Vaia, vaia. Parece que os días que hai Eurovisión hai unha manchea de noticias que comentar. Imos por partes.
1) Feijóo nomea a Anxo Lorenzo, un sociolingüista independente de recoñecido prestixio e comprometido co galego, para dirixir a política lingüística da Xunta. A Mesa e o BNG cualifícano de “verdugo” do galego, nada menos. En Galicia Bilingüe tamén están que adoecen. O dos galegófobos enténdoo. O presidente da Xunta nomeou alguén que loitou polo que eles cualifican de “imposición do galego”. O que non entendo é a saña da Mesa. A quen querían que se nomease? Callón respóndeme que non é un ataque persoal, e que a alternativa é un cambio de política. Nomeando o señor Lorenzo, non é logo un cambio de rumbo polo que hai que felicitarse? Cal é logo o candidato ideal da Mesa?
Paréceme algo precipitado xulgar de antemán sen saber cales son os compromisos aos que chegou Feijóo con Lorenzo para que aceptase o posto. Hai que esperar. É certo que hai declaracións de dirixentes do PP que causan certo desacougo (a pretensión de resucitar, por exemplo, a polémica de ‘La Coruña’), pero é certo tamén que de momento as cousas non pasaron de aí, dunhas declaracións. E volvo reiterar o que dixen noutras ocasións: para recuperar os consensos hai que ter mesura, prudencia, siso… e iso vai por todos. Dun lado e do outro. Todos a pechar esas boquiñas e a poñerse a traballar.
Apúntanme que a reacción da Mesa pode deberse a un intento por manter “a tensión” con vistas á manifestación do 17 de maio. Eu creo que é unha estratexia errada. O aspecto reivindicativo dunha manifestación non implica ter que perder os papeis. O normal sería recoñecer a traxectoria do novo secretario xeral, reclamar que sexa coherente co seu traballo anterior e esperar acontecementos. E unha vez dito iso, pode manter con elegancia que seguen vivos os motivos polo que convoca a manifestación do domingo e a outra cousa. O cortés non quita o valente.
2)Os da Gentalha conseguiron o seu elevador(ascensor, en galego). Recadan pasta a velocidade do raio: 10.000 euros en 3 días. Parabéns para eles. Agora, o que podían era organizar unha coletadoutros 120.000 para comprar o famoso dicionario da RAG e colgalo na internet.
3) Este ano, o actor Quico Cadaval vai ser o patrón dos reintegratas no Día do Orgulho Lusista e Reintegrata, que se celebra o 25 de maio. [Por certo: que pensará o novo secretario xeral de Política Lingüística sobre os reintegratas? Non pararei ata descubrilo].
4) TVE destitúe o xefe de Deportes por non ofrecer os apupos do público ao himno de España. A quen hai que cesar por emitir tenis en vez da 2ª semifinal de Eurovisión?Vergonzoso. Menos mal que nos quedou Portugal (e Andorra) para seguir a retransmisión. Como castigo a rtve, negueime a sentouciñar o festival por rtve.es, que para máis inri estivo colgado media hora.
5) A raíz da idea dun colega, institúo desde hoxe a Igrexa Alemista do Primeiro Bueno, a única igrexa onde todos os crentes son practicantes. Remember. Bueno é galego. Xa asinamos 1.281
Hoxe é foi un día moi intenso, cheo de grandes noticias. Como non teño moito tempo, vou resumir.
1)A RAG dá a cara… por fin. Menos mal. Non foi sen tempo. Chegou tarde a reacción, pero chegou. E hai que estar contentos. Polo que se ve no tríptico que publicaron parece que teñen as cousas moi clariñas. A mágoa foi que non as dixeran antes. Pero en fin. Non imos recrearnos no que puido ser e non foi. Hai que mirar cara adiante. A recuperar o consenso e a despolitizar a cuestión lingüística. E da man da nosa autoridade lingüística, non dunha sucursal dunha universidade lisboeta. Por certo: hai por aí quen alucina coas referencias da RAG á “irmandade” coa lusofonía. A ver se se decatan algúns dunha santa vez que defender a aproximación á lingua portuguesa non ten por que equivaler a auspiciar a conversión do galego nun dialecto submiso.
2) Os da Gentalha do Pichel están en apuros. Necesitan 10.000 euros porque din que lles queren pechar o local. Os cartos son para pagar un ascensor para discapacitados, “o último paso para ter todos os papeis en regra”, din. Teñen que conseguir 10.000 euros nun mes, e en só tres días reunir a metade dos cartos. Os que ameazan co peche son os do Concello de Santiago (PSdeG+BNG) pero parece que para os da Gentalha só hai un culpable (o señor Conde Roa, do PP). E eu pregunto… A que vén tanta présa agora? Isto do ascensor era algo que se sabía desde hai tempo ou xurdiu así, de repente? Persecución política por parte do PP? Desleixo por parte da Gentalha? A ver en que acaba todo isto. En fin. Espero que se solucione.
A continuación reproduzo o comunicado da RAG para que quede constancia que é asumible pola inmensa maioría dos galegos.
Diante dos pronunciamentos e as comunicacións públicas que dun tempo
a esta parte se están a producir arredor da lingua galega, moi especialmente
sobre a súa presenza nas aulas de ensino non universitario, e dada a significación
histórica desta institución fundada en 1906 baixo a presidencia de Manuel
Murguía, constituída a prol da defensa e a dignidade do noso idioma e da nosa
cultura, e depositaria do ordenamento normativo da lingua por decisión do
Parlamento de Galicia e a Lei de Normalización Lingüística (1983), a Real Academia
Galega séntese na obriga e no deber moral de pronunciarse nos seguintes puntos,
que consideramos fundamentais.
1. A lingua galega é unha riqueza, patrimonio común de todos os galegos,
lingua milenaria, posuidora dun rico acervo histórico que nos sitúa en pé
de igualdade entre as culturas todas do mundo. A lingua galega forma parte
consubstancial da identidade e do recoñecemento de Galicia como nación e como
colectividade. Como dicía Ramón Piñeiro, a quen este ano honramos o Día das
Letras Galegas, “para que unha comunidade humana teña categoría de pobo,
para que teña unidade íntima e transcendente, ha de ter unha alma de seu.
E un pobo ten alma de seu cando posúe idioma, cando fala nunha lingua propia,
que tal é o que significa a palabra idioma. A lingua vén a ser a alma viva do pobo
que a fala, vén a ser a súa comunidade esencial”.
2. Como lingua propia de Galicia, o galego dános identidade no mundo, pero
tamén nos relaciona con outros espazos aos que, cumprindo unha función
comunicativa, non queremos nin debemos renunciar. A lingua galega non
é incompatible co coñecemento e o uso doutras linguas, moi especialmente
o castelán, e vencéllanos coa irmandade galego-luso-brasileira, que nos abre
a varios continentes e que nos universaliza. Xunto co castelán, o inglés e o
coñecemento das novas tecnoloxías da comunicación, propias da sociedade global
da que formamos parte, os homes e mulleres da Galicia do noso tempo, cidadáns
dun novo século conscientes do valor do seu idioma, dispoñemos de posibilidades
certamente privilexiadas para nos relacionarmos co mundo e, sen renunciarmos
a nós mesmos, exercer como cidadáns universais.
3. Ninguén é propietario da lingua. Como patrimonio común, herdado dos nosos
avós e dos devanceiros, a lingua é de todos os galegos, mesmo daqueles que non
tiveron a fortuna ou a oportunidade de recibila de seu na infancia. A lingua é un
cemento que nos une, no que nos recoñecemos e que nos proxecta cara ao futuro,
polo que de ningunha maneira podemos aceptar nin discriminacións pola súa
causa nin que se abran fendas na sociedade común, que facemos entre todos,
creando ou promovendo guetos ou espazos estancos. Irresponsablemente
estariamos a producir unha freita social que endexamais existiu e que tería
gravísimas consecuencias para o futuro.
4. A convivencia, o respecto e a harmonía deben presidir en todo momento as
actuacións que arredor da lingua se desenvolvan, tendo unha cousa presente:
un idioma castigado durante séculos, asoballado na súa historia, abaixado na
consciencia dos seus falantes esixe un tratamento activo, unha política estratéxica
e decidida por parte do goberno e da administración, accións que o doten de
recursos para igualalo con aqueles outros idiomas que non viviron ese proceso.
O rexurdir do idioma galego vai acompañado do rexurdir da autoestima dos seus
falantes e dos que como patrimonio común o teñen, da dignidade colectiva
e da modernidade do país en todos os seus ámbitos.
5. A situación lingüística da Galicia de hoxe xa non é unha situación diglósica
típica, con dúas linguas que se usan para funcións diferentes (galego para usos
informais e castelán para usos formalizados); pero tampouco se pode dicir que o
uso do galego ou do castelán dependa simplemente do interlocutor. O galego
avanzou, pero a súa desproblematización e a súa progresiva conversión en lingua
de uso natural e normal (normalización) levou os contrarios a este proceso a
manchar a palabra normalización, como se significase agresión aos que non teñen
o galego como lingua habitual, e a erguer o falso concepto de liberdade, que
parecen entender como dereito a non falar nunca o galego.
6. Para superar esta situación cómpre, entre outras medidas, reforzar a presenza
da lingua galega no ámbito escolar, con especial atención ás primeiras idades,
para que o idioma xurda de seu nos ámbitos máis próximos (na familia e na
escola). Cómpre facelo respectando a lingua das familias, procurando con extremo
coidado o afecto e a convivencia naqueles casos en que a lingua primeira non sexa
o galego. Mais cómpre unha política activa ao respecto, na procura dunha
capacitación e dun coñecemento real do idioma (non unha utilización litúrxica
do mesmo), promovendo con recursos o seu uso e implementándoo como lingua
vehicular doutros coñecementos na escola.
7. O novo clima lingüístico que trouxo a Constitución de 1978 abriu as portas
a unha convivencia de linguas. Dende que Galicia ten autonomía política, gobernos
de diferente signo tentaron impulsar a recuperación social do idioma centrando
as actuacións moi principalmente no ámbito educativo. Mais a política lingüística
non pode ficar reducida ás aulas. Aínda que a acción educativa é fundamental para
a conformación das destrezas do idioma e mais para o seu prestixio e o seu
recoñecemento no imaxinario social, a acción de uso e os recursos deben
orientarse asemade a outros espazos fundamentais na vida pública: os medios de
comunicación de masas, as industrias do lecer e da cultura, as novas tecnoloxías, a publicidade, a vida empresarial, o funcionariado, a administración pública, a xustiza, a igrexa, a universidade, o mundo do traballo, o comercio, a economía, conscientes de que a lingua é tamén unha marca de calidade, tarxeta de presentación identitaria nos espazos da globalización. Traballar a prol da lingua significa concitar, estimular e avivar todos os sectores que configuran o corpo social.
A Real Academia Galega observa con preocupación os pronunciamentos e as
polémicas que, partidarias as máis das veces, nacidas ben do exceso de celo,
ben do prexuízo lingüístico, deben ser superadas pola acción dun goberno que
aspire a ser de todos os cidadáns. Tamén resulta preocupante que as primeiras
decisións lingüísticas anunciadas pola Xunta de Galicia sexan todas
desprotectoras da lingua galega.
Convidamos aos responsables do novo goberno a que escoiten as institucións
que, como a presente, veñen traballando de vello polo idioma, con información,
metodoloxía e estudos certos, na procura dun acordo social integrador,
a prol do uso, a dignidade e a continuidade do idioma, que debería sustentarse
en catro principios básicos:
1º Compromiso de arredar a lingua galega da controversia
partidaria. A lingua é de todos e todos teñen cabida para
acadar o seu pleno uso normal.
2º Impulso do multilingüismo. Na anterior lexislatura
potenciouse o trilingüismo en moitos centros escolares
(galego, castelán e inglés), que agora podería ampliarse
a unha cuarta lingua, sen esquecer o acceso ás linguaxes
das novas tecnoloxías.
3º Reafirmación e desenvolvemento do Plan Xeral
de Normalización da Lingua Galega, que no seu día,
por unanimidade, apoiou o Parlamento de Galicia
(Doc. núm. 17629, BOPG núm. 622 do 07.09.04).
4º Compromiso de impulsar unha cooficialidade simétrica
dentro da Constitución, na que todos os cidadáns teñan
dereitos e deberes co castelán e co galego, única forma
de acadar a igualdade cidadá.
Os poderes públicos están obrigados a meditar serenamente a qué escenario
queren levar a sociedade galega, tendo sempre presente que a lingua galega
non é un problema, senón unha oportunidade.
Agora que xa falta tan pouquiño para Eurovisão, quería aproveitar para mostrar o meu apoio incondicional a Soraya. A cantante estremeña (e con ascendencia portuguesa) estivo recentemente en Portugal (un país que “adora”, segundo as súas palabras) promocionando o seu ‘La noche es para mí‘. Aquí vos deixo un vídeo onde a moza se lanza a falar en portugués… Miren que ben o fai! Estou emocionado! Este ano, ata os reintegratas con Soraya!!!!
É con enorme tristeza que vos teño que anunciar que o vídeo titulado “Xuxa, a máis satánica e diabólica“, elaborado por min para YouTube foi censurado. Parece ser que á artista brasileira non lle gusta nada que se fagan parodias das mensaxes presuntamente satánicas que inclúen as súas cancións infantís reproducidas ao revés. Xuxa Promoções e Produções Artísticas Ltda. ordenou a retirada do mencionado vídeo… e YouTube achantou.
“Notificamos a remoção ou desativação do acesso ao material a seguir em decorrência de uma notificação de terceiros da parte de Xuxa Promoções e Produções Artísticas Ltda. informando que este material é infrator”
A min, francamente, paréceme unha pasada que esta señora non poida ser parodiada. Ademais, como se pode demostrar que hai pasaxes supostamente diabólicas nas súas cancións sen reproducilas? En fin, porque non teño nin ganas, nin forza, nin tempo, nin pasta para protestar, que senón había reclamar. De todos os xeitos, queda patente que detrás da doce Xuxa hai moi pouco sentido do humor. A mesma escasa simpatía que teñen os reintegratas hardcoredalgúns foros!
O seu alcume é galizaemalego, ten 22 anos, é de Pontevedra e estuda en Vigo. E é ademais o flamante gañador do iPod que sorteaban en Chuza! por medio dunha porra electoral que quedou máis deserta ca o Sahara á vista dos resultados do 1M. Con el falamos en exclusiva do premio, e por suposto das polémicas que máis nos motivan en alema.org. Velaquí a conversa.
alema: Bueno. Antes de nada. Graciñas por atender a alema.org,flamante gañador do iPod! galizaemgalego: Nada. Graciñas a vós por este espazo que me dades alema: Como se sente un sabendo que levou un premio por non acertar nin de broma o resultado dunha porra? galizaemgalego: Pois a verdade que non mo esperaba, xa que na porra participei de casualidade. En xeral moi contento e moi agradecido os compañeiros e compañeiras de chuza alema: Por certo… Cal era a túa aposta? galizaemgalego: A miña aposta se mal non recordo eran 32 escanos para o PP, 26 para o PSOE e 17 para o BNG, Vamos que non din nin unha alema: E na túa opinión, que pensas que vai acontecer en Galicia, co novo goberno e tal? galizaemgalego: Se ben é certo que durante estes derradeiros 4 anos o bipartito na miña opinión foi un continuismo do antigo si se vai notar o troco de goberno nalgúns pequenos avances como o tema do galego, as galescolas, a selección galega, todos os apartados sociais, etc. alema: En que medida cres que o galego vai ter un retroceso co PP? galizaemgalego: O galego vai ter un retroceso moi grande, e se os pequenos avances en materia lingüistica que se deron na lexislatura pasada foron pequenos, agora van ser nulos. Está claro que un goberno que apoia a Galicia Bilingüe non pode traer nada bo para o noso idioma, e fica demostrado cas últimas declaracións de Feijoo de eliminar o decreto do galego, reconvertir as galescolas…E non vai ser máis que un gran de area máis para a futura desaparición do idioma galego alema: Falemos da túa situación persoal sobre o galego, se che parece. Vin pola túa traxectoria en chuza (e tamén polo teu alcume galizaemgalego) que apostas polo reintegracionismo. Pola contra, aquí comigo empregas o galego RAG. Non é contraditorio? galizaemgalego: É certo que son partidario do reintegracionismo, pero tampouco descarto a posibilidade de usar o galego RAG, sobretodo porque non o teño perfeccionado e prefiro facer unha entrevista máis ou menos “decente” hehe. Nun hipotético caso de que Galiza acadara a súa liberación como pais, persoalmente o reintegrado ou o galego da RAG pasaría a un segundo lugar. alema: E ti cres que, á vista dos resultados electorais, a liberación de Galicia como país está máis próxima? galizaemgalego: A vista dos resultados electorais, e que persoalmente me son bastante indiferentes, penso que un obxetivo non se consigue a curto ou medio prazo. Hai que traballar día a día, nos bairros, nos pobos, nas cidades, o carón da xente, e iso debe ser o que nos motive a seguir ate conquerir o noso obxetivo. Eu actualmente non me sinto representado por ningún partido, como lle pode pasar a moita xente,pero iso non vai facer que deixe de luitar polo que eu penso e polo que eu creo que é xusto. alema: Como chegou a túa aproximación ao reintegracionismo? galizaemgalego: A miña aproximación cara o reintegracionismo pois viu da man da miña militancia no local social A Revira de Pontevedra, pola colaboración con organizacións políticas e a outros niveis, e por interés propio. alema: E cres que como opción ortográfica ten posibilidades de triunfar? galizaemgalego: Home, é unha opción máis que hai e pode ser que triunfe e pode ser que non triunfe. Isto como todo,é cuestión de traballo. alema:O galego e o portugués son o mesmo idioma? galizaemgalego: Bueno, polo que vexo a entrevista so vai orientada a un tema hehe. Creo que si son o mesmo idioma. Coas suas variacións ortográficas e típicas da zona pero penso que si, é o galego-portugués. alema: Comigo xa gañaches 30.000 puntos dicindo a palabra máxica: “bueno”. Sabes que estou levando a cabo unha campaña para conseguir a súa plena legalización? galizaemgalego: Penso que no galego da RAG un españolismo máis non importará. alema: E no galego reintegrado tamén… por que non? e logo os reintegratas non din “bueno”? galizaemgalego: haha. Eu uso a palabra bon, o que usen o resto dos reintegratas pois non o sei, sinceiramente . alema: Non mintas: acabas de dicir espontaneamente a palabra ‘bueno’ galizaemgalego: Pois si, o acabo de dicir :$, non me matedes por iso, é a confusión dunha norma a outra. Non, como dicía antes penso que toda vontade de falar o galego e usalo como lingua habitual é moi importante, sen distinguir normas. alema: E ti es máis partidario do galego AGAL ou da implantación do portugués padrão… Que che parece que se crease unha “Academia Galega da Língua Portuguesa”? galizaemgalego: Pois home non estou moi ao tanto de iso. máis penso que sempre é mellor manter as palabras orixinarias da nosa terra e non substituilas por lusismos. Non sei se ese é o obxetivo de AGAL ou dunha hipotética “Academia Galega da Lingua Portuguesa”. Como dicía Carvalho Calero o Galego ou é Galego-Portugés ou Galego-Español.Faime mais preguntas doutro tipo!!!!! hahaha alema: hahahahaha. Bueno, imos ir concluíndo se queres. Que tipo de música vas poñer no iPod chuceiro? galizaemgalego: Eu estou encantado de respostar, así que tranquilo. Espero meter música variada, pero sobretodo en galego. Imaxino que irei dende os xa míticos, Keltoi!, Xenreira, Skarnio ou Trapallada pasando por grupos de streetpunk Oi!, Ska-rocksteady, Folk Galego, Irlandés, Victor Jara…vamos un pouquiño de todo. alema: E para terminar. Visitas moito chuza? [Mira que é un antro de perversión, radikalidade e reintegracionismo extremo!!!] galizaemgalego: O visito sempre que poido, sobretodo para consultar novas…as compaxino bastante ben con portais de contrainformación como pode ser Galiza Livre. Tranqui! Ando continuamente por antros de ese tipo
O nome Paco, tan galego el, non existe en portugués internacional de Portugal, Zé. Que lle imos facer! Pero bueno, tanto dá. O caso é que hoxe non vou trollear coa galeguidade ou lusofonía dos Pacos (que tamén podía), non. Hoxe quedei flipado vendo este vídeo que demostra que ata Beyoncé pode bailar ao ritmo de Encarnita Polo e o seu famoso ‘Paco, Paco, Paco’.
Flipante, a que si? Pois resulta que a Beyoncé é multi-uso. Mirade agora que ben baila o ‘Chuliboy’ do Projecto Mourente. Dedícocha, Prosciutto.
Xa de volta en Lisboa con Nuno, comprobo que por culpa das eleccións perdín algo moi importante: a selección das cancións que representarán a España e a Portugal en Eurovisión. Eu, sinceramente, a pesar de que Lisboa é a miña cidade adoptiva temporal, téñoo claro: mellor mil veces “La noche es para mí” de Soraya que “Todas as ruas do mundo“ de Flor-de-lis. Comparade vós. Non hai nin punto de comparación. Ra-ra-rá Soraya vencerá. (de feito aparece como favorita nalgunhas quinielas)
Poucos reintegracionistas en activo coñezo tan moderados coma Carlos Valcárcel, e tan críticos ao mesmo tempo coas posturas máis extremistas dentro deste colectivo minoritario e diverso. Coñecido neste blog como Prosciutto, o líder do grupo ‘Projecto Mourente‘ expón nesta entrevista en exclusiva para alema.org a súa visión realista arredor do galego e as súas posturas conciliadoras cos defensores dunha norma independente para o noso idioma: “Nom creio que a gente viva enganada ou cega nas tevras do isolacionismo“. O reitegracionismo, segundo di, “gera frustraçom quando um nom quer aceitar a situaçom actual“ e recorda que “é uma opçom basicamente ortográfica e terminológica, nom política“.
Co sensatiño e ponderadiño que me é, coa boa música que me fai… Como é que me foi saír reintegrata? [ ] Como se achegou vostede a ese mundo de perdición? [ ]
Agradeço os cumprimentos, que sempre sentam bem. Já hai bem anos que virei reintegrata. Foi alá contra o final dos anos 90, quando estava a fazer o doutoramento em linguística, na USC. Até entom eu fora um férreo defensor das posições oficiais, pero ao ter muito mais contacto com portugueses e sobretodo com brasileiros mudei de opiniom. Também influiu muito uma estadia que figem no Québec em 1997.
Agora en serio… Isto do reintegracionismo é para vostede unha aposta de futuro?
Si, totalmente. Penso que é uma boa opçom de futuro em muitos aspectos, nem só para os galegófonos, também para os castelanófonos da Galiza. Já se tenhem exposto em diferentes ocasiões. Pero para mim é também o jeito de mostrar no presente como vejo o galego, como o vejo na Espanha e no mundo.
Ser reintegrata xera frustración? Quero dicir… Estamos falando dunha norma escrita que ten poucas posibilidades de contar con apoio oficial, que non entende tampouco a maioría dos galegos, dos galegofalantes…
O reitegracionismo gera frustraçom quando um nom quer aceitar a situaçom actual, quando um se constroi realidades paralelas na cabeça e depois bate coa realidade. Eu nom espero que, como dizia alguém neste blogue, manhã cedo a Galiza toda acorde reintegracionista. Nom creio que a gente viva enganada ou cega nas tevras do isolacionismo, ainda que si com muitos preconceitos, alguns deles criados e fomentados por grupos reintegracionistas. Para mim o reintegracionismo é uma opçom basicamente ortográfica e terminológica, nom política. É um projecto que se tem que apresentar ainda devidamente e tendo em conta muitos factores. Desse ponto de vista, o reintegracionismo nom é para mim frustraçom, senom um projecto que me entusiasma. É um repto e, como ponto de partida, nom tenho outra que assumir que… 1) a maioria dos galegófonos nom escrevem (nem lêem) praticamente nunca em galego 2) os reintegracionistas somos uma minoria dentro da minoria de “galegógrafos” habituais e 3) temos que ter normas de convivência linguística (e portanto normativa) de consenso amplo. Penso que temos que trabalhar para mudar as cousas pero dentro desses parámetros de partida. O contrário é bater contra um muro.
Entende vostede que unha norma nh poida xerar rexeitamento?
Tendo em conta as circunstáncias actuais, nom me estranha que a maioria da gente nom considere pertinente adoptarmos uma norma nh/lh/ç para o galego. Assi e todo, devo dizer que no caso do Projecto Mourente, usarmos uma norma reintegracionista nom implicou atrancos para chegar à gente que o quijo conhecer. Creio que o que a gente mais rejeita (e aí também me incluo) é a utilizaçom política da língua e o caso do reintegracionismo é o exemplo máximo desta politizaçom. Nem todos os galegofalantes som nacionalistas e nem todos os reintegracionistas somos independentistas.
Como fai vostede para manterse sen caer en extremismos, fuxindo da famosa lei de alema: “reintegracionismo chama sempre a máis reintegracionismo”?
Eu sempre digo que som reintegracionista, nom lusista. Creio que antes do que lusista, seria brasileirista ou tropicalista, que parece mais atraente e exótico. Agora a sério, para mim, considerar que o galego e o português som a mesma língua nom implica aceitar às cegas o estándar português e menos ainda aspeitos extralinguísticos. A maioria das línguas internacionais tenhem vários estándares nacionais, acontece claramente co inglês e co espanhol, e parece que vai continuar sendo assi no português. Eu estou a favor dum achegamento ortográfico e terminológico, pero sem renunciarmos ao que é nosso e sem aceitarmos soluções que rengem quando as usamos ao falar (p.ex., ‘fixe’ ou ‘duche’). Por outro lado, considero que a norma brasileira também nos oferece soluções interessantes como palavras do tipo ‘aeromoço’ ou a eliminaçom dos grupos cultos em palavras como dialeto ou atividade (eu, ao menos, pronuncio-as assi). Portugal nom é a panaceia.
Que crítica lle fai vostede ao movemento reintegracionista? Onde cre que falla máis?
Eu tenho colaborado pouco coas organizações reintegracionistas tipo MDL e creio que nom som o mais apropriado para falar ou criticar. Contodo, creio que som necessários planejamentos mais realistas, menos politizados e que procurem menos a confrontaçom co isolacionismo e mais contactos da populaçom galega coas outras comunidades lusófonas. Penso que é mais interessante explicar-lhe aos galegos e às galegas o que é realmente o reintegracionismo e os benefícios que nos pode achegar. Nesta linha, penso que o labor de projectos como Via Galego, Ponte nas Ondas ou Cantos na Maré estám a ser bem interessantes e abrem novas linhas de trabalho com grande sucesso entre o público.
A Academia Galega da Língua Portuguesa é un erro ou un acerto?
Já se irá vendo, ainda começou a andar o outro dia, como quem di. Penso que o nome nom é acertado porque mesmo para nom poucos reintegracionistas o nome da língua que devemos usar aqui é o de “língua galega”. Tampouco compreendo essa ánsia por usar “língua portuguesa” quando as outras academias lusófonas nom o usam. Nom se podia chamar “Academia Galega das Letras”, por exemplo? Seja como for, penso que si é necessária uma academia reintegrata e nesta linha quiçá o labor da AGLP deveria ser o de fixar e actualizar a norma reintegracionista e, sobretodíssimo, o de integrar léxico galego nos dicionários portugueses e brasileiros, igual que nós integramos nos nossos dicionários (mesmo nos isolacionistas) termos desses países.
A pregunta do ano non pode faltar… Hai máis de 2.009 reintegratas?
Já era uma boa cifra. Penso que primeiro deveríamos perguntar-nos quantos “galegógrafos” hai na actualidade. Creio que a RAG já achegava nos anos 1990 umas percentagens bastante desalentadoras sobre o uso escrito do galego polos galegófonos. Para mim o importante é que se fale e que escreva em galego, se é com -ble ou com -vel, com ñ ou nh, já me parece secundário.
Hai veces en que un avatar di moito dunha persoa. É o caso de ascárida. Fixádevos nesa cara entre altiva e de desprezo coa que vos mira… Non vos parece apaixonante e aterrador ao mesmo tempo? A min ese toque medio croco que ten sempre me pareceu que tiña un punto. É unha tipa que non se corta un pelo, esta ascárida. E nunha visita guiada por alema.org non podía ser unha excepción. Sinceridade e borderío en estado puro.
alema: Bueno, ascárida. Benvida a alema.org… En primeiro lugar quixera preguntarche pola túa marcha de chuza!, que nos deixou orfos a tantos. A que se debeu?ascárida: Aburríame, sen máis. Quen me dera poder contar algo misterioso.alema: E a que se debía o aburrimento? Temos tendencia a estancarnos en certas dinámicas ou que carallo nos pasa?ascárida: hahahahhahaha.
Así de primeiras, sáeme dicirche que nin puta idea do que NOS pasa, eu sei o que me pasa a min e xa bo é. Para min comezou a ser aburrido cando para a maioría comezou a ser demasiado serio. Os incendios, Reganosa, os presos políticos (!) Ugio e Giana e bla bla bla… Tampouco foi a morte de ninguén. Internet dáme moito para entreterme.alema: E en que anda entretida agora ascárida?ascárida: A Twitter, que por formato é o blog que sempre quixen ter, e a todas as frikadas habituais: ler todos os artigos posibles para ver se vou quedar pronto no paro ou aínda podo vivir disto un pouco máis.E a ver porno.E a lurkear un pouco en todas as comunidades fetichistas que me parecen raras.E a mexar coa risa. E a descargar música e series, que dá moito choio estar ao día. alema: Si, o tema lurker ten o seu aquel, debo confesalo… Por que non me recomenda algún título porno para os lectores de alema.org?ascárida: O bo porno non ten título.alema: E algún xénero?ascárida: Non é ningún segredo que a min o que me mola é o BDSM alema: Algo de sado-masoquismo ten este debate que temos algúns sempre arredor da lingua (galega), non concorda?ascárida: Entre os practicantes de BSDM corre o lema ese de “seguro, san e consensuado”, e non me consta que as partes dese debate consensuasen nunca nada. Vostede sabe algo?alema: Consenso hai pouco, iso hai que recoñecelo. Vostede como ve todo este debate arredor da norma e tal…? Cando escoita a palabra “reintegracionismo”, que é o primeiro no que pensa?ascárida: En tortilla. Non é carallada ningunha. É o primeiro que penso. Espero que non sexa nada chungo.alema: Tortilla e reintegracionismo? xD Que teñen que ver?ascárida: Eu non dixen que haxa relación, digo que é no que penso. Pero se quere que me confese coma se isto fose unha consulta de psicanálise… creo que é a maneira na que a miña psique me di que me mola máis España que Portugal.alema: É consciente de que iso é pecado mortal en certos ambientes?ascárida: Me la suda tanto…alema: Entón, para vostede o do reintegracionismo ten que ser… non sei… un conto chino ou que?ascárida: Así, a vulto? Paréceme unha escusa moi mala para cuspir contra Madrid, a Xunta e calquera que non che queira ben.Consólame bastante pensar que o 99,9% dos reintegratas acaban con praza de funcionario.alema: Precisamente unha das críticas que lles fan os reintegracionistas aos que non o son é que apoien unha norma como a RAG por criterios económicos… É dicir, por pasta.Que opina?ascárida: Eles son os primeiros en sacar o tema económico, a oportunidade que representa para nós ter acceso a iso que lle chaman a lusofonía. Máis oportunidades, ampliar mercados… A pasta é o único argumento co que poderían convencer a xente coma min, que a lingua nos dá un pouco igual pero o peto mirámolo todos os días, de todos os que teñen é o que menos mal me parece. Pero iso, que despois me chamen a min sucia capitalista me jode xD. alema: Por que cre que o reintegracionismo triunfa tanto ultimamente?ascárida: Onde triunfa?alema: Vostede considera entón que NON triunfa… ascárida: Eu téñoo clarísimo, ti non?alema: Pois non lle sei… Mire que ata Quintana é reintegrata, disque…ascárida: Quintana é supercomplacente.Non me custa nada imaxinarlle o rol niso do BDSM.alema: Entón non ve un auxe do reintegracionismo… É só unha miraxe logo…ascárida: Hai que ter contentos aos que cren que gardan as esencias. Na dereita tamén o fan.E iso non significa que a “derechona” católica teña éxitoOu si?alema: Paga a pena que se vexan as televisións portuguesas aquí? Quero dicir… a calquera prezo?ascárida: Poñen porno en aberto?E pregunto completamente en serioalema: Non. Non poñenascárida: Ou na tele portuguesa hai algo superchachi que nos estamos perdendo ou é para que aprendamos o idioma, e visto que non hai porno, creo sinceramente que non melloran en nada o que xa temos. A min a tele portuguesa dáme igual, pero se o prezo é que calquera das administracións que me gobernan poñan euros… ni de coña. E se hai que poñer cartos, a min que me poñan a BBC.
alema: Que lle parece que lle chamen ao galego “portugués da Galiza”?ascárida: hahahahhahahahhahaÉ como ver pementos de padrón de orixe AlicantePara vender funcionaalema: Déame un consello para normalizar o idioma…ascárida: Pero a alguén lle interesa normalizalo?Unha morea de peña vive de puta madre a conta de que sea un idioma non-normalalema: Por exemplo?ascárida:Toda a industria montada arredor da produción de contidos en galego, coas súas campañas e todo o apoio económico que ten. Dende os xornais ata o dichoso .gal. alema: Bueno… E xa para terminar…E para que se vexa que este é un blog pegado á actualidadeComéntenos algo da actuación de Estíbaliz Espinosa no Cultur.gal…Que lle pareceu?ascárida: Pareceume cutre, pero non polo que ela cre que llo di todo o mundo. Non é porque o vídeo estivese gravado cunha cámara barata, ou que non teña nin puta idea de Power Point. É porque a estas alturas poñer o plugin de efectos do Windows Media Player é o equivalente en imaxe a escribir un poema de amor cos versiños eses de “las rosas son rojas y las violetas son azules“. E xa por fastidiar, pregúntome se ademais de pasar o traballo de poñer nos créditos os autores de todo o material que usou tamén lles pagou polo uso.
Xa está aquí a solución ao grande misterio que vos propuxen no post de onte. A sintonía de Shin Chan xera moitas dúbidas, como se puido apreciar onte polos vosos comentarios. Houbo moitas propostas para completar a frase “Shinnosuke é un bule-bule para enredar e…”: “dechotar”, “rechoutar”, “el éche o tal”, “el é total”… Pero só hai unha correcta e é a que aparece no seguinte vídeo.
Pois si, a frase gañadora é “el éche o tal”. Felicidades aos vencedores! . Como auténtico shinchanmaniático e feitas innumerables comprobacións, pódovos certificar que é iso o que di a canción. O curioso do asunto é que se consultas no dicionario non che conta que a palabra “tal” pode ser empregado con ese sentido (”para enredar el éche o tal” = “el éche o idóneo para enredar”). Unha vez máis, unha boa tradución, unha boa dobraxe convértese nun instrumento ideal para enriquecer o galego.
Polo tanto, a letra completa e correcta da sintonía de Shin Chan é así (en ningunha outra páxina da internet ides encontrala correctamente… non sempre hai que fiarse do google! )
One, two, three, ha!
Sonche falangueiro (falandeiro), descarado, algo larpeiro (bo larpeiro)
Deixo a todos quedar mal
Sinnosuke é un bule-bule
Para enredar el éche o tal (el é total / e rechoutar / e dechotar)
Shinnosuke!
Cando hai que conquistar
Aí si que non teño par
E facendo as beiras son moi lanzado e picarón
Come on baby, come on baby
Os pementos que noxo dan!
Mira que trompa, que cacho trompa
Trompa, trompa!
E todos saben que son Shin Chan
Shinnosuke!
Medo ten a xente cando me ve de repente
Non se vai zafar ninguén
Se quedas comigo ímolo pasar moi ben e…
Verás que eu son especial
A canción de apertura de Shin Chan ten un furado, un gran misterio por resolver. En concreto, trátase de descubrir que raio din no verso de “Shinnosuke é un bule-bule para enredar e… ¿?”. Unha vez resolta esa dúbida, a letra da canción quedará completada de todo.
One, two, three, ha!
Sonche falangueiro, descarado, algo larpeiro
Deixo a todos quedar mal
Sinnosuke é un bulebule para enredar e ¿¿??.
Shinnosuke!
Cando hai que conquistar, aí si que non teño par
E facendo as beiras son moi lanzado e picarón
Come on baby, come on baby
Os pementos que noxo dan!
Mira que trompa, que cacho trompa
Trompa, trompa!
E todos saben que son Shin Chan
Medo ten a xente cando me ve de repente
Non se vai zafar ninguén
Se quedas comigo ímolo pasar moi ben e…
Verás que eu son especial
Poucas estrelas lusófonas teñen un éxito comparable ao da Xuxa, a brasileira máis coñecida entre os ‘baixiños’ (os nenos, vaia). Pero poucos saben a cantidade de barbaridades que soltan as súas cancións reproducidas ao revés. “O anjo é do inferno; anota e escreve“, “Meu anjo é o diabo“, “O mundo do diabo está pra pegar você“, “Satanás, Satanás” ou “Satanismo” son frases que se poden apreciar claramente nalgúns temas da Xuxa cando se escoitan para atrás.
Advertencia: o vídeo que podedes ver no interior do artigo é desaconsellable para os máis sensibles. Iso si, o primeiro minuto é tamén un valiosísimo material escolar para reintegratas. Estades avisados!
aita: hai alguén aquí? teño unha dúbida: cando se usa 'ó' e cando 'ao'
magnummare: ... un que funcione, porque xa vexo que o teu no vai moi ben... XD XD
magnummare: Señor alema!! com introduciu iso que ten ai de "este blog en portugues automatico"? grasias de antebraso!!
Yuji: Obrigado Aloquete. Vou colocar na minha lista pra quando pedir livros galegos! Ah sim, e achei um artigo seu sobre literatura galega em Portugal, [...]
Aloquete: Yuji, um romance magnífico é PAPAVENTOS, de Xavier Queipo. Cosmopolita, mas galego de cima a baixo.