Urxente:
A campaña ‘bueno é galego’,
esta noite na Radio Galega!

Esta noite, a partir das 0.05 no programa ‘Máis Berberechos’ da Radio Galega van falar da campaña ‘Bueno é galego’, con declaracións en exclusiva de alema.

12 comments Novembro 29th, 2008

A campaña do ‘bueno é galego’, a piques de saltar aos medios convencionais

É con enorme pracer que vos comunico que os medios de comunicación convencionais están empezando a mostrar interese pola campaña ‘bueno é galego‘. De momento non vos podo dar máis datos… Só que dentro de moi pouco habedes ver como a nosa loita traspasa as fronteiras deste blog, de Facebook, da Internet en xeral… para achegarse ao gran público, á opinion pública galega. Eu non teño dúbidas. É aí onde empezará o triunfo da nosa causa. Estou seguro. En fin, prometo que cando teña máis datos sobre cando será o salto aos medios da campaña, hei publicalo a todo meter neste blog mediante un post urxente.

Entrementres, e para ir quecendo motores e xa que falamos de medios de comunicación convencionais, tráiovos unha novidade con respecto a ‘bueno’. Ides escoitar esa palabra (adorada por moitos e repudiada por moitos menos) en portugués internacional de Portugal! É por medio deste anuncio que ten como protagonista a Flipy, o de ‘El Hormiguero’, convertido en reintegracionista hardcore grazas a ese invento que moitos reintegratas repudian e que se chama dobraxe. :D

Infelizmente, os protagonistas do spot só din ‘bueno’ para referirse á marca da lambetada de chocolate, pero si que houbo algo no que caín despois de ver o anuncio un par de veces. O portugués, igual ca o galego, pronuncia a palabra ‘bueno’ cun e aberto que non ten o castelán, polo que xa temos outro motivo para a súa inclusión no galego. ‘Bueno’ non se pronuncia igual en español internacional de España /’bweno/ ca en galego internacional de Galicia /bwɛno/ (cun e tan aberto que ás veces mesmo parece un /a/!) ou en portugués internacional de Portugal /bwɛnu/.

Ah! E unha última cousa, xa á marxe de cuestións lingüísticas. Non entendo como Flipy, coa coña que ten e tal, puido aceptar facer un anuncio tan chorra, tan hortera, tan cursi, tan pouco enxeñoso, tan coñazo… sendo el tan simpático como é. Non o entendo. Ao meu modo de ver, este anuncio dana a súa imaxe pública e nunca debeu aceptar facelo. Pero bueno… os cartos son os cartos e a ninguén lle amarga un doce, incluídos os Kinder.

14 comments Novembro 28th, 2008

Exclusiva de última hora:
Inminente ‘outing’ VIP reintegrata

Un coñecido VIP (Very Important Person) da sociedade galega vai saír do armario de maneira forzosa grazas ao testemuño dun blogueiro reintegracionista. Fontes de toda solvencia indicáronlle esta tarde a alema.org que o ‘outing‘ vai ser inminente e que pode provocar un auténtico tremor de terra porque a faceta reintegracionista do famoso en cuestión non era de dominio público. Seguiremos informando.

3 comments Outubro 29th, 2008

Cambio de ritmo: a partir deste domingo as actualizacións serán ás 10 da noite

Acabouse esperar ata medianoite para actualizar alema.org. A partir deste domingo día 12 de outubro (e non busquedes lecturas estrañas) este blog vaise actualizar, diariamente coma sempre, pero ás 22 horas e non á medianoite como foi costume nos últimos tempos. Trátase de pasar do late night ao prime time, dado o incremento no número de visitas da páxina e para facer máis levadeiros os acendidos debates que xeran algúns artigos. Este sábado toca descanso, pero mañá ás 10 da noite, hora (imposta?) galega, ou ás 21 horas en Portugal, hei regresar cunha sorpresa. Boa finde a todos.

10 comments Outubro 11th, 2008

Aproxímase exclusiva para o 25 de xullo

Só podo ofrecer poucos pormenores de momento… as usual.

1 comment Xullo 19th, 2008

Máis que malo… very soon

Grava na mente os dez segundos deste vídeo.

4 comments Xullo 6th, 2008

Grande exclusiva

Proximamente en alema malo… a exclusiva definitiva!

5 comments Xuño 27th, 2008

Proximamente… a infancia perdida por culpa da ‘colonizaçom espanhola’

2 comments Xuño 17th, 2008

Anuncio importante

4 comments Xuño 5th, 2008


AVISOS

Últimos comentarios

E ti que galego falas na escala de alema? aquí

Mini-chat

Latest on Mon, 00:28

aita: hai alguén aquí? teño unha dúbida: cando se usa 'ó' e cando 'ao'

magnummare: ... un que funcione, porque xa vexo que o teu no vai moi ben... XD XD

magnummare: Señor alema!! com introduciu iso que ten ai de "este blog en portugues automatico"? grasias de antebraso!! :P

Yuji: Obrigado Aloquete. Vou colocar na minha lista pra quando pedir livros galegos! :) Ah sim, e achei um artigo seu sobre literatura galega em Portugal, [...]

Aloquete: Yuji, um romance magnífico é PAPAVENTOS, de Xavier Queipo. Cosmopolita, mas galego de cima a baixo.

» Escribe algo



Featured Advertiser

Artigos recentes

 

Marzo 2010
L M M X V S D
« Dec    
1234567
891011121314
15161718192021
22232425262728
293031  

Categorí­as

Tags

Meta