É con enorme tristeza que vos teño que anunciar que o vídeo titulado “Xuxa, a máis satánica e diabólica“, elaborado por min para YouTube foi censurado. Parece ser que á artista brasileira non lle gusta nada que se fagan parodias das mensaxes presuntamente satánicas que inclúen as súas cancións infantís reproducidas ao revés. Xuxa Promoções e Produções Artísticas Ltda. ordenou a retirada do mencionado vídeo… e YouTube achantou.
“Notificamos a remoção ou desativação do acesso ao material a seguir em decorrência de uma notificação de terceiros da parte de Xuxa Promoções e Produções Artísticas Ltda. informando que este material é infrator”
A min, francamente, paréceme unha pasada que esta señora non poida ser parodiada. Ademais, como se pode demostrar que hai pasaxes supostamente diabólicas nas súas cancións sen reproducilas? En fin, porque non teño nin ganas, nin forza, nin tempo, nin pasta para protestar, que senón había reclamar. De todos os xeitos, queda patente que detrás da doce Xuxa hai moi pouco sentido do humor. A mesma escasa simpatía que teñen os reintegratas hardcoredalgúns foros!
O nome Paco, tan galego el, non existe en portugués internacional de Portugal, Zé. Que lle imos facer! Pero bueno, tanto dá. O caso é que hoxe non vou trollear coa galeguidade ou lusofonía dos Pacos (que tamén podía), non. Hoxe quedei flipado vendo este vídeo que demostra que ata Beyoncé pode bailar ao ritmo de Encarnita Polo e o seu famoso ‘Paco, Paco, Paco’.
Flipante, a que si? Pois resulta que a Beyoncé é multi-uso. Mirade agora que ben baila o ‘Chuliboy’ do Projecto Mourente. Dedícocha, Prosciutto.
Estupendas noticias. Xa estou en Lisboa, ben instalado na casa do meu amigo Nuno, en pleno centro da cidade (que segue tan preciosa como a última vez que a visitei) Sigo mantendo que necesito un descanso e desconectar un pouco… Pero oh, sorpresa! O azar tróuxome dous regalos inesperados: por un lado, un ordenador libre na casa de Nuno (un vello trebello da súa irmá pero felizmente con conexión á internet) e por outro un plugin que me vai permitir publicar tuiteos. É dicir, todos os días publicarase automaticamente un artigo que recompila os meus tuiteos das últimas 24 horas (ou iso creo). E así, sen moito esforzo, podo ir recompilando cousas que vou vendo por aquí e seguimos en contacto. Agora mesmo non estou para escribir un post diario, pero penso que pode ser interesante ir recollendo as impresións desta viaxe, que aínda non sei canto vai durar. A ver o que me aguantan ou o que aguanto. Xa vos irei contando. Moitos beijinhos desde Portugal!
Estou feliz. Esta mañá recibín a chamada dun vello amigo portugués que me convida a pasar un tempiño na súa casa de Lisboa, e como sigo no paro e sen encontrar nada con xeito, pois… decidín facerlle caso. Por que non? Agora mesmo estou preparando as maletas. Mañá saio en dirección á capital portuguesa. E como non vou poder atender o blog coa frecuencia que me gustaría, decidín tomar unhas vacacións… para recoller novas ideas e tal. Ou quen sabe, quizais non volva nunha boa temporada. Ou quizais cando regrese, veño convertido nun reintegrata revirado… Eu que sei. Se cadra encontro un trabalhito fixe alí e esquezo isto de bloguear. Non sei. Necesito respirar un pouco. Entre mentres, deixo este fio aberto para que escribades o que vos apeteza. Mesmo para que me poñades a parir se queredes. Estrañar-vos-hey! Ata sempre e, bueno, sede bos na miña ausencia!
Non paran de producirse adhesións á causa ‘bueno é galego‘. A última máis significativa é do grupo de emisoras Radiofusiòn. Son unha trintena de radios de ámbito local que fan unha programación integramente en galego e cuxos locutores tamén padecen o estigma de non poder dicir o ‘bueno’ a vontade, como debería de ser. O apoio dos medios de comunicación é fundamental para o triunfo da nosa campaña e este é o primeiro que aplaude a nosa causa! Cada día que pasa está máis próxima a meta, non hai dúbida.
Por outra parte, teño que volver ao tema do outro día. Segue a campaña de acoso por parte dun lector de alema.org para que NON se publique a entrevista máis agardada, a dun ex-reintegracionista que denuncia ameazas, insultos, etc. despois de abandonar a norma nh. Este é o último capítulo desta truculenta historia.
Xa vos podo anunciar que este blog publicará en breve e en rigorosa exclusiva outro documento único. O testemuño arrepiante dun personaxe moi, moi coñecido na rede e con pasado reintegracionista, que tivo que escoitar de todo polas cousas que dixo sobre a norma nh tras regresar ao redil. En fin… Outra exclusiva a não perder en alema.org… proximamente. Quedan avisados.
O Osiño Gominola segue acaparando galardóns e a atención dos medios de comunicación “convencionais”. A piques de superar as 3.000 reproducións en YouTube, o verdadeiro ghit do verán pasado foi elixido “o descubrimento friqui” polos lectores do suplemento de lecer Exit do Xornal de Galicia, tal e como se pode apreciar neste escaneo… [O texto di, por se non o ledes ben: "O DESCUBRIMENTO FRIQUI / OSIÑO GOMINOLA / Unha grande sorpresa a que nos levamos ao ver este vídeo. Poñede "osiño gominola" en YouTube e veredes"].
O Osiño Gominola tamén aparece na portada do suplemento…
En realidade, o Osiño Gominola está no número 3 do ránking do máis friqui do ano 2008, xusto por detrás de Rodolfo Chiquilicuatre e do propio suplemento Exit, que debe ser moi friqui tamén a xuízo dos seus lectores. :D Sexa como for, desde aquí non podemos máis que felicitar o Osiño Gominola por este novo éxito (que non “sucesso“ :-P ).
Por certo, e xa que estamos con auto-bombos varios, saiban que a causa de “bueno é galego” xa chegou aos 800 asinantes. Axiña seremos 1.000!
Ante a aparición de comentarios manifestamente racistas e xenófobos neste blog, decidín eliminar o post dedicado aos neonazis reintegratas. É o efecto colateral de xogar con lume nun tema en que -admito- non debín de meterme nunca e que se me foi das mans. Foi un erro polo que vos pido desculpas a todos os lectores do blog, que mantemos discrepancias á hora de afrontar un modelo para o noso idioma, pero que compartimos o noso rexeitamento manifesto a este tipo de actitudes. Aos reintegratas que vos sentistes ofendidos porque entendistes que pretendía identificar reintegracionismo con esta ideoloxía aberrante tamén vos pido perdón, aínda que vos dou a miña palabra de que en ningún momento ese era o meu obxectivo. Sabede tamén que a partir de agora todos os comentarios racistas, xenófobos ou difamatorios serán borrados e os seus usuarios, baneados. Espero que aceptedes as miñas desculpas.
Á espera de que esta noite vos poida ofrecer un documento, para min arrepiante, en relación coa Radio Galega, aquí vos traio outro pedazo de momento radiofónico que non vos debedes perder. Os dez minutos (10) que lle dedicou o programa ‘Extrarradio’, da Radio Galega, a falar de alema.org, unha web que se presenta, segundo din, como “unha das revelacións da rede” o ano pasado. Pero non só iso… Opresentador do programa, Eduardo Herrero, é tamén un fervente partidario da inclusión de ‘bueno’ como palabra plenamente galega nos dicionarios! En fin… Espero que vos guste (polo menos, polo menos, como a min me gustou, vaia) .
Ladies and gentlemen.Cóntanme que este domingo 4 de xaneiro, a partir das 11.00 horas, van falar de alema.org na Radio Galega, no programa Extrarradio, que presentan Belén Regueira e Eduardo Herrero. Que nerrrvios! En fin, estades avisados. Se estades no estranxeiro ou se non tedes aparello (de radio), podedes escoitar o programa tamén a través da internet.
Hai veces en que un avatar di moito dunha persoa. É o caso de ascárida. Fixádevos nesa cara entre altiva e de desprezo coa que vos mira… Non vos parece apaixonante e aterrador ao mesmo tempo? A min ese toque medio croco que ten sempre me pareceu que tiña un punto. É unha tipa que non se corta un pelo, esta ascárida. E nunha visita guiada por alema.org non podía ser unha excepción. Sinceridade e borderío en estado puro.
alema: Bueno, ascárida. Benvida a alema.org… En primeiro lugar quixera preguntarche pola túa marcha de chuza!, que nos deixou orfos a tantos. A que se debeu?ascárida: Aburríame, sen máis. Quen me dera poder contar algo misterioso.alema: E a que se debía o aburrimento? Temos tendencia a estancarnos en certas dinámicas ou que carallo nos pasa?ascárida: hahahahhahaha.
Así de primeiras, sáeme dicirche que nin puta idea do que NOS pasa, eu sei o que me pasa a min e xa bo é. Para min comezou a ser aburrido cando para a maioría comezou a ser demasiado serio. Os incendios, Reganosa, os presos políticos (!) Ugio e Giana e bla bla bla… Tampouco foi a morte de ninguén. Internet dáme moito para entreterme.alema: E en que anda entretida agora ascárida?ascárida: A Twitter, que por formato é o blog que sempre quixen ter, e a todas as frikadas habituais: ler todos os artigos posibles para ver se vou quedar pronto no paro ou aínda podo vivir disto un pouco máis.E a ver porno.E a lurkear un pouco en todas as comunidades fetichistas que me parecen raras.E a mexar coa risa. E a descargar música e series, que dá moito choio estar ao día. alema: Si, o tema lurker ten o seu aquel, debo confesalo… Por que non me recomenda algún título porno para os lectores de alema.org?ascárida: O bo porno non ten título.alema: E algún xénero?ascárida: Non é ningún segredo que a min o que me mola é o BDSM alema: Algo de sado-masoquismo ten este debate que temos algúns sempre arredor da lingua (galega), non concorda?ascárida: Entre os practicantes de BSDM corre o lema ese de “seguro, san e consensuado”, e non me consta que as partes dese debate consensuasen nunca nada. Vostede sabe algo?alema: Consenso hai pouco, iso hai que recoñecelo. Vostede como ve todo este debate arredor da norma e tal…? Cando escoita a palabra “reintegracionismo”, que é o primeiro no que pensa?ascárida: En tortilla. Non é carallada ningunha. É o primeiro que penso. Espero que non sexa nada chungo.alema: Tortilla e reintegracionismo? xD Que teñen que ver?ascárida: Eu non dixen que haxa relación, digo que é no que penso. Pero se quere que me confese coma se isto fose unha consulta de psicanálise… creo que é a maneira na que a miña psique me di que me mola máis España que Portugal.alema: É consciente de que iso é pecado mortal en certos ambientes?ascárida: Me la suda tanto…alema: Entón, para vostede o do reintegracionismo ten que ser… non sei… un conto chino ou que?ascárida: Así, a vulto? Paréceme unha escusa moi mala para cuspir contra Madrid, a Xunta e calquera que non che queira ben.Consólame bastante pensar que o 99,9% dos reintegratas acaban con praza de funcionario.alema: Precisamente unha das críticas que lles fan os reintegracionistas aos que non o son é que apoien unha norma como a RAG por criterios económicos… É dicir, por pasta.Que opina?ascárida: Eles son os primeiros en sacar o tema económico, a oportunidade que representa para nós ter acceso a iso que lle chaman a lusofonía. Máis oportunidades, ampliar mercados… A pasta é o único argumento co que poderían convencer a xente coma min, que a lingua nos dá un pouco igual pero o peto mirámolo todos os días, de todos os que teñen é o que menos mal me parece. Pero iso, que despois me chamen a min sucia capitalista me jode xD. alema: Por que cre que o reintegracionismo triunfa tanto ultimamente?ascárida: Onde triunfa?alema: Vostede considera entón que NON triunfa… ascárida: Eu téñoo clarísimo, ti non?alema: Pois non lle sei… Mire que ata Quintana é reintegrata, disque…ascárida: Quintana é supercomplacente.Non me custa nada imaxinarlle o rol niso do BDSM.alema: Entón non ve un auxe do reintegracionismo… É só unha miraxe logo…ascárida: Hai que ter contentos aos que cren que gardan as esencias. Na dereita tamén o fan.E iso non significa que a “derechona” católica teña éxitoOu si?alema: Paga a pena que se vexan as televisións portuguesas aquí? Quero dicir… a calquera prezo?ascárida: Poñen porno en aberto?E pregunto completamente en serioalema: Non. Non poñenascárida: Ou na tele portuguesa hai algo superchachi que nos estamos perdendo ou é para que aprendamos o idioma, e visto que non hai porno, creo sinceramente que non melloran en nada o que xa temos. A min a tele portuguesa dáme igual, pero se o prezo é que calquera das administracións que me gobernan poñan euros… ni de coña. E se hai que poñer cartos, a min que me poñan a BBC.
alema: Que lle parece que lle chamen ao galego “portugués da Galiza”?ascárida: hahahahhahahahhahaÉ como ver pementos de padrón de orixe AlicantePara vender funcionaalema: Déame un consello para normalizar o idioma…ascárida: Pero a alguén lle interesa normalizalo?Unha morea de peña vive de puta madre a conta de que sea un idioma non-normalalema: Por exemplo?ascárida:Toda a industria montada arredor da produción de contidos en galego, coas súas campañas e todo o apoio económico que ten. Dende os xornais ata o dichoso .gal. alema: Bueno… E xa para terminar…E para que se vexa que este é un blog pegado á actualidadeComéntenos algo da actuación de Estíbaliz Espinosa no Cultur.gal…Que lle pareceu?ascárida: Pareceume cutre, pero non polo que ela cre que llo di todo o mundo. Non é porque o vídeo estivese gravado cunha cámara barata, ou que non teña nin puta idea de Power Point. É porque a estas alturas poñer o plugin de efectos do Windows Media Player é o equivalente en imaxe a escribir un poema de amor cos versiños eses de “las rosas son rojas y las violetas son azules“. E xa por fastidiar, pregúntome se ademais de pasar o traballo de poñer nos créditos os autores de todo o material que usou tamén lles pagou polo uso.
Chega o que moitos esperabades. Un xogo para descargar adrenalina ante a invasión reintegrata.Un idioma está en perigo e ti podes salvalo! (Ollo: ás veces tarda algo en cargar)
aita: hai alguén aquí? teño unha dúbida: cando se usa 'ó' e cando 'ao'
magnummare: ... un que funcione, porque xa vexo que o teu no vai moi ben... XD XD
magnummare: Señor alema!! com introduciu iso que ten ai de "este blog en portugues automatico"? grasias de antebraso!!
Yuji: Obrigado Aloquete. Vou colocar na minha lista pra quando pedir livros galegos! Ah sim, e achei um artigo seu sobre literatura galega em Portugal, [...]
Aloquete: Yuji, um romance magnífico é PAPAVENTOS, de Xavier Queipo. Cosmopolita, mas galego de cima a baixo.