Artigos arquivados na categoría de 'lingua'

Baites, vaites:
máis furados reintegratas

Os reintegratas, que son moi modernos eles, distinguen entre baites e vaites. Vaiamos por partes:

* En lingua reintegrata propóñense fórmulas máis alá de bytes, megabytes e gigabytes. E queren que usemos baites, megabaites, e gigabaites, tal e como recolle o dicionario Estraviz, único lusófono por outra banda que emprega semellantes adaptacións do inglés. Porque en portugués normal, igual que en castelán e en galego, non se inventa nada novo: bytes, megabytes e xigabytes (gigabytes en portugués e castelán). Pero o colmo do Estraviz non termina aí: os bytes, para enguedellalo todo aínda máis, poden ser tamén bites (coma o After Bite), de tal forma que un megabyte da xente normal en reintegrata pode ser indistintamente un “megabaite” ou un “megabite”. E que non se confunda ninguén cos “megabits”, que son outra cousa distinta. :D

* Vaites, vaites… penso. E como se dirá “vaites, vaites” en reintegrata? Pois igual:vaites, vaites” ou tamén “vaite, vaite”, segundo tamén recolle -de xeito único en toda a lusofonía- o dicionario Estraviz. E digo eu: onde está o hífen? Non dicían os reintegratas que o pronome ten que ir pegado ao verbo cun guión? E logo non había de ser “vai-te(s), vai-te(s)”? Infelizmente, os reintegratas non teñen referencia ningunha no portugués dunha expresión tan galega como “vaites, vaites”, polo que só lles queda a opción de tirar pola ortografía oficial do galego, sen guións nin hífens.

Conclusión: o idioma reintegrata segue sendo unha proposta cheíña de furados por todas as partes. :P

14 comments Decembro 12th, 2009

O Osiño Gominola aparece no PGL…
pero só cando vira reintegrata :D

Nunha visita fortuíta ao PGL (Portal Galego da Língua, máximo órgano de expresión do reintegracionismo moderno) descubro que está na súa portada (na capa, para os que non entendan) o famosísimo Osiño Gominola! E ao ladiño mesmo dunha interesantíssima vídeo-entrevista ao presidente da AGLP, o profesor Monteiro Santalha, nada menos! :D Curiosa política informativa a do PGL, que só inclúe o vídeo do Osiño Gominola agora que fixo a viragem reintegrata! Porque, que lembremos, cando o Osiño saíu meténdolle caña ao reintegracionismo, non houbo nin unha triste mención… nin na capa nin na espada. :D Ai, ai… Doces reintegratas! :D

6 comments Decembro 9th, 2009

O Osiño Gominola revirou reintegrata! (após o subsídio do PP :D)

Os últimos días están traendo unha auténtica catarata de novidades, e a viragem do Osiño (Ursinho) Reintegrata ao reintegracionismo é unha delas. E teño que recoñecer que a nova versión é bastante engraçada Que me fixo rir a cachão, vaia. :D  Moitos parabéns aos autores do vídeo pola súa arte e polo seu sentido do humor (a pesar das discrepancias no contido) :D xD

A versión anterior, por se alguén a esquecera…

Pero que quede claro: ‘bueno’, a pesar das campañas de desprestixio, segue sendo galego… mesmo galego reintegrata. :D :P

42 comments Novembro 29th, 2009

Noticia bomba: o PP subvenciona o reintegracionismo

Si, señor. O DOG de hoxe certifica -tal e como se recolle na portada de Chuza!- que o actual goberno galego (sustentado pola maioría absoluta do Partido Popular) non só subvenciona unha entidade reintegrata como a AGAL con 12.914,10 euros, senón que esa subvención é a segunda maior de todas as concedidas na última remesa de axudas da Consellería de Cultura, onde por certo non aparece nin A Mesa pola Normalización Lingüística nin tampouco o brazo académico da AGAL, a arquifamosa-no-mundo-enteiro Academia Galega da Língua Portuguesa (aínda que… todo-se-andará) :D

A min, a todo isto, só se me ocorre unha frase:

WHERE IS YOUR GOD NOW???!!

PD: Valentim R. Fagim, presidente actual da AGAL, empezou a colaborar no Xornal. Moi mal lle debe de ir (ao xornal). :D

58 comments Novembro 25th, 2009

Super-mega-escándalo: pretenden demonizar a Anxo Lorenzo por usar grafías medievais galegas

Os amigos de seioque descubriron un novo filón co que meterse co actual secretario xeral de Política Lingüística. E é que Anxo Lorenzo twittea empregando nn para representar o ñ porque non controla os acentos nin os ñ na Blackberry. Ou sexa, escribe Marinnan (en vez de Mariñán) ou Corunna (en vez de Coruña). O gran pecado de Lorenzo, segundo denuncian os amigos de seioque, é que emprega nn e non nh, como se fai en Portugal, é dicir, a grafía lusista. Con todo, conviría recordar e deixar claro que a grafía nn é propia do galego, moito máis que o dígrafo nh para representar o actual e galeguísimo ñ. O nn xa se empregaba na época medieval, como recordan as Normas Ortográficas do Idioma Galego, que cito a continuación:

Tendo en conta que a grafía románica se forma a partir da latina e que moitas palabras románicas son de etimoloxía transparente, os escribas medievais, alfabetizados en latín, adoptaban as letras do alfabeto romano para a representación dos sons románicos correspondentes aos latinos. Pero as consoantes palatais presentan un problema especial, porque o latín, mesmo o latín medieval, as ignoraba, e as que xorden nas linguas románicas teñen, en xeral, orixe múltipla. Isto é o que sucede co /¥/ e co /≠/. O /¥/ galego resulta da palatalización de L nos grupos latinos LI + vogal (FILIUM > fillo), LLI + vogal (ALLIUM > allo), LLE + vogal (MALLEUM > mallo), -LL- + -¸ final de palabra (MARCELLI > Marcelle), e tamén dos grupos romances C’L, G’L, T’L e B’L (OCULUM > oclu > ollo, TEGULAM > tegla > tella, SITULAM > sitla > sella, TRIBULUM > triblu > trillo). O /≠/ procede da palatalización de N nos seguintes grupos: NI+ vogal (SENIOREM > señor), NE + vogal (VINEAM > viña), MNI + vogal (SOMNIARE > soñar), LNE + vogal (BALNEUM > baño), -GN- (LIGNA > leña); tamén acaba reaparecendo como /≠/ nas secuencias -INU, -INA > -iño, -iña (VINUM > v¸)o > viño, GALLINAM > gal¸)a > galiña). Isto é o que provoca na scripta arcaica (latinizante) certa vacilación de letras: l, ll (e ocasionalmente li) para /¥/ (filo, fillo, filio) e n, nn, ñ (e ocasionalmente ni, nni) para /≠/ (senor, sennor etc.). Aínda así, esta vacilación sería tolerable se non houbese tamén fonemas non palatais que precisasen daquelas letras; pero estes fonemas tamén os había: eran o /l/ explosivo, procedente de LL, e o /n/ explosivo, procedente de NN, que se representaban tamén por l e por n (ela, pano) ou, conforme á etimoloxía, por ll e por nn (ella, panno). Había ademais as secuencias [li], [ni], [lj] e [nj], romances ou en cultismos, grafadas normalmente como li e ni (valia, folia, capelania, animalia, armenio); e había tamén [¥i] e [≠i], grafados, normalmente, li ou lli, ni ou nni (collia, grunnia).
Esta scripta en que non se fai discriminación gráfica entre /l/ e /¥/ nin entre /n/ e /≠/, baseada na etimoloxía (con abundancia de solucións ultracorrectas), dura en territorio galego ata o século XIV. Isto significa que as grafías ll ~ l e nn ~ n tanto podían representar un son alveolar (coitello ~ coitelo, castello ~ castelo, fallar ~ falar, anno ~ ano, donna ~ dona, enganno ~ engano) coma palatal (fillo ~ filo, batalla ~ batala, consello ~ conselo, sanna ~ saña ~ sana, sennor ~ señor ~ senor). En territorio portugués sucedía o mesmo, mais aquí empezaron a usarse desde o reinado de Afonso III (1248-1279) lh e nh (tomadas da lingua de oc), co valor específico de /¥/ e /≠/; desta maneira quedaban reservados l e n (ou mesmo ll e nn) para /l/ e /n/. Esta reforma ortográfica debida a Afonso III de Portugal é case descoñecida nos documentos medievais galegos, que a partir do século XIV tenden a especializar l e n para os fonemas alveolares e ll e nn (ou a súa forma abreviada ñ) para os fonemas palatais. Xa queda advertido que ll e nn eran meros grafemas sen
máis motivación ca a etimolóxica (e non sempre, porque había moitas palabras que se grafaban con ll e nn de modo ultracorrecto); deste xeito quedaban dispoñibles para seren utilizados co valor especializado de /¥/ e /≠/. Estas grafías foron as utilizadas de forma practicamente unánime na tradición escrita galega ata hoxe.

Conclusións:

1) Ñ é galego

2) NN é galego arcaico ou medieval

3) NH é portugués

4) NH en galego só serve para representar un son velar (unha, dunha, etc). Polo tanto, se alguén escribe Corunha ten que lerse igual que se rimase con “unha”.

5) En ausencia de Ñ nun teclado, é mellor grafar NN para evitar confusións.

Anxo Lorenzo, xa que logo, empregando o NN, estaba sendo patriota galego. :D Que conno! :D

17 comments Novembro 1st, 2009

Escándalo: prohiben poñerlle un nome galego (Diego) a un neno portugués

A xustiza portuguesa acaba de negarlle a uns pais portugueses a posibilidade de chamarlle Diego ao seu fillo (ver noticia). Como xa explicamos aquí varias veces, a lexislación portuguesa prohibe expresamente que as crianças portuguesas poidan ter nomes non portugueses… e aí están tamén incluídos os galegos. A suposta unidade lingüística entre o galego e o portugués non se aplica… porque Diego, non só é un nome espanhol: tamén é un nome galego.

Atención ao argumento da xustiza portuguesa: Espera-se que os Diogos sejam portugueses e os Diegos sejam espanhóis, ou melhor, espera-se que os portugueses não sejam Diegos. Qualquer inversão desta relação entre nomes e nacionalidade é tida como perturbadora“.

E o mellor de todo é que os lingüistas do país veciño, lonxe de aprobar que Diego é un nome galego-portugués, simplifican todo dicindo que o único válido en portugués é o Diogo, e que o Diego é “espanhol”. Asúmano dunha santa vez: en Portugal, todo o de fóra é “espanhol” e nin sequera paran a pensar se é galego ou non.

En fin, agora só cabería esperar que aqueles sectores que apoian que o galego e o portugués son a mesma lingua inicien unha campaña para corrixir semellante inxustiza, que impide a difusión de nomes galegos en Portugal.

Diego é galego!!!!

E onde dixen digo, digo Diego… e non Diogo

22 comments Outubro 18th, 2009

AGLP: un ano de brasa da boa e oitocentas palabriñas que ninguén consulta

Xa pasou un aniño desde que aquela sesión inaugural da flamante AGLP (Academia Galega da Língua Portuguesa, non confundir con outras entidades homónimas) e pouca cousa cambiou desde aquela. Bueno si… parece ser que un primeiro dicionario portugués (o da Porto Editora) inclúe xa a famosa lista daquelas 500 palabras “xenuínas galegas” (que logo pasaron a 800 dadas as críticas). Así a todo, o galego debe seguir sendo, para a AGLP, unha lingua de pouca categoría, dado que ese mesmo dicionario inclúe outras 5.000 palabras “xenuínas brasileiras”. Debe de ser que os brasileiros son máis en número e máis listos porque foron capaces de xerar ata seis veces máis verbetes… e iso que o portugués europeo e o portugués brasileiro si que son a mesma lingua! A nós póñennos de favor, e despois de dar moito a vara, 800 palabriñas, e os portugueses regálannos tooodos os castelanismos -disimulados con nh e lh, iso si- que incorporaron na súa lingua. Iso si que é bo negocio.

Pero vaia, fóra de trocas altamente descompensadas e logros pírricos coma este, a realidade segue sendo moi teimuda. Os portugueses verán os verbetes galegos nos seus dicionarios como algo folclórico (na vida empregarán esas palabras nin as van estudar nos seus centros de ensino), e os galegos seguirán indo a Portugal ou ao Brasil entendendo menos do que lle entenden a un andaluz ou a un ecuatoriano, por moito que se repita a mesma canción de sempre e bla bla bla (insíranse aquí as típicas trolas que por moito que se repitan seguen sendo trolas). Os portugueses van seguir indo á súa bóla, e aos galegos non lles vai quedar outra que defender a súa lingua (si, si… a súa, non unha sucursal dunha lingua allea) polos seus propios medios, sen esperar polo famoso primito de Zumosol (a palabra curmãozinho, a día de hoxe, segue sen entenderse en Portugal).

11 comments Outubro 12th, 2009

Espléndida Nélida Piñón

A escritora brasileira de orixe galega Nélida Piñón deixa claro no ‘Xornal de Galicia’ que o galego e o portugués NON SON a mesma lingua. Enmárquese:

O galego é unha lingua de seu, soberana, coa súa cultura e a súa literatura, coas súas reclamacións propias. Unha lingua distinta do portugués, que sobreviviu grazas aos seus intelectuais.

Pouco máis hai que engadir. Non coñezo moito a obra desta muller, pero chámame a atención que mantivese o ñ galego en Piñón e non fixese experimentos co seu apelido (Pinhom, Pinhão, etc) como fan aquí moitos co seu.

10 comments Outubro 12th, 2009

Que diferenza hai entre
o ‘nh’ o ‘L’ e… ‘O Pedo’?

Os que se dedican a facer pintadiñas nos letreiros poden estar orgullosos. Tanto os que cambian “A Coruña” por “Corunha” coma os que lle engaden o “La” ao comezo. Xurdiu unha variante simpaticona. Adaptar os topónimos para facelos máis “graciosos”. O exemplo é este “Pedo” encontrado nunha estrada próxima á Pobra do Caramiñal (Caraminhal, en reintegrata; Puebla, en chapurrado).

E pregunto: hai diferenza entre aportuguesar, castelanizar e simpaticonizar os letreiros?

22 comments Setembro 13th, 2009

Xa está aquí o logo oficial da campaña ‘bueno é galego’

Cortesía de Maceirax, que é todo un artistazo, aquí está o logotipo oficial da campaña ‘bueno é galego, moi groovie por certo. A mágoa é que o verán está para acabar e que non dá tempo para facer camisolas (ou ‘t-shirts‘, en reintegrata). Lamentablemente, segue sen haber resposta da Rúa das Tabernas, así que haberá que seguir insistindo para conseguir a plena galeguidade do bueno. Bueno, a espera lévase mellor con este superlogo do Maceirax.

31 comments Setembro 4th, 2009

Nin ‘lusofonía’ nin ‘lusófono’ son palabras ‘oficiais’ en galego nin están no Estraviz

Con sorpresa e tras un convite de Mourullo comprobo que no VOLGa (o Vocabulario Ortográfico da Lingua Galega) da RAG (Real Academia) non aparecen dúas palabras imprescindibles en todo debate normativista: ‘lusofonía’ e ‘lusófono’. Só figuran ‘lusismo’ e ‘lusista’. E tamén ‘anglófono’ e ‘francófono’, pero ‘lusófono’ non.

COMO É POSIBLE QUE A LUSOFONÍA NON EXISTA NO GALEGO OFICIAL!!!???

E eu que son ben lusófilo -outra palabra que non aparece no VOLGa- sumareime a toda campaña que loite pola incorporación de ‘lusofonía’ e ‘lusófono’ (xunto co ‘bueno’, claro) no dicionario da Real Academia. Dígoo máis ben para matar tres paxaros dunha caxatada. ;-)

Pero o máis heavy de todo é que as dúas palabriñas en cuestión TAMPOUCO (também não) aparecen na biblia dos reintegratas: o todopoderoso Estraviz, que só recolle ‘lusofilia‘, ‘lusófilo‘, ‘lusofobia‘ e ‘lusófobo‘. A tan adorada ‘lusofonía’ (palabra spam reintegrata) non está!!!!

O DO VOLGa AÍNDA TEN UN PASE, PERO…

A AUSENCIA DESTAS PALABRAS NO ESTRAVIZ MERECE DIMISIÓNS!!!

51 comments Agosto 19th, 2009

HABIÇO HINPORTANTE:
O símbolo # chámase ‘cancelo’ en galego

Despois de ler os últimos artigos do Césare (1 e 2), cos cales concordo moito, e dado que o que hai que poñer de moda agora son as accións en positivo, paso a informar de dúas cousas que espero que espalledes por aí.

1) É oficial: o símbolo # chámase ‘cancelo’ en galego. Sempre tiven a dúbida de como se chama o símbolo este e, como na rede non encontrei nada, decidín escribirlles aos do Servizo Galego de Terminoloxía do Ramón Piñeiro e contestáronme moi amablemente que as solucións que eles ofrecen son tres: díese, sostido e cancelo. E dado que as dúas primeiras son símbolos musicais diferentes do símbolo informático -isto é cousa miña-, queda instaurado logo o nome de ‘cancelo’ para o #, que é supergalego e non pode molar máis, francamente.

Velaquí unha comparativa de como se lle chama ao trebello # en distintos idiomas, segundo a wikipedia.
- portugués: cerquilha, porteirinha, cauabanga, caprino, cardinal, tralha, malha, grade, sustenido; popularmente jogo-da-velha, jogo-do-galo, jogo-do-gato, lasanha, moiteiro, cruzadinha ou cerquinha
- castelán: almohadilla, cuadradillo, grilla, numeral, signo de número, cardinal, (signo de) gato, michi, tatetí, vieja.
- inglés: number sign, hash mark, hash sign, hash symbol
- francés: croisillon
- italiano: cancelletto
- catalán: coixinet
- euskara: traol

2) Existe unha versión en galego do idioma HOYGAN, que para os que non o saiban é unha linguaxe na que un usuario xeralmente cabreado escribe en maiúsculas (berrando) e con múltiples faltas de ortografía ou gralhas (GRAYAS, en HOUZAM). Pois ben, a versión é galego desa lingua é o HOUZAM, que serviu de inspiración para o antetítulo do artigo de hoxe. Outros exemplos en HOUZAM:

- HOUZAM NOM SEY KE MANYFESTO APOLLAR NESESITO HASUDA
- HOUZAM DISKE BENELOPE CRUS TA PRENHADA DE JABIER VARDEN
- HOUZAM CORRIGAM-ME HAS GRAYAS GRAÇAS DANTEBRAÇO
- HOUZAM HAGORA SOM MARTIN NOVAS PORKE HE MENOS GAYEGO
- BIREY RINTIGRATA HOUZAM!!!!!1

41 comments Agosto 6th, 2009

Previous Posts


AVISOS

Últimos comentarios

E ti que galego falas na escala de alema? aquí

Mini-chat

Latest on Mon, 00:28

aita: hai alguén aquí? teño unha dúbida: cando se usa 'ó' e cando 'ao'

magnummare: ... un que funcione, porque xa vexo que o teu no vai moi ben... XD XD

magnummare: Señor alema!! com introduciu iso que ten ai de "este blog en portugues automatico"? grasias de antebraso!! :P

Yuji: Obrigado Aloquete. Vou colocar na minha lista pra quando pedir livros galegos! :) Ah sim, e achei um artigo seu sobre literatura galega em Portugal, [...]

Aloquete: Yuji, um romance magnífico é PAPAVENTOS, de Xavier Queipo. Cosmopolita, mas galego de cima a baixo.

» Escribe algo



Featured Advertiser

Artigos recentes

 

Marzo 2010
L M M X V S D
« Dec    
1234567
891011121314
15161718192021
22232425262728
293031  

Categorí­as

Tags

Meta