Arquivo de Outubro 2009

Escándalo: prohiben poñerlle un nome galego (Diego) a un neno portugués

A xustiza portuguesa acaba de negarlle a uns pais portugueses a posibilidade de chamarlle Diego ao seu fillo (ver noticia). Como xa explicamos aquí varias veces, a lexislación portuguesa prohibe expresamente que as crianças portuguesas poidan ter nomes non portugueses… e aí están tamén incluídos os galegos. A suposta unidade lingüística entre o galego e o portugués non se aplica… porque Diego, non só é un nome espanhol: tamén é un nome galego.

Atención ao argumento da xustiza portuguesa: Espera-se que os Diogos sejam portugueses e os Diegos sejam espanhóis, ou melhor, espera-se que os portugueses não sejam Diegos. Qualquer inversão desta relação entre nomes e nacionalidade é tida como perturbadora“.

E o mellor de todo é que os lingüistas do país veciño, lonxe de aprobar que Diego é un nome galego-portugués, simplifican todo dicindo que o único válido en portugués é o Diogo, e que o Diego é “espanhol”. Asúmano dunha santa vez: en Portugal, todo o de fóra é “espanhol” e nin sequera paran a pensar se é galego ou non.

En fin, agora só cabería esperar que aqueles sectores que apoian que o galego e o portugués son a mesma lingua inicien unha campaña para corrixir semellante inxustiza, que impide a difusión de nomes galegos en Portugal.

Diego é galego!!!!

E onde dixen digo, digo Diego… e non Diogo

22 comments Outubro 18th, 2009

Curso acelerado de VOCÊ para neo-reintegratas

Ola, amiguiños. Só unhas palabriñas para recordarlles aos novos conversos unha lección básica de lingua portuguesa: o VOCÊ… Si, si… v-o-c-ê, con C normal e acento circunflexo no e.

É que xa estou ata o c****** de ver deturpacións aberrantes da lingua portuguesa. Así que… Xa sabedes, amiguiños: escribir calquera destas palabras é super-pecado mortal.

voçé

voçê

vocé

voçè

vocè

vocè

vosé

vosè

vosê

boçé

bosé

bosê

boçè

bosè

boçê

En portugués escríbese você!!! Estamos???!!!! >:(

De todos os xeitos, sempre é recomendable falar e escribir como a xente: vostede, que non dá problemas ortográficos innecesarios en galego (salvo que hai que recordar que se escribe con v, claro).

10 comments Outubro 14th, 2009

AGLP: un ano de brasa da boa e oitocentas palabriñas que ninguén consulta

Xa pasou un aniño desde que aquela sesión inaugural da flamante AGLP (Academia Galega da Língua Portuguesa, non confundir con outras entidades homónimas) e pouca cousa cambiou desde aquela. Bueno si… parece ser que un primeiro dicionario portugués (o da Porto Editora) inclúe xa a famosa lista daquelas 500 palabras “xenuínas galegas” (que logo pasaron a 800 dadas as críticas). Así a todo, o galego debe seguir sendo, para a AGLP, unha lingua de pouca categoría, dado que ese mesmo dicionario inclúe outras 5.000 palabras “xenuínas brasileiras”. Debe de ser que os brasileiros son máis en número e máis listos porque foron capaces de xerar ata seis veces máis verbetes… e iso que o portugués europeo e o portugués brasileiro si que son a mesma lingua! A nós póñennos de favor, e despois de dar moito a vara, 800 palabriñas, e os portugueses regálannos tooodos os castelanismos -disimulados con nh e lh, iso si- que incorporaron na súa lingua. Iso si que é bo negocio.

Pero vaia, fóra de trocas altamente descompensadas e logros pírricos coma este, a realidade segue sendo moi teimuda. Os portugueses verán os verbetes galegos nos seus dicionarios como algo folclórico (na vida empregarán esas palabras nin as van estudar nos seus centros de ensino), e os galegos seguirán indo a Portugal ou ao Brasil entendendo menos do que lle entenden a un andaluz ou a un ecuatoriano, por moito que se repita a mesma canción de sempre e bla bla bla (insíranse aquí as típicas trolas que por moito que se repitan seguen sendo trolas). Os portugueses van seguir indo á súa bóla, e aos galegos non lles vai quedar outra que defender a súa lingua (si, si… a súa, non unha sucursal dunha lingua allea) polos seus propios medios, sen esperar polo famoso primito de Zumosol (a palabra curmãozinho, a día de hoxe, segue sen entenderse en Portugal).

11 comments Outubro 12th, 2009

Espléndida Nélida Piñón

A escritora brasileira de orixe galega Nélida Piñón deixa claro no ‘Xornal de Galicia’ que o galego e o portugués NON SON a mesma lingua. Enmárquese:

O galego é unha lingua de seu, soberana, coa súa cultura e a súa literatura, coas súas reclamacións propias. Unha lingua distinta do portugués, que sobreviviu grazas aos seus intelectuais.

Pouco máis hai que engadir. Non coñezo moito a obra desta muller, pero chámame a atención que mantivese o ñ galego en Piñón e non fixese experimentos co seu apelido (Pinhom, Pinhão, etc) como fan aquí moitos co seu.

10 comments Outubro 12th, 2009


AVISOS

Últimos comentarios

E ti que galego falas na escala de alema? aquí

Mini-chat

Latest on Mon, 00:28

aita: hai alguén aquí? teño unha dúbida: cando se usa 'ó' e cando 'ao'

magnummare: ... un que funcione, porque xa vexo que o teu no vai moi ben... XD XD

magnummare: Señor alema!! com introduciu iso que ten ai de "este blog en portugues automatico"? grasias de antebraso!! :P

Yuji: Obrigado Aloquete. Vou colocar na minha lista pra quando pedir livros galegos! :) Ah sim, e achei um artigo seu sobre literatura galega em Portugal, [...]

Aloquete: Yuji, um romance magnífico é PAPAVENTOS, de Xavier Queipo. Cosmopolita, mas galego de cima a baixo.

» Escribe algo



Featured Advertiser

Artigos recentes

 

Outubro 2009
L M M X V S D
« Set   Nov »
 1234
567891011
12131415161718
19202122232425
262728293031  

Categorí­as

Tags

Meta