Imprescindible para saber portugués: coñecer “a manipulaçom” dos medios de comunicación lusos
Un amigo meu que quere estudar portugués na Escola Oficial de Idiomas de Santiago quedou abraiado cando consultou os contidos didácticos que aparecen no programa, escrito en “português da Galiza“. Certo é que para coñecer a cultura dun país está moi ben achegarse á súa realidade, á súa cultura… Pero este punto do programa non parece un pouco excesivo?
“Meios de comunicaçom e manipulaçom (a cor política dos jornais e televisons em Portugal). Conhecer líderes políticos portugueses“. (pax. 85)
Que pasa? Para aprobar portugués na EOI de Santiago hai que saber os líderes políticos portugueses? Hai que coñecer a cor política dos xornais e televisións? Hai que controlar de medios e “manipulaçom“?
Outra perliña do programa está algo máis adiante:
“O mundo do emprego em Portugal e o Brasil. Problemas sociais ligados ao emprego. Sindicatos portugueses e brasileiros, principais conflitos laborais.” (páx. 142)
Polo que se ve, tamén debe ser importante coñecer os principais conflitos laborais da lusofonía para sacar boa nota no curso. De feito, a unidade 7 titúlase “Vamos para a greve!“. E que conste que a palabra “greve” tamén aparece noutros puntos do programa, nos que se lles pide aos alunos:
- “Detater (sic), após a leitura de várias notícias, os prós e os contras de umha iniciativa social, umha greve…”
- “Perceber, através de várias notícias, os prós e contras de umha iniciativa, umha greve, um debate social”
- “Conversas de rua à volta da greve”
- “Encenaçom de debate parlamentar: prós e contras da última greve em Portugal.”
E eu digo. Tanta “greve” non é algo “grave”?
PERO DE QUE VAN?
Noutros idiomas (francés, inglés, alemán) tamén se centran nestes aspectos extra-lingüísticos? Porque unha cousa é coñecer algo da cultura do país de orixe, pero outra entrar en detalles tan irrelevantes no ensino dunha lingua. Para saber portugués hai que pararse nesas chorradas? Para que queren saber os alumnos de greves e de manipulaçons mediáticas en Portugal?
5 comments Novembro 24th, 2009


