Xa está aquí o logo oficial da campaña ‘bueno é galego’
Cortesía de Maceirax, que é todo un artistazo, aquí está o logotipo oficial da campaña ‘bueno é galego‘, moi groovie por certo. A mágoa é que o verán está para acabar e que non dá tempo para facer camisolas (ou ‘t-shirts‘, en reintegrata). Lamentablemente, segue sen haber resposta da Rúa das Tabernas, así que haberá que seguir insistindo para conseguir a plena galeguidade do bueno. Bueno, a espera lévase mellor con este superlogo do Maceirax.

31 comments Setembro 4th, 2009


