“Aprender es enriquecer”: unha nai castelanfalante e o verdadeiro bilingüismo

15/Xuño/2009

Hoxe quedei cunha amiga miña superpija e supercastelanfalante ela coa que me reúno para tomar café un par de veces ao ano ou así. É polo xeral unha tipa bastante tolerante dentro do seu círculo, pero esta tarde sorprendeume -e moito- cando abordamos a cuestión da enquisa esa que lles están facendo aos pais co tema do galego, do castelán, etc. etc. Bueno. O caso é que, cando me contou a súa postura ao respecto, quedei bastante flipado coa defensa que fai do galego, ela que rara vez a escoitei pronunciar unha simple frase no meu idioma materno. Deixoume ler o cuestionario que estes días vai entregar no colexio e sorprendeume tanto, que lle pedín que me deixase publicalo. Pois aquí está. Isto é o que puxo no apartado “observacións”:

“Aprender es enriquecer. Las lenguas se aprenden hablándolas. Creo que la utilización de las lenguas tiene que hacerse de una manera ecuánime, utilizándose en este caso en un 50% para cada una de ellas. Y lo más importante: creo que lo adecuado es que los niños aprendan el galego como una lengua nuestra, no como extranjera. Todo cabe en el saco. No utilicemos la lengua para hacer política y sí para entendernos.

A miña amiga, a diferenza de min, aprendeu o galego como unha lingua estranxeira e non quere que ao seu fillo lle aconteza o mesmo. Eu creo que, por veces, sente que lle gustaría ter a fluidez en galego para falar con xente coma min, que nunca nos pasamos ao castelán con persoas galegas. O seu fillo é afortunado. Polo menos súa nai é consciente de que a el tamén lle pode pasar o mesmo. Oxalá moitas nais e moitos pais castelanfalantes o teñan presente cando cubran o famoso formulario. :)

Artigo gardado en: dicionario pijo/relambido/queique, lingua, política

9 comentarios Deixa o teu comentario

  • 1. llik  |  15/Xuño/2009 at 23:29

    Creo que estou bastante a favor do que di a tua amiga, miña non é galega, meu pai si. Dende cativa falei con miña nai en castelán e en galego co meu pai, vivo nunha área que é prácticamente galegofalante 80%, e considero a miña lingua materna o galego, ainda que son competente en ámbalas dúas.
    Por outra banda, coido que na Galiza o entorno en xeral é máis castelan: os xornais, as televisións, as series, e mesmo os carteis da rúa, as publicacións… e un case infinito sinfin… todo o mundo (queirao ou non) é practicamente de xeito pasivo competente en castelán, non é así o caso do galego

  • 2. meninheira  |  16/Xuño/2009 at 9:08

    Non vos fagades ilusións, aínda non coñezo ningún neno nun entorno urbán que ós 4 anos non se pasara ó castelán. :(

  • 3. O Peto Lareto  |  16/Xuño/2009 at 18:47

    ¿En que consiste iso de pasarse ó Castelán?
    Eu falo de toda a vida Galego e Castelán sen plantexarme moito a língoa na que me desenvolvo. Máis agora que vivo na terra do Rei Fernándo.
    Non me traduzo no maxín dunha a outra lingua, falo sen máis e dende on hai moito son consciente de que troco a estrutura do que digo de xeito automático e inconsciente.

    Vai ser iso, vai ser que son un inconsciente…

  • 4. Prosciutto  |  16/Xuño/2009 at 20:15

    Veremos o que acontece, veremos…

  • 5. Mariñá  |  17/Xuño/2009 at 0:51

    As cousas non son tan desiluionantes como as pinta meninheiraa. Posibelmente haxa moitos que se pasen ao castelán a certas idades, por amizades, polo ensino, mais non perden nunca esas competencias en galego e despois un pouquiño máis grandes xa irán asentando os seus hábitos lingüísticos.
    O problema é que moitos cativos urbanitas non saben falar galego e esas aulas de infantil en galego de cuxa existencia me acabo de enterar supoñen un avance.

  • 6. Pirucha  |  17/Xuño/2009 at 11:15

    20X: Manifestación en Arteixo por un ensino libertario
    http://www.cntgaliza.org/?q=node/834

  • 7. O Peto Lareto  |  17/Xuño/2009 at 15:52

    #6
    ¿Qué é un ensino libertario?

  • 8. meninheira  |  18/Xuño/2009 at 22:45

    Nas cidades efectivamente hai moitos nenos que non só non saben falalo senón que non o entenden ben. Palabras como xoaniña para eles son ladybug.

    Mariñá, é certo que a lingua lles queda dentro pero xa che digo que a día de hoxe non coñezo a ningún que non abandonara o galego para falar castelán e non é a escola, acontece ós 3-4 anos, eu tamén pensaba que tiña a ver coa escolarización mas xa comprobei que non é así.

  • 9. Pirucha  |  19/Xuño/2009 at 15:51

    #7
    um que não é autoritário

Deixa un comentario

Obrigatorio

Obrigatorio, oculto

HTML permitido:
<a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <strike> <strong>

Trackback deste artigo  |  Subscribirse aos comentarios mediante RSS


AVISOS

Últimos comentarios

E ti que galego falas na escala de alema? aquí

Mini-chat

Latest on Mon, 00:28

aita: hai alguén aquí? teño unha dúbida: cando se usa 'ó' e cando 'ao'

magnummare: ... un que funcione, porque xa vexo que o teu no vai moi ben... XD XD

magnummare: Señor alema!! com introduciu iso que ten ai de "este blog en portugues automatico"? grasias de antebraso!! :P

Yuji: Obrigado Aloquete. Vou colocar na minha lista pra quando pedir livros galegos! :) Ah sim, e achei um artigo seu sobre literatura galega em Portugal, [...]

Aloquete: Yuji, um romance magnífico é PAPAVENTOS, de Xavier Queipo. Cosmopolita, mas galego de cima a baixo.

» Escribe algo



Featured Advertiser

Artigos recentes

 

Xuño 2009
L M M X V S D
« Mai   Xull »
1234567
891011121314
15161718192021
22232425262728
2930  

Categorí­as

Tags

Meta