Eu

E quen diaño é alema? Pois ante todo alema é un personaxe dixital que naceu en Chuza! no verán de 2007 e que na primavera de 2008 decidiu crear un spin-off chamado alema malo onde desenvolver parte das súas falcatruadas. O alema é un amante da discusión ben entendida, do intercambio de opinións, do bo humor desde unha perspectiva galegofalante que pretende saír do estándar. Urbano, algo geek, pegado á actualidade, observador da política, amante do mundo audiovisual e do lerchandising e, por suposto, non reintegrata.

E por que alema malo? Pois a idea para o título do blog xurdiu a raíz dun comentario de berto [graciñas mil pola axuda] no fedello de Chuza! Fíxome graza a frase, tal cal apareceu no ecrám do meu computador, e así xurdiu a idea do título do blog alemamalo.wordpress.com.

Posteriormente, o 7 de xullo, naceu alema.org co subtítulo “máis malo ca nunca”, por aquilo de non perder a identidade do anterior blog, aínda que despois mudou para “galego independente” e así segue ata hoxe.

Poucos días antes das eleccións galegas do 1 de marzo, e despois de manter un ritmo de publicación diario do seu blog, alema relaxouse algo, e marchou a Lisboa, a casa do seu amigo Nuno, un rapaz queique da capital portuguesa (con quen aínda vive na actualidade).

En fin, espero que o pasedes tan ben aquí… tanto como eu gozo facendo este blog!

Ah! O meu agradecemento a mourullo, quen -á parte de ser o padriño desta bitácora- é un grande ideólogo na sombra e fonte inesgotable de ideas, inspiración, risas, conversa, apoio…

——————————
AVISO

O autor do blog non se responsabiliza dos comentarios dos lectores. Se alguén quere modificar, borrar, editar algún comentario; protestar por calquera asunto, ou mesmo falar co alema de calquera outra cousa, por favor escriban a:

alemamalo (arroba) gmail.com

;-)

3 comentarios Deixa o teu comentario

  • 1. moiben  |  30/Xuño/2008 at 16:17

    :-D:-D:-D:-D:-D:-D:-D:-D:-D:-D

    supergracioso….hehehehehehe….escangállome………

  • 2. galegosenfronteiras  |  10/Xullo/2008 at 10:59

    Veña rapaz, pelexa.

  • 3. O gaiteiro.  |  26/Abril/2009 at 21:29

    Bárbaro, xenial, fan falta mais sitios así.

Deixa un comentario

Obrigatorio

Obrigatorio, oculto

HTML permitido:
<a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <strike> <strong>

Trackback deste artigo  |  Subscribirse aos comentarios mediante RSS