O Osiño Gominola aparece no PGL…
pero só cando vira reintegrata :D
9/Decembro/2009
Nunha visita fortuíta ao PGL (Portal Galego da Língua, máximo órgano de expresión do reintegracionismo moderno) descubro que está na súa portada (na capa, para os que non entendan) o famosísimo Osiño Gominola! E ao ladiño mesmo dunha interesantíssima vídeo-entrevista ao presidente da AGLP, o profesor Monteiro Santalha, nada menos!
Curiosa política informativa a do PGL, que só inclúe o vídeo do Osiño Gominola agora que fixo a viragem reintegrata! Porque, que lembremos, cando o Osiño saíu meténdolle caña ao reintegracionismo, non houbo nin unha triste mención… nin na capa nin na espada.
Ai, ai… Doces reintegratas!
Artigo gardado en: fricadas, lingua, reintegratas




6 comentarios Deixa o teu comentario
1. Modesto | 9/Decembro/2009 at 21:28
Non está nada ben informar dunha reacción sen ter informado antes dos feitos da “outra parte”
2. alema | 9/Decembro/2009 at 21:33
iso digo eu
xD
3. joãm | 10/Decembro/2009 at 1:33
Quem cho ía dizer, ai, aleminha, hehe…
4. Galeguzo | 10/Decembro/2009 at 14:54
1.- O vídeo leva na capa duas semanas.
2.- Não há informação de nada, e portanto não há partes. Apenas existe um vínculo para um fio no fórum do PGL: http://www.pglingua.org/foros/viewtopic.php?f=1&t=1208&p=17126#p17126
3.- Ao PGL não chegou nenhum correio de críticas sobre o tramento informativo (que por outro lado, insisto, não existe) do vídeo. Poderia parodiar a Modesto e Alema e dizer que não está bem queixar-se em lugares alheios antes de contatar primeiro os aludidos
5. bertus | 10/Decembro/2009 at 19:26
que lle pasa ao Santalla na boca? moito absorbe!
6. joãm | 10/Decembro/2009 at 21:34
Home, e que se houvesse que fazer referência a partes implicadas anteriores, haveria que falar da versom original do Gummy Bear, e tampouco che é.
Deixa un comentario
HTML permitido:
<a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <strike> <strong>
Trackback deste artigo | Subscribirse aos comentarios mediante RSS