Atopei nun comercio esta brochura e acordeime de vós. Alguén pode dicir, á vista deste anuncio, que galego e portugués son a mesma lingua, cando ningún galego (salvo aqueles que coñecen o portugués, claro) entende nin papa da mensaxe que pretende transmitir? :D Aí quedades… borrifando soalhos, que eu sigo no meu mundo real.
Hoxe quedei cunha amiga miña superpija e supercastelanfalante ela coa que me reúno para tomar café un par de veces ao ano ou así. É polo xeral unha tipa bastante tolerante dentro do seu círculo, pero esta tarde sorprendeume -e moito- cando abordamos a cuestión da enquisa esa que lles están facendo aos pais co tema do galego, do castelán, etc. etc. Bueno. O caso é que, cando me contou a súa postura ao respecto, quedei bastante flipado coa defensa que fai do galego, ela que rara vez a escoitei pronunciar unha simple frase no meu idioma materno. Deixoume ler o cuestionario que estes días vai entregar no colexio e sorprendeume tanto, que lle pedín que me deixase publicalo. Pois aquí está. Isto é o que puxo no apartado “observacións”:
“Aprender es enriquecer. Las lenguas se aprenden hablándolas. Creo que la utilización de las lenguas tiene que hacerse de una manera ecuánime, utilizándose en este caso en un 50% para cada una de ellas. Y lo más importante: creo que lo adecuado es que los niños aprendan el galego como una lengua nuestra, no como extranjera. Todo cabe en el saco. No utilicemos la lengua para hacer política y sí para entendernos.“
A miña amiga, a diferenza de min, aprendeu o galego como unha lingua estranxeira e non quere que ao seu fillo lle aconteza o mesmo. Eu creo que, por veces, sente que lle gustaría ter a fluidez en galego para falar con xente coma min, que nunca nos pasamos ao castelán con persoas galegas. O seu fillo é afortunado. Polo menos súa nai é consciente de que a el tamén lle pode pasar o mesmo. Oxalá moitas nais e moitos pais castelanfalantes o teñan presente cando cubran o famoso formulario.
As últimas incursións que fixen polo mundo dos foros da AGAL fixéronme ver que hai unha palabriña que usan moito por aí para dirixirse os uns aos outros.Todo o tempo chámanse ‘caro’ ou ‘cara’ despois de faceren as súas aseveracións. E non sei por que… eu só lle vexo o lado pijo/relambido/queique á palabra. É máis: por momentos imaxino os interlocutores dos foros intercambiando opinións coma se fosen Pocholo e Borjamari. En serio. Ademais, como a ortografía está pragada de s, ss, z e ç, ata chego podo escoitalos arrastrando os ‘eses’.
Pero tendo en conta que ata no último dicionario Xerais aparece como definición de “caro” non só algo que ten un prezo alto, senón tamén “literariamente, dise da persoa querida (meu caro amigo)”,estou por propoñer que convertamos dunha vez “caro” ou “cara” na máis pija das palabras do noso embrionario galego pijo-urbano, ese co que imos conquistar as clases máis altas do país! Traslademos os ‘caros’ literarios ao galego da rúa! O ‘caro’ ten que triunfar… e tamén o diminutivo ‘cari’, que é igualmente parte do galego!
E como mostra do meu cariño aos reintegratiñas, cos que discuto pero aos que aprezo, velaquí outro exercicio avanzado dun hipotético idioma pijo-reintegrata. Espero que vos guste… caros.
Como vedes, a min Ângelo mólame mil como substituto de Borjamari
Seguindo coa miña campaña de caza e captura de friquis lusófonos, descubro con pracer un artista do que temos que aprender moito. Chámase o Rouxinol Faduncho e é todo un personaxe alá abaixo. A súa marca característica é a de adaptar diversas cancións ao fado. Todo, absolutamente todo é subsceptible de ser cantado á maneira dos fadistas para o Rouxinol. Desde as cancións infatís ata os éxitos da música disco.
Comecemos precisamente polas cancións para crianças. Aquí tedes a versión fadista da Abelha Maia e do Dartacão e os Tres Moscãoteiros, dúas cancións que por certo aparecen tamén nun vello post do alema.
Que? A que mola? Pois non perdades como interpreta o Rouxinol a coñecida “YMCA“ (que pasa a “Ai, eu sou gay”) ou a mítica “I will survive“ de Gloria Gaynor. Todo pasado pola peneira do fado.
Simplemente espectacular. E digo eu… A que esperamos para versionar coa gaita estas ou outras cancións universalmente populares? E logo non podiamos experimentar a ver se nos facemos de ouro? Os andaluces, todo canto hai, versionean ao seu xeito… o Rouxinol tamén o fai en portugués… Por que carallo nós non facemos o mesmo?
Unha noticia dun xornal deportivo portugués sérveme de inspiración para a creación da segunda palabra do dicionario galego pijo/relambido/queique. Anótaa ben: “perdulario /a“. O bo que ten esta palabriña é que, como non a entende nin Cristo, podes darlle os significados que máis che gusten. Pero sexamos serios.
Consulto no dicionario de galego “Ir Indo” (en papel porque a versión online foi ‘capada’) e vén a seguinte definición: “Que é moi vicioso (atribuído a persoas)”. Conclusión: pode empregarse para chamarlle a alguén o equivalente a “pendón/putón verbenero“. Guai.
Pero é que mirando en dicionarios de portugués e pseudo-portugués, veñen outras definicións que podemos asumir estupendamente. No wiktionary portugués vén isto: “aquel que gasta excesivamente (por mal uso, irresponsabilidade, etc.)… Ou dito en linguaxe da rúa “derrochón“, “gastador”, “desbaldidor“, etc. Ideal para botarlle en cara a un amigo ao que lle teñas envexa porque manexa con máis soltura a visa.
Pero non nos enganemos. A fonética desta palabra pode inspirarnos para outros significados. Non pode ser logo unha mestura entre “perdedor” e “ordinario“, por exemplo? Ou por que non, unha maneira fina de chamarlle á veciña “verdulera“? É o bo que teñen estas palabras. Valen para insultar a pracer.
Exemplos: “Mira nena… estás feita unha perdularia, e eu sufro moito indo contigo de compras”, “Con tanto ferrete van pensar de ti que es un perdulario”, “Chámame croco, tía, pero eu creo que Vane se pasa de perdularia”.
Hoxe empezamos unha nova sección: un dicionario para galego pijo/relambido/queique. Conscientes de que este idioma carece de futuro ata que non sexa plenamente dominado polas clases máis ‘elevadas’ da nosa sociedade, iniciamos unha serie de propostas para que o galego sexa máis guai para os que se animan pouco a empregalo.
A nosa primeira proposta é “croco”. É un apócope de “crocodilo” e equivale ao castelán “borde”, que en galego á súa vez sería “bordo” e queda fatal, fatal, fatal… En portugués sería “chato” (pronunciado “xato”) e tampouco mola. A grafía recomendada é “croco” pero tamén pode escribirse con k para darlle un toque máis pijo aínda se cabe: “croko”, “kroko” e “kroco” son igualmente válidas. Para sms, simplifícase con “crc”, “crk”, “krc” ou “krk”.
Exemplos: “Vane, tía, recoñece que desta vez fuches un pouco croco con el”, “Miña nai é un croco, non me deixa volver á casa máis tarde das doce da noite”, “Aí veñen eses crocos proletarios” ou “Chuza! está cheo de crocos, nena, pero ti, nin caso”.
Por suposto, esta sección queda aberta ás suxestións dos usuarios, aos que se lles agradece por anticipado a súa colaboración.
aita: hai alguén aquí? teño unha dúbida: cando se usa 'ó' e cando 'ao'
magnummare: ... un que funcione, porque xa vexo que o teu no vai moi ben... XD XD
magnummare: Señor alema!! com introduciu iso que ten ai de "este blog en portugues automatico"? grasias de antebraso!!
Yuji: Obrigado Aloquete. Vou colocar na minha lista pra quando pedir livros galegos! Ah sim, e achei um artigo seu sobre literatura galega em Portugal, [...]
Aloquete: Yuji, um romance magnífico é PAPAVENTOS, de Xavier Queipo. Cosmopolita, mas galego de cima a baixo.