Os reintegratas, que son moi modernos eles, distinguen entre baites e vaites. Vaiamos por partes:
* En lingua reintegrata propóñense fórmulas máis alá de bytes, megabytes e gigabytes. E queren que usemos baites, megabaites, e gigabaites, tal e como recolle o dicionario Estraviz, único lusófono por outra banda que emprega semellantes adaptacións do inglés. Porque en portugués normal, igual que en castelán e en galego, non se inventa nada novo: bytes, megabytes e xigabytes (gigabytes en portugués e castelán). Pero o colmo do Estraviz non termina aí: os bytes, para enguedellalo todo aínda máis, poden ser tamén bites(coma o After Bite), de tal forma que un megabyte da xente normal en reintegrata pode ser indistintamente un “megabaite” ou un “megabite”. E que non se confunda ninguén cos “megabits”, que son outra cousa distinta.
* Vaites, vaites… penso. E como se dirá “vaites, vaites” en reintegrata? Pois igual: “vaites, vaites” ou tamén “vaite, vaite”, segundo tamén recolle -de xeito único en toda a lusofonía- o dicionario Estraviz. E digo eu: onde está o hífen? Non dicían os reintegratas que o pronome ten que ir pegado ao verbo cun guión? E logo non había de ser “vai-te(s), vai-te(s)”? Infelizmente, os reintegratas non teñen referencia ningunha no portugués dunha expresión tan galega como “vaites, vaites”, polo que só lles queda a opción de tirar pola ortografía oficial do galego, sen guións nin hífens.
Conclusión: o idioma reintegrata segue sendo unha proposta cheíña de furados por todas as partes.
Nunha visita fortuíta ao PGL (Portal Galego da Língua, máximo órgano de expresión do reintegracionismo moderno) descubro que está na súa portada (na capa, para os que non entendan) o famosísimo Osiño Gominola! E ao ladiño mesmo dunha interesantíssima vídeo-entrevista ao presidente da AGLP, o profesor Monteiro Santalha, nada menos! Curiosa política informativa a do PGL, que só inclúe o vídeo do Osiño Gominola agora que fixo a viragem reintegrata! Porque, que lembremos, cando o Osiño saíu meténdolle caña ao reintegracionismo, non houbo nin unha triste mención… nin na capa nin na espada. Ai, ai… Doces reintegratas!
Os últimos días están traendo unha auténtica catarata de novidades, e a viragem do Osiño (Ursinho) Reintegrata ao reintegracionismo é unha delas. E teño que recoñecer que a nova versión é bastante engraçada… Que me fixo rir a cachão, vaia. Moitos parabéns aos autores do vídeo pola súa arte e polo seu sentido do humor (a pesar das discrepancias no contido) xD
A versión anterior, por se alguén a esquecera…
Pero que quede claro: ‘bueno’, a pesar das campañas de desprestixio, segue sendo galego… mesmo galego reintegrata.
Os amigos de seioque descubriron un novo filón co que meterse co actual secretario xeral de Política Lingüística. E é que Anxo Lorenzo twittea empregando nn para representar o ñ porque non controla os acentos nin os ñ na Blackberry. Ou sexa, escribe Marinnan (en vez de Mariñán) ou Corunna (en vez de Coruña). O gran pecado de Lorenzo, segundo denuncian os amigos de seioque, é que emprega nn e non nh, como se fai en Portugal, é dicir, a grafía lusista. Con todo, conviría recordar e deixar claro que a grafía nn é propia do galego, moito máis que o dígrafo nh para representar o actual e galeguísimo ñ. O nn xa se empregaba na época medieval, como recordan as Normas Ortográficas do Idioma Galego, que cito a continuación:
Tendo en conta que a grafía románica se forma a partir da latina e que moitas palabras románicas son de etimoloxía transparente, os escribas medievais, alfabetizados en latín, adoptaban as letras do alfabeto romano para a representación dos sons románicos correspondentes aos latinos. Pero as consoantes palatais presentan un problema especial, porque o latín, mesmo o latín medieval, as ignoraba, e as que xorden nas linguas románicas teñen, en xeral, orixe múltipla. Isto é o que sucede co /¥/ e co /≠/. O /¥/ galego resulta da palatalización de L nos grupos latinos LI + vogal (FILIUM > fillo), LLI + vogal (ALLIUM > allo), LLE + vogal (MALLEUM > mallo), -LL- + -¸ final de palabra (MARCELLI > Marcelle), e tamén dos grupos romances C’L, G’L, T’L e B’L (OCULUM > oclu > ollo, TEGULAM > tegla > tella, SITULAM > sitla > sella, TRIBULUM > triblu > trillo). O /≠/ procede da palatalización de N nos seguintes grupos: NI+ vogal (SENIOREM > señor), NE + vogal (VINEAM > viña), MNI + vogal (SOMNIARE > soñar), LNE + vogal (BALNEUM > baño), -GN- (LIGNA > leña); tamén acaba reaparecendo como /≠/ nas secuencias -INU, -INA > -iño, -iña (VINUM > v¸)o > viño, GALLINAM > gal¸)a > galiña). Isto é o que provoca na scripta arcaica (latinizante) certa vacilación de letras: l, ll (e ocasionalmente li) para /¥/ (filo, fillo, filio) e n, nn, ñ (e ocasionalmente ni, nni) para /≠/ (senor, sennor etc.). Aínda así, esta vacilación sería tolerable se non houbese tamén fonemas non palatais que precisasen daquelas letras; pero estes fonemas tamén os había: eran o /l/ explosivo, procedente de LL, e o /n/ explosivo, procedente de NN, que se representaban tamén por l e por n (ela, pano) ou, conforme á etimoloxía, por ll e por nn (ella, panno). Había ademais as secuencias [li], [ni], [lj] e [nj], romances ou en cultismos, grafadas normalmente como li e ni (valia, folia, capelania, animalia, armenio); e había tamén [¥i] e [≠i], grafados, normalmente, li ou lli, ni ou nni (collia, grunnia).
Esta scripta en que non se fai discriminación gráfica entre /l/ e /¥/ nin entre /n/ e /≠/, baseada na etimoloxía (con abundancia de solucións ultracorrectas), dura en territorio galego ata o século XIV. Isto significa que as grafías ll ~ l e nn ~ n tanto podían representar un son alveolar (coitello ~ coitelo, castello ~ castelo, fallar ~ falar, anno ~ ano, donna ~ dona, enganno ~ engano) coma palatal (fillo ~ filo, batalla ~ batala, consello ~ conselo, sanna ~ saña ~ sana, sennor ~ señor ~ senor). En territorio portugués sucedía o mesmo, mais aquí empezaron a usarse desde o reinado de Afonso III (1248-1279) lh e nh (tomadas da lingua de oc), co valor específico de /¥/ e /≠/; desta maneira quedaban reservados l e n (ou mesmo ll e nn) para /l/ e /n/. Esta reforma ortográfica debida a Afonso III de Portugal é case descoñecida nos documentos medievais galegos, que a partir do século XIV tenden a especializar l e n para os fonemas alveolares e ll e nn (ou a súa forma abreviada ñ) para os fonemas palatais. Xa queda advertido que ll e nn eran meros grafemas sen
máis motivación ca a etimolóxica (e non sempre, porque había moitas palabras que se grafaban con ll e nn de modo ultracorrecto); deste xeito quedaban dispoñibles para seren utilizados co valor especializado de /¥/ e /≠/. Estas grafías foron as utilizadas de forma practicamente unánime na tradición escrita galega ata hoxe.
Conclusións:
1) Ñ é galego
2) NN é galego arcaico ou medieval
3) NH é portugués
4) NH en galego só serve para representar un son velar (unha, dunha, etc). Polo tanto, se alguén escribe Corunha ten que lerse igual que se rimase con “unha”.
5) En ausencia de Ñ nun teclado, é mellor grafar NN para evitar confusións.
Anxo Lorenzo, xa que logo, empregando o NN, estaba sendo patriota galego. Que conno!
Ola, amiguiños. Só unhas palabriñas para recordarlles aos novos conversos unha lección básica de lingua portuguesa: o VOCÊ… Si, si… v-o-c-ê, con C normal e acento circunflexo no e.
É que xa estou ata o c****** de ver deturpacións aberrantes da lingua portuguesa. Así que… Xa sabedes, amiguiños: escribir calquera destas palabras é super-pecado mortal.
voçé
voçê
vocé
voçè
vocè
vocè
vosé
vosè
vosê
boçé
bosé
bosê
boçè
bosè
boçê
En portugués escríbese você!!! Estamos???!!!! >:(
De todos os xeitos, sempre é recomendable falar e escribir como a xente: vostede, que non dá problemas ortográficos innecesarios en galego (salvo que hai que recordar que se escribe con v, claro).
Xa pasou un aniño desde que aquela sesión inaugural da flamante AGLP (Academia Galega da Língua Portuguesa, non confundir con outras entidades homónimas) e pouca cousa cambiou desde aquela. Bueno si… parece ser que un primeiro dicionario portugués (o da Porto Editora) inclúe xa a famosa lista daquelas 500 palabras “xenuínas galegas” (que logo pasaron a 800 dadas as críticas). Así a todo, o galego debe seguir sendo, para a AGLP, unha lingua de pouca categoría, dado que ese mesmo dicionario inclúe outras 5.000 palabras “xenuínas brasileiras”. Debe de ser que os brasileiros son máis en número e máis listos porque foron capaces de xerar ata seis veces máis verbetes… e iso que o portugués europeo e o portugués brasileiro si que son a mesma lingua! A nós póñennos de favor, e despois de dar moito a vara, 800 palabriñas, e os portugueses regálannos tooodos os castelanismos -disimulados con nh e lh, iso si- que incorporaron na súa lingua. Iso si que é bo negocio.
Pero vaia, fóra de trocas altamente descompensadas e logros pírricos coma este, a realidade segue sendo moi teimuda.Os portugueses verán os verbetes galegos nos seus dicionarios como algo folclórico (na vida empregarán esas palabras nin as van estudar nos seus centros de ensino), e os galegos seguirán indo a Portugal ou ao Brasil entendendo menos do que lle entenden a un andaluz ou a un ecuatoriano, por moito que se repita a mesma canción de sempre e bla bla bla (insíranse aquí as típicas trolas que por moito que se repitan seguen sendo trolas). Os portugueses van seguir indo á súa bóla, e aos galegos non lles vai quedar outra que defender a súa lingua (si, si… a súa, non unha sucursal dunha lingua allea) polos seus propios medios, sen esperar polo famoso primito de Zumosol (a palabra curmãozinho, a día de hoxe, segue sen entenderse en Portugal).
Con sorpresa e tras un convite de Mourullo comprobo que no VOLGa (o Vocabulario Ortográfico da Lingua Galega) da RAG (Real Academia) non aparecen dúas palabras imprescindibles en todo debate normativista: ‘lusofonía’ e ‘lusófono’. Só figuran ‘lusismo’ e ‘lusista’. E tamén ‘anglófono’ e ‘francófono’, pero ‘lusófono’ non.
COMO É POSIBLE QUE A LUSOFONÍA NON EXISTA NO GALEGO OFICIAL!!!???
E eu que son ben lusófilo -outra palabra que non aparece no VOLGa- sumareime a toda campaña que loite pola incorporación de ‘lusofonía’ e ‘lusófono’ (xunto co ‘bueno’, claro) no dicionario da Real Academia. Dígoo máis ben para matar tres paxaros dunha caxatada.
Pero o máis heavy de todo é que as dúas palabriñas en cuestión TAMPOUCO (também não) aparecen na biblia dos reintegratas: o todopoderoso Estraviz, que só recolle ‘lusofilia‘, ‘lusófilo‘, ‘lusofobia‘ e ‘lusófobo‘. A tan adorada ‘lusofonía’ (palabra spam reintegrata) non está!!!!
O DO VOLGa AÍNDA TEN UN PASE, PERO…
A AUSENCIA DESTAS PALABRAS NO ESTRAVIZ MERECE DIMISIÓNS!!!
Despois de ler os últimos artigos do Césare (1 e 2), cos cales concordo moito, e dado que o que hai que poñer de moda agora son as accións en positivo, paso a informar de dúas cousas que espero que espalledes por aí.
1) É oficial: o símbolo # chámase ‘cancelo’ en galego. Sempre tiven a dúbida de como se chama o símbolo este e, como na rede non encontrei nada, decidín escribirlles aos do Servizo Galego de Terminoloxía do Ramón Piñeiro e contestáronme moi amablemente que as solucións que eles ofrecen son tres: díese, sostido e cancelo. E dado que as dúas primeiras son símbolos musicais diferentes do símbolo informático -isto é cousa miña-, queda instaurado logo o nome de ‘cancelo’ para o #, que é supergalego e non pode molar máis, francamente.
Velaquí unha comparativa de como se lle chama ao trebello # en distintos idiomas, segundo a wikipedia.
- portugués: cerquilha, porteirinha, cauabanga, caprino, cardinal, tralha, malha, grade, sustenido; popularmente jogo-da-velha, jogo-do-galo, jogo-do-gato, lasanha, moiteiro, cruzadinha ou cerquinha
- castelán: almohadilla, cuadradillo, grilla, numeral, signo de número, cardinal, (signo de) gato, michi, tatetí, vieja.
- inglés: number sign, hash mark, hash sign, hash symbol
- francés: croisillon
- italiano: cancelletto
- catalán: coixinet
- euskara: traol
2) Existe unha versión en galego do idioma HOYGAN, que para os que non o saiban é unha linguaxe na que un usuario xeralmente cabreado escribe en maiúsculas (berrando) e con múltiples faltas de ortografía ou gralhas(GRAYAS, en HOUZAM). Pois ben, a versión é galego desa lingua é o HOUZAM, que serviu de inspiración para o antetítulo do artigo de hoxe. Outros exemplos en HOUZAM:
- HOUZAM NOM SEY KE MANYFESTO APOLLAR NESESITO HASUDA
- HOUZAM DISKE BENELOPE CRUS TA PRENHADA DE JABIER VARDEN
- HOUZAM CORRIGAM-ME HAS GRAYAS GRAÇAS DANTEBRAÇO
- HOUZAM HAGORA SOM MARTIN NOVAS PORKE HE MENOS GAYEGO
- BIREY RINTIGRATA HOUZAM!!!!!1
Polo título do artigo ben podería dicirse que fun á caza de pirolas á segunda cidade de Portugal. Pois non. É outra mala pasada que vos xoga o galego, ese idioma tan independente do portugués. Dígovolo porque acabo de estar no Porto e isto é o que un pode encontrarse na sinalética do marabilloso Ikea de Matosinhos.
Está claro: “Plantas e vergas”. Para un portugués da rúa, a palabra “verga” non ten ningunha connotación estraña, non pode levar a confusión. Pola contra, para un galego o conto cambia porque entre as definicións do verbete está o significado de “pene” (aínda que o Estraviz -erroneamente ao meu entender- asegura que só é referido a animais).
E si. Xa sei que en galego a palabra “verga” tamén significa “vara” ou “vimbio”, pero non me negaredes que non queda un pouco bizarro [outro-estranxeirismo-innecesario-moi-á-moda-reintegrata] vela nun letreiro. Imaxinen escoitar pola megafonía do futuro Ikea da Coruña: “Señor Rodríguez, acuda á sección de vergas, por favor”. :D Tanta connotación sexual ten a palabra, que eu sempre escoitei iso de “estar envergallado” como sinónimo de “estar empalmado” ou, dito finamente, “co pene erecto”.
Dúas cousas máis da miña viaxe ao Porto:
1) Os portugueses non saben pronunciar “Ikea”. I-ke-a. :D Chámanlle “Ikeia” como “assembleia” e “feia“
2) Moito me gustou ver unha palabra galega nun dos establecementos do anexo Mar Shopping [en Portugal son os putos amos dos centros comerciais]. Si señor. “Rebaixas”, con letras grandes, distinto de “saldos” e de “rebajas“. ;-)
PD: Díxenvos algunha vez que adoro a lingua portuguesa e Portugal? Creo que si, pero teño a necesidade repetilo. Sempre que vou é como estar na casa. :) Estaría toda a vida escoitando/falando portugués! It’s a sexy language, non credes?
Este home, presidente da chamada Comissão Galega do Acordo Ortográfico da Língua Portuguesa e prototipo da categoría 10 na escala de alema (”os galegos teñen que falar portugués”) séntese perseguido pola policía secreta española,que seica non ten cousas máis interesantes que facer que revisarlle o correo e confiscarlle libros… E iso que este individuo disque reside desde hai dúas décadas en Portugal!
Pero bueno… Cara a isto vai irremediablemente o reintegracionismo.Recordo que, cando hai xa un ano saquei á palestra as declaracións deste home, houbo algún reintegrata amigo que me chegou a dicir: “home, está claro que sempre hai máis papistas ca o papa” en referencia ás teses ultralusistas do profesor Fontenla. Infelizmente, un ano despois, só me queda constatar que a maioría dos practicantes do nh camiñan irremediablemente cara á fusión total co portugués, cara a adopción do padrão portugués para o galego (un dos alcumes de Fontenla é “João Padrão”, que manda truco!), coa creación de entescomo a AGLP.
E de que maneira reage “a comunidade” ante tal notición?
- Boa parte dos chuceiros, cada vez máis botados ao monte, solidarizándose e crendo esta historia para non durmir - E os portugueses que comentan nas webs que publicaron a noticia, flipando a cores
…Bueno, todos menos un, que desde o Alentejo -terra natal do querido aloquete - asegura:
“Não só se deve dar asilo politico como financiar as actividades dos grupos separatistas da Galiza que querem a união com Portugal. Mas era preciso um governo com tomates [="collóns", por se alguén non entende] para o fazer, não um de rabichos!”
Como se pode ver, ilusos hainos en todas as partes. En fin.
PD: Non será que os Correos de España lle confiscaron a Fontenla os libros ao ver que os enderezos estaban escritos en reintegrata hard-core? :D Non. Sempre é máis fácil crer en consparanoias. xD
PD2: Será que o Fontenla (ou Fontela, como aparece nas notícias) tivo un ataque de lusismo cando viu que un avogado que curiosamente se chama igual ca el -curiosamente el mesmo figura como avogado nalgunhas biografías- aparece nunha páxina de “avogados de España”, con bandeira roji-gualda incluída? Ou que actuou así ao comprobar que ten entrada propia na wikipedia española, a dos topónimos deturpados? :D José Luis Fontenla, ese home que aparece en galegos.info cun correo electrónico moi rechamante (no que se conxugan as palabras “lusismo” e “negocio”) e que, a pesar de que reside en Portugal, ten tamén enderezo e teléfono en Pontevedra…
PD3 E falando de todo un pouco, leo tamén en chuza! que os de Ceivar están publicando un texto-tipo para recorrer as multas que recibiron “dúzias de ativistas da língua” a raíz dos lamentables sucesos do 8F. Sen entrar no fondo da cuestión… Non parece curioso que esas cartas estean redactadas en precioso galego RAG? Se o reintegrata é admitido pola xustiza -como aseguran os reintegratas- porque non a empregan en casos coma este? Podían seguir o exemplo do Fontenla: redactar os recursos en reintegrata e, no caso de que non sexan admitidos, pedir tamén asilo en Portugal.
Sen querer facer moito sangue, porque son plenamente consciente de que se cocen cousas realmente máis importantes e porque algúns dos interfectos son colegas e tal, só quería facer algúns pequenos apuntamentos:
- A gran maioría dos novos directivos da AGAL son neo-falantes, educados en castelán internacional da Galiza, que tras tomar contacto coa lingua propia do país, e xeralmente tras pasar por Santiago -berce do reintegracionismo- decidiron pasar ao nh. Algún día habería que facer un estudo do carácter compostelán do reintegracionismo (por que non haberá reintegratas en Tui, na Guarda, en Vigo,… xustamente nos lugares onde máis próximo está o portugués?).
- A gran maioría dos novos directivos da AGAL, como xa dixen, son firmes partidarios da AGLP, a academia que promove que o galego é unha variedade dialectal do portugués, a academia que acabará por fagocitar a AGAL, cuxa normativa -om style está en horas baixas entre os reintegratas. Cómpre recordar que o novo presidente da AGAL, o profe de portugués Valentim R. Fagim, é académico-fundador da AGLP.
- A gran maioría dos novos directivos da AGAL teñen pirola, constatando outra das máximas do reintegracionismo: “poucas tías, non?”. O reintegracionismo, meus amigos, adoita ser, coma o brandy Soberano, “cosa de hombres“.
Con respecto ao tema do día Do Orgullo Lusista e Reintegrata, do que xa hai vídeos, só unhas cantas cousas (aínda que con certo atraso):
- Suso Sanmartim, o presentador do evento, fala galego coma os locutores da TVG
- Quico Cadaval non tivo o que hai que ter para falar galego reintegrata con gheada cando traballou na tele portuguesa. :D (Saberá o Quico que moitos reinteghratas reneghan da gheada posto que é un fenómeno castelanizador para eles?)
- Francamente, esperaba algo máis de Comba Campoy. Demasiado calada. Non foi posible avaliar o seu nível de reintegrata
Ah! Para terminar, e aproveitando o terrible formulario que a Consellería de Educación vai distribuír polos colexios para coñecer as preferencias lingüísticas dos pais, e dado que seguimos sen estatísticas fiables sobre os reintegratas, propoño unha cousa: que todos os reintegratas se poñan de acordo e escriban no apartado “observacións”:
QUERO QUE O MEU FILHO / A MINHA FILHA SEJA REINTEGRATA!
A candidatura Iniciativa Internacionalista, repescada no último minuto polo Tribunal Constitucional español e na que figura como número 6 o coñecido independentista (lingüístico e político) Xosé Luís Méndez Ferrín, presenta un vídeo electoral cheo de erros en galego reintegrata. Ata cinco faltas se detectan nos cinco lemas do anuncio. Aquí están as probas.
Velaquí os erros:
- “Polo direito á autodeterminaçom!” (erro: non e “á” con acento agudo, senón grave “à”)
- “Pola justiza social” (en reintegrata correcto escríbese “justiça”, sinal de que os galegos non controlamos as diferenzas entre z, s, ss, ç nin falta que fai)
- “Polas liberdades democráticas” (por fin un lema ben, aínda que conviría recordar que un reintegrata hardcore apostaría polas formas ‘pela’, ‘pelas’)
- “Nom a discriminaçom de xénero” (outra vez o “á”, e “xénero” é con “g” en reintegrata, proba tamén de que os galegos non distinguimos entre g, j e x nin falta que fai)
- “Contra a Europa do Capital” (por que “capital” con maiúscula? tanta consideración lle teñen?)
Esta mestura de galego oficial e reintegrata (ao que podemos cualificar de “portulego”), xa o vimos, é moi habitual entre os que non teñen nin idea da lingua portuguesa nin da galega. Un pouco de respecto ás dúas, fagan o favor!
aita: hai alguén aquí? teño unha dúbida: cando se usa 'ó' e cando 'ao'
magnummare: ... un que funcione, porque xa vexo que o teu no vai moi ben... XD XD
magnummare: Señor alema!! com introduciu iso que ten ai de "este blog en portugues automatico"? grasias de antebraso!!
Yuji: Obrigado Aloquete. Vou colocar na minha lista pra quando pedir livros galegos! Ah sim, e achei um artigo seu sobre literatura galega em Portugal, [...]
Aloquete: Yuji, um romance magnífico é PAPAVENTOS, de Xavier Queipo. Cosmopolita, mas galego de cima a baixo.