Bueno
Este blog defende a inclusión da interxección ‘bueno’ no dicionario da Real Academia Galega. Actualmente estase levando a cabo unha campaña de presión para conseguir este obxectivo, á que calquera se pode sumar en http://causes.com/bueno.
Estes son os principais logros alcanzados ata o momento relatados cronoloxicamente.
- 9 de xuño de 2008. Nove días despois do seu lanzamento, o blog alema.org lanza unha proposta formal para que se admita a interxección ‘bueno’ como plenamente galega.
- 10 de xuño de 2008. O debate irrompe con forza na rede social Chuza!, onde a axiña se converte na noticia máis comentada da súa historia.
- 11 de xuño de 2008. A RAG e o ILG teñen por primeira vez coñecemento da iniciativa por medio dun correo dirixido ás dúas institucións.
- 13 de xuño de 2008. Unha investigación demostra que a interxección ‘bueno’ se emprega con regularidade na literatura galega desde hai 130 anos e que ata Castelao empregaba con frecuencia ‘boeno’.
- 25 de xuño de 2008. Ante a falta de resposta do primeiro, a RAG e o ILG reciben un segundo correo para que considere a proposta.
- 2 de xullo de 2008. O secretario da RAG responde por correo que a proposta ha chegar aos “órganos competentes” da institución. Manuel González di que se trata dun asunto “delicado” pero recoñece tamén que “a vitalidade na fala [galega]” de ‘bueno’ é “incuestionable”. Nese mesmo día remíteselle ao secretario da RAG unha carta de agradecemento pola atención prestada.
- 8 de xullo de 2008. Unha investigación demostra que o dicionario da RAE non inclúe os usos galegos de ‘bueno’.
- 17 de xullo de 2008. Constatamos que o debate sobre o ‘bueno’ tamén está presente na blogosfera catalá. Posteriormente, descubrimos que ata o líder de ERC Josep Lluis Carod-Rovira se pronuncou sobre o asunto.
- 12 de novembro de 2008. Fartos do silencio da RAG e tras constatar que a RAE admite estranxeirismos do tipo ‘USB’ ou ‘pen drive’, reactívase a loita e créase un grupo de presión na rede social Facebook, onde a causa recibe unha gran cantidade de apoios.
- 17 de novembro de 2008. Créase o dominio causes.com/bueno para a campaña de Facebook.
- 30 de novembro de 2008. A campaña ‘bueno é galego’ chega aos medios convencionais, a través do programa ‘Máis berberechos’ da Radio Galega.
Este é, en liñas xerais, o argumentario que empregamos para a defensa de ‘bueno’ como palabra plenamente galega:
- Non hai unha expresión equivalente a outra do galego (nin ‘ben’, nin ‘bo’, nin ‘vaia’… son o mesmo ca ‘bueno’).
- ‘Bueno’, como interxección (non como adxectivo), é de uso universal por parte dos galegofalantes (ninguén fala sen soltar un ‘bueno’ e xamais poderá ser eliminado da fala).
- O galego deulle unha dimensión diferente a ‘bueno’, mesmo maior á que ten en castelán
- ‘Bueno’ ten presenza constante na literatura en galego (emprégase, segundo o TILG, desde hai 130 anos e ata Castelao usaba habitualmente ‘boeno’).
Se aínda non te sumaches á iniciativa, aínda estás a tempo. Bueno é galego e temos que estar orgullosos de empregalo. Legalización!
Vídeos:

21 comentarios Deixa o teu comentario
1. SOUSA-POZA | 7/Novembro/2008 at 11:14
Te enorgulleces muy facilmente. Me maravilla si habra muchos castellanos que tambien se enorgullezcan de que diccionario de la Real Academia Espanyola incluya los substantivos “bater” o “crismas”. Si los usa la gente y ahi estan, … pues ahi estan -pero la cosa es a duras penas para enorgullecerse.
2. alema | 7/Novembro/2008 at 11:17
#1 e logo por que non pode ir un con orgullo ao ‘váter’?

3. SOUSA-POZA | 7/Novembro/2008 at 15:56
Good point, number 2!
Me paso hace unas semanas en el aeropuerto de Peinador. Un funcionario de Iberia insistia en hablarme del “finger” que yo intuia que seria la pasarela para entrar en el avion, pero que no habia oido hasta entonces ese uso del termino en ingles. Asi pues, me hice el sueco, hasta que el me aclaro que “finger” es una palabra inglesa que significa pasarela. Simplemente me puse a hablarle en ingles: el tio se echo a reir. Es lo que se llama ir por lana y salir trasquilado.
4. Firmino Martínez Perez | 19/Xaneiro/2009 at 21:38
Estou moi dacordo con admitir BUENO no diccionario da RAG. Estou xa canso de tanto pedante que nos dice os galegofalantes como temos que falar. Ademais BUENO non é equivalente a BO: cando un paisano quere dicir que algo é rotundamente bo dice “ISTO ESTÁ BUENO”, Tamén haberia que admitir outras como DIOS ou ABUELO/ABUELA (eu sempre chamo asi os meus abuelos, nunca os chamaria “abós” pois soaria raro) ou AIER, pois a palabra ONTE está caindo en desuso e transformandose nun arcaismo.
5. alema | 19/Xaneiro/2009 at 21:40
#4
non, amigo firmino
estás enganado
bueno é só como interxección… para os demais usos é bo
exemplo:
‘bueno, este pan está moi bo’ (non bueno)
por outro lado, deus está consolidado no galego, igual ca avó, onte, etc. pola contra, bueno non ten equivalente e foi perfectamente asimilado polo idioma.
é completamente irrealizable eliminar o ‘bueno’ do galego… cousa que non acontece cos outros exemplos que puxeches
6. Firmino Martínez Perez | 19/Xaneiro/2009 at 22:11
Bueno iso de que DEUS, etc. está consolidado en galego será no galego académico. No galego da xente (o único que eu considero REAL e non artificial, se non caimos na absurda arbitrariedade de “esta palabriña si, esta palabriña non porque a min me peta”) solo se usa a palabra DIOS. Frases como “a este non o atura nin dios” ou “a ese sitio non foi nin DIOS” son moi usuales. Se cadra o que se poderia é facer un diccionario de usos incluindo estas palabras (dios, pueblo, etc) aclarando que son as que usan os autenticos galegofalantes, deixando a opción de palabras mais “artificiales”, que hasta que non comenzou esta merda do galego normativo e ritual, nin dios utilizaba. Un idioma que se construe de costas os seus falantes é falso e potencia o autoodio.
7. alema | 19/Xaneiro/2009 at 22:13
#6

se lle vale de algo, creo que está admitido “diola”
é dicir… “a este non o atura nin diola” ou “a ese sitio non foi nin diola” si que se pode dicir con total tranquilidade…
8. Firmino Martínez Perez | 19/Xaneiro/2009 at 22:35
Home, eu vexo mais o de DIOLA como un eufemismo, por aquelo de “non tomarás o nome de DIos en vano”, anque me parece caralludo que se admita. Polo demais reitero a miña frustración por condenar palabras tan antigas e respetables no noso idioma como Dios, abuelo, pueblo, padre, madre (¿alguèn nos escoitou a expresiòn “mi padre” ou “mi madre”?). Pareceme que esta campaña deberia ser mais contundente e chegar o fondo do asunto, e non quedar nunha mera reivindicaciòn puntual e anecdótica, como fixeran os lusistas con a campaña “GALIZA”. Recuperar o orgullo e perder a vergonza a falar como a cada un lle pete e recuperar o orgullo de Galicia. Non hai por que andar temperando galitas para non soliviantar os lusistas (que polo demais son uns amargados e frustados por que non lles fan caso nen en Portugal).
9. alema | 19/Xaneiro/2009 at 22:53
“mi padre” e “mi madre” son formas admitidas, se non me engano
tamén é posible dicir a vontade “mimá” ou “mi madriña”…!
firmino, o “nen” (antepenúltima palabra do comentario) delátao

10. Firmino Martínez Perez | 19/Xaneiro/2009 at 23:30
Non sabia que se admitian esas formas (”mi padre” e “mi madre”). Isto significa que hai alguén con sentidiño e que pensa coma min na academia, e parece que, insisto nesto ainda que parezca un pouco paranoico e sone a teoria da conspiración, é como se lle tuvesen medo aos lusistas. Por iso admitiron a palabra GALIZA (que soa fatal ademais de que ninguén a di, excepto nos mitins) e outras cousas absurdas (como o de GRAZAS e non sei que mais) por que non se atrevian a menos.
PD. non sei de que me delata ese “nen”. Tal vez deberia ser “nin”? Non sei como é en galego normativo pero a min dame igual. Non vou estar a pensar cada letra todo o tempo ou póñome tolo. Estas son as cousas que acontecen con este asunto: ó final os académicos, sentados comodamente no seu sillón, cambia letra por aqui cambia letra por alá, e os falantes temos que andar a pedir disculpas ou avengonzarnos por como falamos e escribimos.
11. alema | 19/Xaneiro/2009 at 23:31
#10

12. Lugo Boss | 9/Febreiro/2009 at 12:01
¡Eu seino! ¡Firmino é catalán! ¿Qué pasa neeeeeen?
:D
Paréceme moi interesante este último debate, do que me quedo con cousas dos dous. Vaia por diante que son ruralita de orixe, e me criei no galego que a mín me gusta chamar “real”, coas variantes específicas da miña zona.
Penso que o verdadeiramente fermoso da nosa língua é que está viva, e que tén mil matices; por iso, admitindo a necesidade de crear unha normativa común, tamén defendo a importancia de que ésta, máis alá de cinguirse a un ou outro corsé, debe estar coa orella posta na rúa, porque ás veces o que se consegue é alonxala da realidade e que nin a entendan os paisanos nin a queiran entender os castelanfalante. En suma: nin diola
Por iso apoio totalmente a iniciativa do “bueno”, aínda que para outras palabras como o “aier” do que fala Firmino, me parece que sexa precipitado: a maioría da xente que coñezo segue a usar o “onte”.
De todos modos, o “grazas” non o acabo de ver claro, fáiseme moi artificioso e rénxenme os dentes cando o oio, coma se alguén rascase nunha pizarra.
Agradecido pola vósa atención
13. baro | 9/Febreiro/2009 at 12:12
#12 Eu o grazas o vexo igual que mi madre e mi padre, simplemente non o vexo. Pero ó grazas xa estou habituado e ata o digo de cando en cando, que un servido éche bastante educado
14. Carme | 11/Febreiro/2009 at 14:03
Saúdos a todos. Creo que Firmino se pasa de frenada. O de “mi padre”, “mi madre”, sí que son arcaísmos, decíanno os meus *avós pero os meus pais xa non. A xente de menos de oitenta anos xa non di “mi padre”. E o de “aier” paréceme un castelanismo innecesario. Eu, como a maioría da xente, sigo dicindo “onte”. É certo que hai quen di “aier”, igual que din “verano” e “hermano”, pero a min parécenme esnobismos, a forma correcta en galego é outra e segue perfectamente viva na boca da xente polo que non vexo que haia que sustituíla.
*Poño “avós” e n
15. Edwin | 1/Marzo/2009 at 20:52
eu son de Santiago e alomenos aqui ninguén que fale galego mete ese castrapazo de abuelo/a. o que si se di cando se fala en galego e Dios maioritariamente non referindose a Deus en si se non cas expresion en castelán que se mezclan no galego. Vai un frio que nin… (como son crente non vou continuar :P) o que seria mais galego de toda a vida- Vai un frio de carallo, penso eu.
o de “mi padre/madre” nunca che me entrou, tendo pai e nai en galego, semella que usalo galego neste caso é unha falta de respeto como antigamente se creia que usalo galego era de pobres ou de maleducados. o de “Aier”, non seu de onde se sacou. non seu no resto, pero por santiago ou na estrada, que son os sitios nos que mais me movo, dise onte sempre que se fala en galego.
pero todo isto que mais ten, cada yun fala como ten aprendido e por moito que a RAG poña ou quite seguirase a falar do mesmo xeito cagora. a min dame no nariz que estas cousas fanse mais por dar guerra que porque en realidade importe.
16. cpls | 9/Maio/2009 at 14:07
Eu creo que estás no correcto, o gallego ‘tá en constante mutación, i así nosoutros xa no falamos como o facían os nosos abuelos que eran d’aldea. ¿Para que vamos a conservar un idioma que nadie fala ou mismamente é inventado?
Pénsome que bueno é tamén bo.
É frecuentísimo escoitar “este tío/esta tía está moi Bueno/Buena”.
Ou mismo mi madre me decía: “Neno, come el bocadillo que está moi bueno”.
Bueno, claro, é que mi madre fala castrapo asi conmigo, anque eu cos abuelos e cos profes falo gallego.
En cierta maneira creo que a todo esto se lle debería chamar castrapo, i deixar o de galego para o que se falaba no siglo pasado.
(Espero haber posto no seu lugar correcto os acentos).
17. cpls | 9/Maio/2009 at 22:07
Bueno, olvidei o siguiente que creo que xa o dixeron por algún lado, o galeguismo “bueno” ou españolismo, para o caso tanto ten, tamén o dicen en vasco.
Pasoume que escoitaba unha emisora en ola media, e non sabía de onde podría ser, e adivineino por que polo medio dunha entrevista decían “bueno”, ao mellor eran gallegos emigrados falando vasco. je je!
E ainda mais, nunha radio de Valencia que escoitei cando fun a Benidor, decían tamén moitas veces bueno polo medio, eso si entendíalle-lo todo, vaia, bueno (perdón) casi todo.
18. Pailaroco | 11/Maio/2009 at 13:06
#16 Bueno, o español que se fala hoxe tampouco é igual que o que falaban os avós das aldeas, así que ó de agora habería que chamarlle tamén castrapo e deixar o de español para o que se falaba hai un século… ¿ou non?
19. Vixía | 30/Xuño/2009 at 2:59
Neste vídeo Gloria Lago comeza cun “Bueno” precioso e repíteo varias veces. Engádoo á túa compilación de “buenos” de persoas célebres.
20. MiguelGZ | 15/Xullo/2009 at 0:00
O ‘bueno’ que aquí se defende e a interxeción, non o adxetivo. Firmino estás trabucado amigo, o que na web se defende é incluir unha palabra galega auténtica, e tí o que defendes é a intrusión de castelanismos a esgalla… É verdade que moita xente dí DIOS o moita dí ABUELA, etc, pero iso está mal… Doutra banda, estou totalmente seguro de que tí case nunca falas galego por que machiño, estás a meter as palabras e expresións en castelán do típico neo falante ( “nen / nin” “usuales / usuais” “hasta / ata” “me parece / pareceme” “tuvesen / tivesen” “parezca / pareza” “con a / coa”) o que tí fas é traducir do castelán ao galego, nada de que na tua casa se fala así, por que na miña vida vin tal. De calquer xeito, anímote a seguir falando, o seguinte paso é pensar tamén en galego, saudos
21. Portugaliza | 31/Outubro/2009 at 2:11
Assim se fazem os idiomas, tal e como o firmino diz… deixade ao rapaz que dentro duns anos terá seu próprio idioma, o que falou toda a sua vida… e cada quem que fale como lhe pete, sem corrigir absolutamente nada, para qué ?. e à hora de escrever, como bons galeg*s, que escreva ” como fala” assim poderá depois usar o espanhol na escrita para comunicar-se com o MUNDO que é um idioma de tod*s e não um idioma particular de firmino, ou da colectividade que o rodeia…
Ánimo Firmino, e quando tires o primeiro dicionário envia link !!
PD.. conta comigo para a Real Academia da Lingua Firminense…e não fazas caso das parvoices que dizem os demais. Lembra que estás no Pais do empate ( X). Agora só é ir a pela vitória…..
Deixa un comentario
HTML permitido:
<a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <strike> <strong>
Trackback deste artigo | Subscribirse aos comentarios mediante RSS