Paren todos xa esta desfeita

Resulta algo difícil expresarse cando un pensa que as súas palabras poden ser interpretadas como ataques persoais ou campañas anti- algo, pero non podo calar máis ante o auténtico despropósito que se xerou arredor da lingua galega e que alcanza xa proporcións que na miña opinión empezan a ser preocupantes. E o peor de todo é que non me convence a postura de ningún dos actores desta telenovela por capítulos na que ninguén quere asumir a máis mínima parte de culpa; ao contrario, son sempre os outros os que se equivocan, e entre unha cousa e outra queda a casa sen varrer.

No plano político, creo que os tres partidos con representación parlamentaria deben poñerse a traballar xa para recuperar o antes posible o consenso arredor do idioma, e afastar dunha santa vez o galego das loitas políticas. Iso cáusalle ao galego un dano terrible que non nos podemos permitir. E sobre todo: que ninguén se atribúa en exclusiva nin a defensa do idioma ou nin tampouco das “liberdades”. O galego está -ten que estar- por riba de todas esas historias. E dáme igual quen foi quen rompeu o consenso e por que, se foi primeiro o ovo ou a galiña. Agora o que importa é o presente e o futuro.

Con respecto ao famoso decreto do galego, penso que todos teñen que estar á altura para que non se acaben creando guetos por cuestión de idioma, que é o peor que podería suceder. O principal, tal como di a propia Lei de Normalización Lingüística (aprobada por unanimidade), é que os rapaces terminen o ensino obrigatorio dominando ben as dúas linguas de forma escrita e oral, e iso implica impartir as materias “importantes” tamén en galego. Iso é básico e fundamental.

O PP equivocouse ata o fondo na campaña e na pre-campaña facendo do galego unha arma política de desgaste (sobre todo porque agora ten enriba da mesa un marrón de difícil solución), pero non nos enganemos: entre os partidos do bipartito tamén houbo moitas liortas internas por este asunto. A Secretaría Xeral de Política Lingüística, controlada polo PSdeG-PSOE, traballou pola súa conta, o cal lle valou bastantes ataques por parte do BNG e das súas “entidades satélite” e viceversa. E iso fixo callar entre a cidadanía a sensación de dous gobernos enfrontados.

É certo que o bipartito non (só) perdeu as eleccións pola cuestión lingüística, pero si que foi un dos factores determinantes. Senón non se explica como un partido como UPyD se colocase como cuarta forza política do país e nunha soa atacada.

E dese feito tamén a Mesa debería sacar algunhas conclusións: porque cometeu erros, aínda que non se presentase ás eleccións. Houbo por aí no pasado algunha que outra campaña desacertada, pero o peor pode estar por chegar, ao meu entender, se non hai un cambio de rumbo e autocrítica. Á Mesa tócalle saír da loita partidaria, meditar as mensaxes apocalípticas que poden virlle na súa contra e poñerse a traballar con todos, cos que ao pobo galego lles deu o apoio inequívoco para gobernar e cos que estarán na oposición.

Hai moitas cousas que matan o galego: as liortas políticas, o negativismo en exceso (e tamén a pasividade irresponsable), o vitimismo, a asociación da defensa do galego con certas opcións (moi respectables, pero algunhas delas demasiado radicais), as pelexas pola norma (e ata polo topónimo do país), a complacencia (por non dicir o apoio expreso) para entidades que queren converter o galego no “português da Galiza”,… E diría máis: para defender o galego mesmo habería que escoitar os que -descertadamente, na miña opinión- cargan contra el… porque a falta de diálogo tamén os fará medrar. Atrincheirarse só leva a radicalizar as posturas, polo que cumpriría non pecharse a nada para conseguir o maior consenso posible.

En fin. Se non se corrixen estas eivas, entón si que o galego irá costa abaixo e sen freos.

32 comments Marzo 27th, 2009

O resultado das eleccións, outra mala noticia para o reintegracionismo

O reintegracionismo é un movemento lingüístico que, segundo din os seus practicantes, está disociado do contexto político, pero non hai que enganarse: nada máis lonxe da realidade. Practicar o nh é algo que dificilmente se pode illar de determinadas concepcións políticas, que -como se viu nas eleccións do 1M- están en claro retroceso entre a cidadanía galega.

O único partido que defende abertamente a ortografía portuguesa (Nós-UP) baixou nestes comicios e pasou de ser forza minoritaria a micro-minoritaria (de 1.749 votos a 1.473), e a inmensa maioría dos reintegratas que tiraron polo chamado voto útil tamén encaixaron a baixada do BNG (que case perdeu 45.000 votos). O reintegracionismo, a pesar de que se ve crecido nalgúns lugares da rede, perde apoios de forma descarada e estrepitosa.

E vai sendo hora de cambiar de estratexia. Vai sendo hora de abandonar teorías que nunca na vida se levarán á práctica. Vai sendo hora de disolver a Academia Galega da Língua Portuguesa. Vai sendo horiña de que a Associaçom Galega da Língua esqueza as súas aventuras pro-acordo ortográfico e se centre no galego que queren os galegos e non no que soñan uns cantos.

Algo falla cando UPyD saca máis de 23.000 votos e chega a colocarse de cuarta forza política en Galicia baixo case o único argumento da “discriminación lingüística”. Algo se fixo mal e toca autocrítica… sobre todo por parte dos que dirixiron a política lingüística neste país nos últimos anos (que non explicaron con xeito o que tiñan que explicar), dos que quixeron dirixila a través de satélites (e non por medio do acordo cos socios), e tamén dos entraron a saco no tema da provocación e do mal rollo. A estratexia saíu manifestamente mal, fatal.

Con respecto ao tema da lingua, asunto que centrou case en exclusiva este blog desde o seu nacemento, teño que dicir que non estou de acordo coa proposta do PP de derrogar o decreto do ensino, por exemplo. Paréceme lamentable, igual que as posicións expresadas por algúns dos seus dirixentes (aínda que me consta que non todos opinan igual). Pero non queda outra que aceptar que o PP é a opción que votaron maioritariamente os galegos de forma democrática. E con iso hai que traballar. Polo que a min respecta, esperarei a coñecer as propostas do novo goberno e a súa posta en marcha antes de facer críticas.

E sobre todo. O máis importante. É fundamental que haxa dunha vez consensos reais arredor do idioma. Entre todos. Sen exclusións, “sen siglas” como prometeu Feijoo. Que a lingua e a súa defensa non lle pertenza a un só partido político ou a unha determinada ideoloxía. Que falar galego non se asocie con aldea e/ou con nacionalismo. Que se convenza desde o bo rollo sobre a utilidade desta lingua, co día a día e sen crearmos realidades paralelas ou de costas á cidadanía.

————————————————

PD: E unha vez soltado este speech, volvo facer as maletas. Regreso con Nuno para Lisboa, a seguir escoitando 24 horas ao día o precioso sotaque portugués e, sobre todo, a que se me peguen unha boa chea de lusismos, que falta me fai. Beijinhos a todos.

51 comments Marzo 2nd, 2009

Camilo Nogueira, o rei das ‘gralhas’

Quede claro, antes de nada, que isto non é un ataque persoal contra Camilo Nogueira, senón a constatación de que é moi fácil para un galego facer o ridículo cando escribe en portugués. Só hai que remitirse ao último artigo que publicou en Vieiros, todo cheíño de faltas (ou gralhas, como se prefira). Nogueira, gran defensor do reintegracionismo, está pasando ultimamente -para alvoroço de moitos- ao português padrão… pero o resultado é nefasto. Nun só artigo acumula máis de 50 gralhas… e de todo tipo. O ex-eurodeputado do BNG confunde galego, agalino e portugués e crea unha mestura explosiva que deixaría espantado calquera lusófono.

Velaquí a corrección do texto de Nogueira, extraído desta páxina de Vieiros:

http://www.vieiros.com/opinions/opinion/666/eeuu-china-a-ue-e-nos

EEUU, China, a UE e nós

Na sua recente estância [estadia] em [na] Alemanha para assistir em Munique a uma Conferência Internacional de Segurança, o Vicepresidente dos EEUU Joe Biden afirmou a vontade de manter ao [o] mundo na dependência das decisões políticas e estratégicas tomadas polo [pelo] seu Governo, agora baixo [sob] a capa do multilateralismo. Dixo [disse] que a nova Administração estadounidense [norte-americano] está decidida a observar un [um] “decente respeito pola opinião dos demais”, axindo [agindo] de “forma conjunta sempre que possam”, de maneira que “se actuam em solitário será porque não lles quede [lhes reste] outro remédio”. Agregou que “América (sic) necessita ao [do] mundo, como o mundo necessita a [da] América”. Biden refería-se [referia-se] a assuntos como o de Afganistão, Iraque ou Irão, mais situou de novo ao [o] seu país no centro de todo [tudo], mostrando uma actitude [atitude] que inclui o tratamento da crise económica com medidas que semelham [parecem] guiadas polo [pelo] propósito de retomar o rego [a via] do neoliberalismo.

A experiência desta crise serviu para demonstrar que o mundo não cabe na ideia de uma potencia [potência] planetaria [planetária], os [!!!] EEUU, que controlaria as órbitas de múltiplos Estados satélites. Basta lembrar que no tempo de Georges Bush o Governo norteamericano gastou na guerra de Iraque um bilhão de dólares (sobre 132 bilhðes de pesetas) e instrumentou recortes de impostos de dous bilhðes de dólares. Mostrando as consecuencias [consequências] da mundialização desnortada [desnorteada] que propiciara, a recesão [recessão] económica nesse país deu lugar a um trastorno [transtorno] global. Olhando para Asia [Ásia] (todo a [por] causa da abrupta diminuição das exportações a [para os] EEUU), se em 2007 o PIB de China medrara [aumentara] o 12%, em 2008 essa cifra diminuiu em quatro pontos, sendo praticamente nulo o crescimento do último trimestre. Polo [pelo] mesmo motivo, o PIB de Japão diminuíu nesse período mais do 10% em taxa anual e o de Corea do Sur [Coreia do Sul] um 21%. A caida [queda] económica dos [!!!] EEUU, trasladándose [transladando-se, mas em port. ‘transladar’ só se faz com cadáveres...] a grandes Estados como o chinés [chinês] que exportam de maneira saliente ao país norteamericano, causará por outra parte graves padecimentos em paises [países] pouco desenvolvidos, principalmente africanos, que nos últimos tempos abriram relações económicas relevantes com Estados emergentes como, ademais de China, Índia ou Brasil.

A crise financeira trouxe à recesão [recessão] económica. Sendo necessárias, as medidas contempladas polos [pelos] EEUU -investimentos publicos [públicos] em infraestruturas, incentivos fiscais e um plano de rescate [resgate] das entidades financeiras - para superar o estancamento pertencem a um mundo sobrepassado [ultrapassado]. Não põem propriamente em causa o vesánico [demente] fundamentalismo de mercado que dominou desde 1989, nem têm em conta a multiplicidade de actores principais da economia mundial. Essas medidas não consideram a urgência de agir prioritariamente em prol dos paises pobres ou em desenvolvimento, nem tendem a garantir servizos [serviços] públicos básicos para todos, dos que carece também uma parte da povoação do mundo rico, em especial nos Estados Unidos. Tampouco se orientam cara um modelo de desenvolvimento respeitoso com a natureza e as fontes da vida, num caminho que mesmo obrigará a um desenvolvimento científico e tecnolóxico [tecnológico] que pode dar lugar a uma fase de crescimento sustentável e descentralizado contraditório – não há mais que [basta] pensar nas potencialidades das fontes energéticas alternativas - com o praticado pelos monopolios [pelos monopólios] que hoje dominam a economia mundial.

No novo sistema económico a União Europeia, com as nações que a compõem, pode ter uma função transcendente. Por ser a primeira economia do planeta e dispondo do euro, tendo a experiência do valor dos serviços públicos básicos -a educação, a sanidade [saúde, em port. sanidade é mental], as pensões, a gestão da agua [água]…-, sabendo da importancia [importância] do papel das instituições civís [civis] como garantía [ garantia] do progresso e a solidariedade e com a experiência próxima do diálogo em paz, a UE deveria actuar no mundo com uma voz representativa de todos os paises [países] e os cidadãos comunitários. É hora de que tome [de tomar] uma posição independente dos EEUU, abandonando os Estados o hábito de petarem [baterem] em orde [ordem] dispersa na porta de Washington. Este é momento de pôr em prática o Tratado de Lisboa que reforma os Tratados de Roma e de Maastricht abrindo caminhos para a unidade política na diversidade e para actuar no mundo como uma potência civil.

Galiza, a nação e a súa [sua] economia, vivem neste ámbito [âmbito] global. O seu presente e o seu futuro não se limitam ao território estatal. Assumindo um projecto nacional mobilizador, os representantes políticos fariam bem em aprender dos actores empresariais e sociais, de tanta gente nossa que trabalha sem reduzir-se em fronteiras materiais e ideológicas filhas de um mundo ido.

Non está mal, eh? Acentuación fatal, mestura de ortografías oficiais do galego coas portuguesas, uso de expresións estrañas para a lusofonía… Un suspenso coma un mundo, vaia. O texto, con tantas gralhas, é máis vermello ca negro. Era ben mellor que Camilo Nogueira volvese ás orixes e escribise novamente en galego porque o padrão, como queda demostrado, non é o seu. Os políticos galegos deben de centrarse en falar e escribir ben o seu idioma… e se se atreven co portugués, polo menos que o fagan con xeitiño. Un respecto pola lingua galega e pola lingua portuguesa!

28 comments Febreiro 18th, 2009

Camões pasa de nós (ou ‘pasa nosa’)

Chámenlle Instituto Castelao, Rosalía ou o que sexa… O galego necesita dun instrumento para darse a coñecer fóra das nosas fronteiras como lingua independente. Un lugar onde un estranxeiro poida adquirir destrezas coa lingua galega, igual que o faría nunha escola de idiomas ou nunha universidade. Porque non nos enganemos… Se esperamos polo Instituto Cervantes ou polo Camões, imos aviados. Aínda que todo hai que dicilo: fai máis pola divulgación do noso idioma o primeiro ca o segundo… ante a falta de acción, entre outras cousas, dos reintegracionistas, claro.

Eu se vou á páxina do Instituto Cervantes podo encontrar un tradutor automático coa miña lingua e non só iso: habitualmente ou con certa frecuencia os locais do Cervantes polo estranxeiro divulgan actividades relacionadas coas linguas minoritarias que hai en España (galego, catalán, euskera). No Instituto Camões non esperen ver nada diso. Para esa institución portuguesa, o galego non existe practicamente.

Pero bueno. Eu creo que non é suficiente coa nosa presenza nas actividades do Cervantes. Necesitamos ter o noso propio instituto, claro que si! E nesa liña parece que vai unha das propostas do BNG, expresada este luns por Anxo Quintana: a creación dun Instituto Castelao polo que, por certo, xa avogara en 2004, poucos meses antes de converterse en vicepresidente da Xunta.

Desde logo, esta iniciativa resucitada para a campaña do 1 de marzo non ten nada, nada, nada de reintegrata. Nadiña. Ao contrario, a proposta supón remar na dirección totalmente oposta á que estableceron os lusistas, por exemplo, coa creación da chamada Academia Galega da Língua Portuguesa.

E é que, a pesar do que se diga por aí, o galego, como dialecto do portugués, non pode crecer. Tan difícil é de comprender que as nosas variedades lexítimas non serían aprendidas xamais de sometérmonos cegamente á lusofonía? Unha persoa que estude portugués, quererá aprender o estándar europeo ou o brasileiro. Só tendo un instituto propio, garantiriamos o ensino da nosa lingua e, polo tanto, a súa expansión polo mundo adiante.

11 comments Febreiro 16th, 2009

Anxo Quintana anúnciase con dous buenos

Acumúlanse as probas contundentes da galeguidade da interxección ‘bueno’. A última vén da man do último spot publicitario de Anxo Quintana. O candidato do BNG á presidencia da Xunta aparece rodeado de cidadáns que repiten un detrás doutro ‘Eu son Anxo Quintana’ e nun momento determinado chega a escoitarse, e ata por dúas veces, a palabra máxica. Por se queda algún simpatizante ou militante do Bloque que aínda tiña dúbidas de que bueno é galego…

Con todo, non quixera terminar este artigo sen solidarizarme cun dos actores que participan no anuncio. É un suposto mariñeiro que podiamos encadrar dentro da categoría 1 na escala de alema [recorden: os que falan galego oral bastante chungo, sen distinguir enes velares e sen saber pronunciar ben o x]. Hoxe todos debemos ser pijos e mariñeiros!

12 comments Xaneiro 17th, 2009

A resposta de Quintana abre unha chea de novos interrogantes

Pasaron as horas e xa por fin puiden dixerir a resposta de Anxo Quintana ás preguntas que lle fixo o Osiño Gominola sobre o reintegracionismo. En primeiro lugar, quixera agradecerlle ao vicepresidente da Xunta que encaixase con bo humor unhas cuestións tan “peliagudas” (como el dixo) que lle expuxo a nosa mascota. Iso si, tamén teño que dicir que, lonxe de resolver algunhas dúbidas, polo menos a min, ábrenseme outras moitas.

Discrepo coa maioría da xente cando di que a resposta do portavoz nacional do BNG estaba dentro do previsto. Eu creo que Anxo Quintana ofreceu un apoio claro e contundente á causa reintegracionista, ao asegurar que é un movemento “positivo”, “interesante” e que coloca o galego “hacia onde debe de camiñar”. Ou dito doutro modo (ou así o entendo eu): o galego, segundo o vicepresidente da Xunta, debe de tirar cara ao reintegracionismo. Aí é nada. Que eu saiba, é a primeira vez que o líder do principal partido nacionalista do país lles fai unha chiscadela tan clara e contundente aos seareiros do reintegracionismo, moitos dos cales son militantes e/ou simpatizantes do BNG.

Pero non só iso. Quintana, ao meu entender, vai máis alá ao cuestionar a saúde da chamada normativa de consenso, que segundo dixo “casi ninguén está cumplindo“. E aí é onde empezan a xurdirme as dúbidas. Quen non cumpre a normativa de consenso, a pesar de que había unha base tan “amplia“? O pobo? Os medios de comunicación? Os políticos? O propio BNG? Por que non se aplica? E se temos que camiñar cara ao reintegracionismo, para que respectar esa normativa de consenso? A mágoa foi que o vicepresidente non respondeu unha das preguntas clave que lle fixo o Osiño Gominola. É bo para unha lingua que teña dúas normas escritas?

En fin, son consciente de que non cabía esperar algo máis extenso dunha resposta nun video-blog persoal, pero creo tamén que debería abrirse o camiño para que o BNG manifeste oficialmente, en serio e sen ambigüidades cal é o seu plan para a normativa do galego. Ten previsto asumir o Bloque nas súas comunicacións, por exemplo, a normativa reintegracionista? Unha norma ou dúas normas? Vale a norma actual ou hai que avogar por máis cambios a curto ou medio prazo? As eleccións están aí e penso que o electorado debe votar cunha idea clara do que propón o BNG neste sentido (e noutros tamén, claro).

——————————————————————–
PD: Como me parece un documento histórico, permitinme o luxo de transcribir literalmente as frases pronunciadas por Quintana (as máis importantes, vaia).

“O galego e o portugués son idiomas dun mesmo tronco e creo que todos debemos de estar interesados e non solo que ese tronco se perda senón en fortalecelo no futuro, e hacia ese camiño, hacia ese horizonte debe camiñar o galego. Eu creo que un bo paso sería que sexéremos capaces de cumplir os acordos, e houbo un acordo bastante amplio, un consenso bastante amplio, para unha normativa de consenso que por desgracia casi ninguén está cumplindo, e casi ninguén está aplicando. E o feito de que exista o reintegracionismo, que nos coloca sempre no horizonte, o camiño hacia onde o galego debe de camiñar, paréceme moi interesante e un movemento moi positivo para o país”.

(Anxo Quintana, 3 de decembro de 2008)

13 comments Decembro 3rd, 2008

O deputado do BNG Bieito Lobeira, reintegracionista “fóra das cámaras”?

O deputado do BNG Bieito Lobeira podería ser reintegracionista “no seu día a día” a pesar de que en actos públicos utiliza a norma ILG-RAG, segundo se informa este xoves en madeiradeuz.org citando fontes de “absoluta solvencia moi próximas” ao propio dirixente nacionalista. É máis, segundo esas mesmas fontes, Lobeira emprega como lingua escrita de traballo o chamado “português padrão“, a modalidade máis lusista dentro do reintegracionismo.

Ante estas revelacións, tanto desde madeiradeuz.org como desde alema.org intentouse contactar en diversas ocasións co deputado nacionalista, non só para que confirmase ou desmentise o suposto uso que fai do reintegracionismo “na intimidade”, senón tamén para que aclarase a postura oficial do BNG ante, por exemplo, a posta en marcha de entidades como a Academia Galega da Língua Portuguesa. En ningún caso houbo resposta por parte do parlamentario do Bloque.

As fontes que cita madeiradeuz.org, que prefiren quedar no anonimato, insisten na veracidade da dobre opción normativa de Lobeira, a pesar de que oficialmente non “saíu do armario”. De seren certas estas informacións, estariamos ante o primeiro caso de ‘outing -facer público o reintegracionismo de alguén sen o seu consentimento- acontecido en Galicia.

A noticia de madeiradeuz.org podes vela aquí.

9 comments Outubro 30th, 2008

Francisco Rodríguez 2.0

O artigo publicado en xornal.com polo ex-voceiro do BNG no Congreso Francisco Rodríguez contrasta co que manifestaba o mesmo dirixente do Bloque hai catro anos. Daquela, Rodríguez eloxiaba, coma todo o BNG, a aprobación da chamada “normativa da concordia”. Catro anos despois, para Francisco Rodríguez, o galego e o portugués son o mesmo idioma e terá que haber “a maior aproximación da normativa oficial [do galego] á do portugués“.

La Voz de Galicia, 12 de febreiro de 2004. Artigo extraído de aquí

El portavoz nacional del BNG, Anxo Quintana, asumió ayer en Padrón el compromiso de la coalición con la nueva normativa del gallego, consensuada y aprobada en julio pasado por la Real Academia Galega (RAG) y que cerró las discordias lingüísticas de los últimos años. Quintana dijo que el BNG utilizará en sus comunicaciones las nuevas normas ortográficas y morfológicas, e instó a la Xunta y al Gobierno a proteger y potenciar el gallego.

La Casa Museo de Rosalía de Castro, en A Matanza (Padrón), fue el lugar elegido por el BNG para realizar una exaltada defensa de la lengua gallega y de su uso en todos los ámbitos, y para felicitar a la RAG por la aprobación de la normativa.

Además de Quintana, el acto congregó en la Horta da Paz, de la Casa Museo, a los cabezas de lista del BNG por las provincias de A Coruña, Francisco Rodríguez; Ourense, Tereixa Paz; y Pontevedra, Olalla Fernández. También reunió a representantes de las tres universidades gallegas y de otros sectores que participaron en la elaboración de las normas lingüísticas. Francisco Rodríguez reclamó respeto para el gallego, un respeto que ya debe sustentarse en la legalidad que lo ampara y defiende. En este sentido, demandó de las tres Administraciones (local, autonómica y estatal) que pongan los medios necesarios para favorecer su expansión, desde el ámbito educativo a los medios de comunicación.

Al igual que Rodríguez, Quintana felicitó a la RAG y a todos los sectores que participaron en la elaboración de una normativa «baseada na concordia»

Xornal.com, 21 de outubro de 2008. Artigo completo aquí

(…) Curiosamente, coa chegada da democracia e a instauración da autonomía, foi desde a oficialidade científico-institucional, que se comezou a emitir o discurso de que galego e portugués eran linguas diferentes. A normativa do galego, lingua cooficial da Galiza, elaborouse con criterios totalmente alleos aos da normativa do portugués, enfatizando as diferencias. Optouse por afastar artificialmente, non por aproximar naturalmente. A orientación anti-portuguesa, parella moitas veces a unha posición ideolóxica españolista, argumentou en base á defensa do considerado xenuíno e peculiar da nosa fala, por moi mancada e contaminada que estivese polo español. Certamente non foi unha opción responsábel nin comprometida co idioma galego como ferramenta da uso normal para todo na nosa sociedade, con perspectiva de futuro e dentro da nosa tradición literaria. Esta política oficial lembra a mesma teima por afastar o valenciano do catalán. Obxectivamente ambas responden a un isolacionismo axitado pola españolía.

A aparición dunha Academia Galega da Lingua Portuguesa na Galiza provocou algunha reaccións desaforadas e sintomáticas. Certamente a solución non está en denominar o galego “portugués de Galiza”. Está en dar pasos claros, prácticos, para reintegrar o noso idioma no seu espazo natural, o galego-portugués. Un destes pasos, tímido, foi a “Normativa de Concordia”. Malia a súa legalidade, enfróntase a moi serias resistencias na súa aplicación xeneralizada nas administracións e institucións oficiais. É ignorada a mantenta ou usada na súas opcións non preferentes. (…).

Non é negativo que exista unha Academia Galega da Lingua Portuguesa. É simplemente a resposta extraoficial, filolóxica, e, en certa maneira, extrema a unha deformación e negación recorrente. O problema está en que necesitamos que o mundo administrativo, académico, social, económico e institucional avancen na práctica na dirección de asumir, con todas as cautelas e matices que se queiran, que o galego e o portugués son o mesmo idioma. (…)

35 comments Outubro 21st, 2008


AVISOS

Últimos comentarios

E ti que galego falas na escala de alema? aquí

Mini-chat

Latest on Mon, 00:28

aita: hai alguén aquí? teño unha dúbida: cando se usa 'ó' e cando 'ao'

magnummare: ... un que funcione, porque xa vexo que o teu no vai moi ben... XD XD

magnummare: Señor alema!! com introduciu iso que ten ai de "este blog en portugues automatico"? grasias de antebraso!! :P

Yuji: Obrigado Aloquete. Vou colocar na minha lista pra quando pedir livros galegos! :) Ah sim, e achei um artigo seu sobre literatura galega em Portugal, [...]

Aloquete: Yuji, um romance magnífico é PAPAVENTOS, de Xavier Queipo. Cosmopolita, mas galego de cima a baixo.

» Escribe algo



Featured Advertiser

Artigos recentes

 

Marzo 2010
L M M X V S D
« Dec    
1234567
891011121314
15161718192021
22232425262728
293031  

Categorí­as

Tags

Meta