Bicho raro
Becho raro… ou non tanto
O fácil é ir coa corrente e non contra ela, e como me van os retos difíciles…
- Son galegofalante urbano (e non rural) e apoio a creación dun acento pijo/relambido en galego (que non empregue expresións do tipo “saíume a porca capada” e cousas desas)
- Odio que se identifique a defensa dun idioma (neste caso, o galego) coa adscrición a unha determinada ideoloxía política: our language is for everyone
- Non me gusta polo xeral a música tradicional galega nin o folk (tiro máis polo pop/rock internacional). As gaitas, para un anaquiño. Máis tempo pode supoñer unha doble-dosis
- Gústame o audiovisual. Apoio a dobraxe e os dobradores (fan un excelente labor) e creo que hai que apoialos, aínda que tamén me gusta poder optar aos subtítulos
- Encántame o lercheo, os latriqueos de famosos e o que para o común da xente é ‘telelixo’ para min é tele de entretemento (aínda choro pola morte de ‘Crónicas Marcianas’ y ‘Aquí Hay Tomate’).
- Son defensor a ultranza da recepción no país das televisións portuguesas. Adoezo por engancharme aos seus programas de peor reputación.
- A política gústame analizala desde lonxe para indignarme e rirme dela.
- Non me gusta a palabra “patria”. Paréceme a little bit old-fashioned. Mólame ‘país’
- Non son equidistante no conflito vasco. ETA debe desaparecer xa! O resto son xogos florais.
- Son capaz de dicir “España” sen ter que recorrer ao absurdo circunloquio “Estado español”. Tamén sei dicir “Portugal”.
(a listaxe esta irase aumentando conforme vaiamos gañando confianza)

21 comentarios Deixa o teu comentario
1. cesare | 1/Xuño/2008 at 13:08
superfan de alema, se non o era xa antes.
2. orsinia | 1/Xuño/2008 at 13:16
supermegaultrafan
3. berto | 1/Xuño/2008 at 17:08
moito máis fan que os 2 comentarios anteriores, donde vai parar…
4. o'sanma | 4/Xuño/2008 at 0:57
“España huele a culo”, Shin Chan, aliás, Alema! (http://br.youtube.com/watch?v=zLZaSxzBQGE) Eu prefiro dizer (e escuitar, sobretudo n’A Galega) “Estado espanhol”!
5. alema | 4/Xuño/2008 at 13:42
Á marxe de que poida ‘oler a culo’ ou non (iso que opine cada un o que queira), o certo é que o rollo ese de “Estado español” é algo ridículo, ao meu entender.
Quen o usa, case sempre é para minimizar o concepto España, cando eu creo que o que fai en realidade é xusto o contrario: maximizalo. Emprega un circunloquio para expresar algo que se entende mellor con 1 palabra…
Ten en conta isto ademais: “Estado” é a organización política dun país, non o terreo onde se asenta.
6. gerardinho2000 | 4/Xuño/2008 at 18:38
Pois eu prefiro seguir a ouvir, e cada vez mais, “Galiza” na nossa rádio nacional.
“Um país que chamamos… GALIZA!!!” (o topónimo é pronunciado com força oceânica polo incomensurável Xurxo Souto)
7. o'sanma | 4/Xuño/2008 at 21:13
Homem, eu preferiria que na Rádio Galega e na Televisom de Galiza lhe chamassem “Reino de Espanha” (e nom para magnificá-lo, precisamente) mas já sei que nom se lhes pode pedir tanto, por isso me conformava com que lhe chamassem “Estado espanhol”. Estou até o cu de ouvir na rádio e na televisom galegas expressões tipo: “aqui em Espanha”, “os espanhois somos”… [Alguns] estamos fartos de ser umha colónia. Se calhar é que somos ambiciosos de mais!
8. moraima | 6/Xuño/2008 at 23:58
eh, bueno si, lin o taboleiro de anuncios, e coincido cun dos dous prototipos que se buscan ¿¿cal é o premio?
9. alema | 7/Xuño/2008 at 0:01
@moraima tes que contarnos a túa historia xa!!!
10. Zutabe | 16/Xuño/2008 at 4:32
Pois si, eu négome a emprega-la palabra Galiza en actos públicos, e privados se te pos. Pero non por que lle queira menos; que é tan perfectamente válida como a de Galicia e estando ámbalas dúas ben sustentadas etimoloxicamente, senón pola teima dalgúns pseudo-nacionalistas de querela facer ver como a única forma autóctona ou como manifestación dun maior grao de amor patrio.
Outro bo exemplo de non empregar Galiza nos actos públicos é o propio Ferrín, aínda este sábado nos Premios Nacionais da Cultura.
A importancia de saber como nos chamamos é fundamental, sen iso namais comezar non se vai a ningures. A resposta témo-la no propio Castelao que fixo o “Sempre en Galiza” e tamén o “Atila en Galicia”.
PD: Como di Moraima… Cal é o premio?
11. lurinha | 5/Agosto/2008 at 13:27
Há cousas nas que coincido contigo:
Entretem-me muito o lercheio, e penso que tem umha dupla face, segundo como se veja:
Pode ser um aborregamento, ou umha terápia para não falar mal dos vizinhos. Desde que há esses programas, a gente fala mais da Pantoja que das misérias do vizinho e não é que eu tenha nada em contra da Pantoja, nem a favor, nem na contra, aparte de que não gosto do que representa, mas é que o pobre do vizinho não cobra nada para que o espelejem.
Gosto muito do “Sé lo que hicisteis” da sexta.
As crónicas Marcianas eram frikis demais para mim e o tomate, umha de cal e outra de areia. Havia cousas que sim, e outras que não.
De todos os jeitos, como gosto de teatrinho da vida e das personagens, disfruto quando vejo cousas curiosas.
Concordo contigo em que ver a TV portuguesa na Galiza, daria muito mais jogo a todo o mundo e a todo o abano de interesses. Seria fixe.
Fui urbana três anos, quando vivi na cidade mais luminosa dos anos 80 : Barcelona. Mas era umha Barcelona que tinha também umha dupla face:
Era tremendamente urbana: Pudem ver a Miles Davis, a Tete Montoliu e a muitos mais tocando pertinho de mim, vi a primeira montagem de “La Fura dels Baus”, de Dagoll Dagom,Els Comediants na noite de São João polo monte de Premiá com seu espectáculo de lume, o Entrudo de Sitges, com os travestidos e os gays com avios marabilhosos de plumas de marabù, a Jaume Sisa numha taberna tocando , fum à Ópera, vi bailar a Antonio Gades…Assim até cumplir as minhas espectativas vitais de cultura e espectáculos em três anos.
Mas também a cidade, por aquel tempo, tinha umha face rural em cada bairro. O meu, era como a minha aldeia, só que a cinco minutos em metro do omphalos, o embigo do mundo onde convivia a Corte dos Milagres mais fascinante.
Logo vivi em outros lugares, mas sempre em vilas pequenas ou no rural.
Na Corunha morei, que não vivi, 14 anos e, ao contrário de Barcelona, é a cousa mais deprimente e menos auténtica a nível vital. A cidade dos maniquís. A arquitectura, é preciosa, onde se conserva e as pessoas, umha a umha, muito amaveis. Mas, se olhas no conjunto, é totalmente artificial e artificioso.
Em Compostela, morei, que não vivi, porque tinha a casa numha urbaniçação muito linda, cheia de árvores, mas tão aborrecida como umha massa sem levedar. Ainda bem que ia trabalhar a Dodro e alí a gente tinha muito que oferecer: Autenticidade.
Guardo muito agarimo e lembranças da gente de Dodro e da formosa Branha de Lainho, desembocadura do rio sagrado, o Ulha. Umha espécie de Ganges esquecido. Mágoa que as incinerações sejam da FINSA e não permitam incinerar mortos. Eu escolheria esse lugar para a minha, quando me chegue o momento.
Agora vivo na minha terra: A Costa da Morte. Não me posso queixar de não serem auténticos. São verdadeiramente tal e como recordava desde há 23 anos. Auténticos e sem pinturas.
Espanha, francamente, não sei o que é. Trabalhei com companheiros andaluces, canários, extremenhos, astures, valencianos, catalães, euskalduns,francesses, navarros, bereberes, árabes…Não percebi nada em comum entre os chamados “espanhois” além do nome.E a declaração do IRPF, quando chegava Junho. O agarimo e a amizade era com as pessoas.
Entre os “espanhois” havia tantas diferenças no jeito de ver a vida, de falar, de afrontar as situações, que para nada me sentia “espanhola”.
,
Cuando se referiam a mim com essa palavra, sentia-me estranha e totalmente alheia a essa ideia de totalidade.
Para mim, Espanha é umha enteléquia que fez morrer a tanta gente e escravizou a tanta outra ao longo da história, que, só com ver umha bandeira espanhola de tamanho maior do normal, dão-me arrepíos. Aí coincido totalmente com Pepe Rubianes.
Bom. Espero não vos ter cansado com as minhas refleixões de velha gaiteira rural.
,0000
12. alema | 5/Agosto/2008 at 13:35
#11 non, lurinha, ti nunca aburres…
13. lurinha | 5/Agosto/2008 at 14:40
Ô obrigada!
Vous êtes trés gentil.
14. Luis_en_tránsito | 5/Outubro/2008 at 13:47
Fans, fans, fans ….. apúntome a case todo
Pero o de bicho raro ue non o vexo , puro sentido cumún paréceme
15. Kandpalleiro | 17/Outubro/2008 at 6:16
Pois eu, aínda que che sente mal, concordo en varios puntos deste “ideario” feito de proclamas mais como mercede á xenética e á experiencia vital non somos todos o mesmo teño as miñas diferencias.
En todo caso gosto do teu blogue “malo”, voltarei.
16. Baro | 8/Novembro/2008 at 13:08
Encantame ver unha web sobre o galego e que non esté chea de estrelas vermellas polos currunchos (metaforicamente faltando). Segue así! Defendendo o galego histórico (o resultado da historia, non o de fai 8 séculos)
17. alema | 8/Novembro/2008 at 13:53
#16 graciñas baro! pois xa sabes… pasa por aquí cando poidas porque… estamos rodeados!

18. xaquin | 21/Decembro/2008 at 23:35
¿ e ti chamaste bicho raro? pois anda que non somos poucos……os que son menos creo que son os outros, mal que lle pese.
Tou totalmente de acordo con Baro (16#)
19. E | 29/Xaneiro/2009 at 23:32
Pois se virades como son de malas as canles de tv portuguesas, seguro que non suspirábades tanto por elas…fanvos un favor non deixándovolas ver oh!
20. Beluka | 11/Febreiro/2009 at 10:00
Vale, ahora si que son fan, espero non olvidarme de pasar por aquí.
Apertaas!
21. xabier | 5/Agosto/2009 at 16:40
alema, so tes un problema, os galegofalantes urbanos normalmente dades moito o “cante” ghegheghe
Deixa un comentario
HTML permitido:
<a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <strike> <strong>
Trackback deste artigo | Subscribirse aos comentarios mediante RSS