Yolanda Castaño e o programa ‘Cifras e Letras’ da TVG apoian o ‘bueno’
Con alegría leo hoxe en La Voz de Galicia que temos dous grandes apoios na causa ‘bueno é galego’ (1357 membros xa): por un lado a poeta e presentadora Yolanda Castaño e por outro o programa ‘Cifras e Letras’ da TVG no seu conxunto. Sabémolo grazas a unha entrevista do xornalista Nacho Mirás a YC, onde di o seguinte:
-[...] «Bueno» é galego?
-No programa temos unha plataforma para reivindicalo. O noso guieiro espiritual é o defunto Manuel María, que dicía «bueno»; iso si, con «e» aberto [ri].
Tooooma castaña! Cada día un pasiño máis cara á oficialización do bueno! E cada día con apoios máis relevantes! Arrrrrriba o bueno e abaixo o repugnantismo! A vitoria está máis próxima!

5 comments Setembro 21st, 2009


