, de Xavier Queipo. Cosmopolita, mas galego de cima a baixo.

» Escribe algo



Featured Advertiser

Artigos recentes

 

Marzo 2010
L M M X V S D
« Dec    
1234567
891011121314
15161718192021
22232425262728
293031  

Categorí­as

Tags

Meta