Ultrarreintegrata pide asilo en Portugal

11/Xuño/2009

A lei de alema -”reintegracionismo chama a máis reintegracionismo”- acaba cumpríndose sempre… e nalgúns casos con drama incluído. Tal é o caso do profesor José Luis Fontenla, vello coñecido deste blog polas súas polémicas declaracións sobre a normativa AGAL (que chega a cualificar de “portunhol 2″), e que agora é actualidade porque, coitado el, pide asilo político en Portugal.

Este home, presidente da chamada Comissão Galega do Acordo Ortográfico da Língua Portuguesa e prototipo da categoría 10 na escala de alema (”os galegos teñen que falar portugués”) séntese perseguido pola policía secreta española, que seica non ten cousas máis interesantes que facer que revisarlle o correo e confiscarlle libros… E iso que este individuo disque reside desde hai dúas décadas en Portugal!

Pero bueno… Cara a isto vai irremediablemente o reintegracionismo. Recordo que, cando hai xa un ano saquei á palestra as declaracións deste home, houbo algún reintegrata amigo que me chegou a dicir: “home, está claro que sempre hai máis papistas ca o papa” en referencia ás teses ultralusistas do profesor Fontenla. Infelizmente, un ano despois, só me queda constatar que a maioría dos practicantes do nh camiñan irremediablemente cara á fusión total co portugués, cara a adopción do padrão portugués para o galego (un dos alcumes de Fontenla é “João Padrão”, que manda truco!), coa creación de entes como a AGLP.

E de que maneira reage “a comunidade” ante tal notición?
- Boa parte dos chuceiros, cada vez máis botados ao monte, solidarizándose e crendo esta historia para non durmir
- E os portugueses que comentan nas webs que publicaron a noticia, flipando a cores
…Bueno, todos menos un, que desde o Alentejo -terra natal do querido aloquete :D - asegura:

“Não só se deve dar asilo politico como financiar as actividades dos grupos separatistas da Galiza que querem a união com Portugal. Mas era preciso um governo com tomates [="collóns", por se alguén non entende] para o fazer, não um de rabichos!”

Como se pode ver, ilusos hainos en todas as partes. En fin.

PD: Non será que os Correos de España lle confiscaron a Fontenla os libros ao ver que os enderezos estaban escritos en reintegrata hard-core? :D  Non. Sempre é máis fácil crer en consparanoias.  xD

PD2: Será que o Fontenla (ou Fontela, como aparece nas notícias) tivo un ataque de lusismo cando viu que un avogado que curiosamente se chama igual ca el -curiosamente el mesmo figura como  avogado nalgunhas biografías- aparece nunha páxina de “avogados de España”, con bandeira roji-gualda incluída? Ou que actuou así ao comprobar que ten entrada propia na wikipedia española, a dos topónimos deturpados?  :D  José Luis Fontenla, ese home que aparece en galegos.info cun correo electrónico moi rechamante (no que se conxugan as palabras “lusismo” e “negocio”) e que, a pesar de que reside en Portugal, ten tamén enderezo e teléfono en Pontevedra…

PD3 E falando de todo un pouco, leo tamén en chuza! que os de Ceivar están publicando un texto-tipo para recorrer as multas que recibiron “dúzias de ativistas da língua” a raíz dos lamentables sucesos do 8F. Sen entrar no fondo da cuestión… Non parece curioso que esas cartas estean redactadas en precioso galego RAG? Se o reintegrata é admitido pola xustiza -como aseguran os reintegratas- porque non a empregan en casos coma este? Podían seguir o exemplo do Fontenla: redactar os recursos en reintegrata e, no caso de que non sexan admitidos, pedir tamén asilo en Portugal:D

Artigo gardado en: fricadas, lingua, política, rede, reintegratas

26 comentarios Deixa o teu comentario

  • 1. Cesare  |  11/Xuño/2009 at 22:46

    LOL LOL LOL

  • 2. Tarabela  |  11/Xuño/2009 at 23:48

    Por enganchar co fío do que escribiu SubitamenteNormal no post anterior (#44):

    “eu creo que a estratexia galego oficial nestes últimos 30 anos non conseguiu os obxectivos que pretendia.
    Baseábase basicamente na identidade: o galego é o idioma dos galegos por tanto hai que mantelo.
    É o momento de mudar de estratexia, e iso ven da mao do reintegracionismo”

    aventúrome a propoñer que talvez a solución estea en que todos os reintegracionistas, xa que tenden á categoría 10 na escala de alema, pidan asilo político en Portugal. Isto, xunto coa vontade de todos os isolacionistas de escribir e falar con corrección na norma oficial, daríalle ao galego algo máis de credibilidade e pode que se mellorase no obxectivo de facer “normalizar” a lingua. ;)
    P.S. Para os suspicaces: todo isto é “piada”, por non chamarlle retranca. Porque ao paso que van as cousas, aínda habemos de ter que pedir asilo político todos os galegofalanes en Portugal. Igual que recoñeceron o mirandés, pode que recoñezan tamén o galego RAG. :)

  • 3. moinante  |  12/Xuño/2009 at 0:14

    Un 10 alema. E tes razón niso de que en Chuza cada vez están máis votados ao monte. Xa ven conspiracións xudeo-masónicas cada dous por tres.

    Menos mal que Cesare de cando en vez aínda pon un pouco de orde (a cambio de que o acribillen a negativos, iso si).

  • 4. Mariñá  |  12/Xuño/2009 at 14:20

    O alentejano máis que iluso, anda algo desorientado. Eses grupos (así en plural) dos que fala son separatistas e anexionistas ao mesmo tempo.

  • 5. magnummare  |  12/Xuño/2009 at 19:13

    A cousa non sei se é certa ou non, mais a min o que me chama a atención é que na RTP incluisen a nova na sección “Acordo Ortográfico”! XD XD

  • 6. Aloquete  |  12/Xuño/2009 at 21:36

    Este alentejano (eu, para que se entenda) anda perplexo. Mas atentíssimo. Detesta sim, e figadalmente, a tipos pedantes.

  • 7. gelo  |  12/Xuño/2009 at 22:12

    #6Edito a dupli

  • 8. gelo  |  12/Xuño/2009 at 22:14

    #6 “Detesta sim, e figadalmente, a tipos pedantes.”

    Não é de estranhar ;)

  • 9. Alejandro Miquis  |  12/Xuño/2009 at 23:21

    Non sei a vostedes, pero a min isto paréceme unha estrataxema (moi inxenua, abofé, e supoño que infrutuosa) para provocar un conflito diplomático entre España e Portugal… ou cando menos para botar a semente de futuros conflitos. E engado que entre os comentaristas da nova hai quen camiña nesa dirección; véxase, por exemplo, o que escribe un tal Carlos, de Vigo:

    “Não é uma questão isolada. Os galegos precisamos da ajuda do Estado e sociedade portuguesa no nosso empenho contra o imperialismo espanhol, na Galiza esta-se a cometer desde há séculos, como já foi aqui referido, uma perseguição cultural que visa o banimento da língua galega, que é portuguesa, e a simples substituição pelo castelhano. A Galiza continua a ser lusófona…por quanto tempo é que não ainda não sabemos. Viva Galiza. Viva Portugal!!”

    Addenda:

    Digo eu que o comentario do fulano que asina como “Jaroslav Bruckner” debe de ser brincadeira, inda que de moi mal gusto…

  • 10. gelo  |  12/Xuño/2009 at 23:51

    #9 Mais conflito fijo o português Graça Moura com o partido no governo de Espanha e não se passou nada com alema.org e o português Aloquete.

    Pedir assilo:mal
    Impedir o galego na escola: pssss…

  • 11. alema  |  12/Xuño/2009 at 23:56

    impedir o galego na escola: FATAL

    non enrede

  • 12. gelo  |  13/Xuño/2009 at 0:14

    #11 –> #10

  • 13. Alejandro Miquis  |  13/Xuño/2009 at 10:42

    # 10

    Sr. Gelo:

    Ao Alema non o vou defender, porque xa sabe facelo el (cfr. # 11). Falarei, pois, de min. Saiba vostede que o meu xuízo sobre as decisións do Goberno de Feijóo en materia de política lingüística (e noutras que non veñen ao caso) é absolutamente condenatorio. E para que non haxa dúbidas, copio a seguir un fragmento do comentario que fixen ao post “‘El-Rei’ tampouco fala galego (ou si?)”, publicado polo Alema o 28 de abril:

    “Amigo Alema, as túas palabras dan a entender -coido eu- que o novo Presidente da Xunta anda a botar sal “na ferida da lingua” por puro accidente, ou porque non está ben aconsellado. Gustaríame crelo, pero non podo. Eu creo que D. Alberto botará o sal a mancheas, porque está convencidísimo -con razón ou sen ela- de que a oposición aos avances na normalización do galego foi unha das claves do seu triunfo. De modo que, se non se produce un milagres, vai darnos moitísimos desgustos a todos os que queremos que os nosos fillos poidan vivir en Galicia falando en galego”.

    De xeito que, pola miña parte, ningunha compracencia cara o Goberno que nos tocou en sorte (?) o pasado 1 de marzo. Ora ben, esa radical discrepancia non me obriga a aplaudir discursos da caste do que reproducín no meu comentario de onte á noite. Estou firmemente convencidos de que esa linguaxe (¡ollo!, non me refiro á grafía) é contraproducente, e de que a maioría dos galegofalantes a considerarían… simplemente lunática.

  • 14. Onimirfo  |  13/Xuño/2009 at 10:49

    Alema, vou ser franco e nom vou dizer mais nada sobre esta questom:

    é muito triste que que utilizes um simples caso PSIQUIÁTRICO (estou a falar do SOFRIMENTO duma pessoa ofuscada polos seus delírios paranõides) para fazer troça do reintegracionismo. Por muito que as suas alucinações toquem o nosso tema e a ti isto che pareça engraçado.

    A sério: nom vale tudo. Há assuntos que nom se deveriam tratar com tanta frivolidade. Nom é nem elegante nem ético.

  • 15. gelo  |  13/Xuño/2009 at 11:19

    Sr. Miquis,

    Ninguém que anda no circo de alema.org gosta da política de Feijóo mas isso nada diz da linha editorial do Alema muito mais preocupadao polo “carriño da compra” do Xurxo Souto http://alema.org/2009/01/06/jurjo-e-o-carrino-da-compra/ do que do encerramento de “Aberto por Reformas” ou mais interessado no lusista que solicita assilo do que nos nomeamentos de tal ou qual sr. na Junta em matéria de política linguística ou educação. Ele tem o seu direito!!

    E, bom, ele concede que gente coma mim faga comentários sobre o repetitivo dessa linha que não contribui em nada para auto-organizarmos-nos na defesa do galego.

    Eu já o dixem muitas vezes neste blog: a sociedade deve organizar-se e não esperar polo “language planning” de administração alguma. Hoje parece que isso já se vê um pouco mais claro. Começamos?

  • 16. gelo  |  13/Xuño/2009 at 11:35

    P.S: Observe os conflitos, REAIS, que certo Portugal (com Galicia Bilingüe) quer com Espanha. Assim, em GB, http://www.galiciabilingue.es/index.php?option=com_content&task=view&id=369&Itemid=1 dizem (sobre a “eleição dos pais” da língua no ensino:

    “Lago pretende que las más de cien mil firmas gallegas sirvan para animar a los parlamentarios europeos a seguir este camino, impulsado por el portugués Graça Moura, con quien precisamente se reunieron representantes de Galicia Bilingüe en Estrasburgo meses atrás para demandarle apoyo a sus tesis.”

    Mas para o Alema isso não merece um post como para o PORTUGUÊS Aloquete não merece um comentário (está atarefado em criticar a AGLP). Agora já, quer faga comentários sobre os comentários que podem aparecer na imprensa portuguesa? Acho que na Galiza temos urgências. Os dipticos dos profissoniais da normalização linguística que deixei aqui:
    http://alema.org/2009/06/06/nova-directiva-da-agal-neo-falantes-pro-aglp-e-poucas-tias-non/

    http://www.coordinadoraendl.org/doc/linguassuman.pdf

    “porque intereses políticos, que non educativos, crearon un problema no ensino arredor das dúas linguas oficiais da comunidade, que pode derivar nunha perigosa fractura social”

    Já estão proibidos como já comentei nesse post:

    “Educación” proíbe o labor da Coordinadora Galega de ENDL e a informação que deixei em #41.

    Mais informação em Vieiros: http://www.vieiros.com/nova/74736/educacion-prohibe-actos-informativos-sobre-as-enquisas-linguisticas

    Mais outro tema sem interesse para os “defensores do galego”.

  • 17. gelo  |  13/Xuño/2009 at 11:36

    #14 Ah! Ainda não conheces Alema?

  • 18. gelo  |  13/Xuño/2009 at 11:50

    Alema, apagam-se-me os comentários!!

    E repito a explicação de #10. Galicia Bilingüe com o português Graça Moura levaram a “questão galega” (e das línguas menorizadas) no ensino ao parlamento europeu. Isso é querer fazer um conflito REAL entre Espanha e Portugal!

    Nem por isso o PORTUGUÊS Aloquete dixo nem chio (ele está mui atarefado a criticar a AGLP). Como também não merece muita atenção do Alema. Cada quem com as suas teimas! como o escândalo, provocação e que tal e que sei eu e à custa do que seja.

    Bem, já temos a consulta (que tampouco merece um post) e repito o que dixem em http://alema.org/2009/06/06/nova-directiva-da-agal-neo-falantes-pro-aglp-e-poucas-tias-non/

    #41

    Saiu o díptico da Coordinadora Galega de ENDL em que fala dos que defendem o galego de quem o “politiza”

    http://www.coordinadoraendl.org/doc/linguassuman.pdf

    “porque intereses políticos, que non educativos, crearon un problema no ensino arredor das dúas linguas oficiais da comunidade, que pode derivar nunha perigosa fractura social”

    #46

    “Educación” proíbe o labor da Coordinadora Galega de ENDL e a informação que deixei em #41.

    Mais informação em Vieiros: http://www.vieiros.com/nova/74736/educacion-prohibe-actos-informativos-sobre-as-enquisas-linguisticas

  • 19. gelo  |  13/Xuño/2009 at 12:08

    Alema, apagam-se-me os comentários!!

    E repito a explicação de #10. Galicia Bilingüe com o português Graça Moura levaram a “questão galega” (e das línguas menorizadas) no ensino ao parlamento europeu. Isso é querer fazer um conflito REAL entre Espanha e Portugal!

    Nem por isso o PORTUGUÊS Aloquete dixo nem chio (ele está mui atarefado a criticar a AGLP). Como também não merece muita atenção do Alema. Cada quem com as suas teimas! como o escândalo, provocação e que tal e que sei eu e à custa do que seja.

    Bem, já temos a consulta (que tampouco merece um post) e repito o que dixem em #41 e #46 http://alema.org/2009/06/06/nova-directiva-da-agal-neo-falantes-pro-aglp-e-poucas-tias-non/

  • 20. gelo  |  13/Xuño/2009 at 12:14

    #41 Saiu o díptico da Coordinadora Galega de ENDL em que fala dos que defendem o galego de quem o “politiza”

    http://www.coordinadoraendl.org/doc/linguassuman.pdf

    “porque intereses políticos, que non educativos, crearon un problema no ensino arredor das dúas linguas oficiais da comunidade, que pode derivar nunha perigosa fractura social”

    #46 “Educación” proíbe o labor da Coordinadora Galega de ENDL e a informação que deixei em #41.

    Mais informação em Vieiros: http://www.vieiros.com/nova/74736/educacion-prohibe-actos-informativos-sobre-as-enquisas-linguisticas

  • 21. alema  |  13/Xuño/2009 at 12:31

    #17
    gelinho
    non inclúa tantos links porque o sistema o detecta como “spam” e non aparecen os comentarios :)
    non hai vontade ningunha de censurar, eh?

    pero que terá que ver, digo eu, unha cousa coa outra?
    1) aquí xa expresei varias veces que me parece desacertada a enquisa de educación, que non ten ningún sentido
    2) tamén fixen un post específico no que sinalei os responsables da politización da lingua (uns e outros = todos). fíxese vostede que a coordinadora di, acertadamente, “crearon un problema” e non sinala o suxeito de “crearon” precisamente para evitar máis politizacións noxentas
    3) o de graça moura non o comentei porque me parece irrelevante e porque, ademais, ao final quedou en NADA

  • 22. gelo  |  13/Xuño/2009 at 12:55

    Um pouco lercha a contestação. Olha:

    1) A “enquisa” sim fai sentido e não tem nada de bom.

    2) De que falas? A Mesa e GB devem chegar a um consenso?

    3) Quando se fala por falar (o lercheio como meio e finalidade) Graça Moura e o parlamento europeu, Espanha, Portugal… tanto tem; Mas um senhor que diz estar perseguido desde os nove anos é… SENSACIONAL!!

    Circo, circo e mais circo. Para quê?

  • 23. gelo  |  13/Xuño/2009 at 13:12

    http://www.xornal.com/media/images//album/20090612/2009061223141737763.jpg

  • 24. Prosciutto  |  13/Xuño/2009 at 13:29

    O de Fontenla é um caso bem particular. Estou com #14

  • 25. Pirucha  |  13/Xuño/2009 at 21:03

    http://agal-gz.org/blogues/index.php/gent/2009/06/12/continuaram-aparecendo-letras-galegas-na

  • 26. SubitamenteNormal  |  18/Xuño/2009 at 16:39

    que machotes sodes!

    que facil é rir dun toliño!

Deixa un comentario

Obrigatorio

Obrigatorio, oculto

HTML permitido:
<a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <strike> <strong>

Trackback deste artigo  |  Subscribirse aos comentarios mediante RSS


AVISOS

Últimos comentarios

E ti que galego falas na escala de alema? aquí

Mini-chat

Latest on Mon, 00:28

aita: hai alguén aquí? teño unha dúbida: cando se usa 'ó' e cando 'ao'

magnummare: ... un que funcione, porque xa vexo que o teu no vai moi ben... XD XD

magnummare: Señor alema!! com introduciu iso que ten ai de "este blog en portugues automatico"? grasias de antebraso!! :P

Yuji: Obrigado Aloquete. Vou colocar na minha lista pra quando pedir livros galegos! :) Ah sim, e achei um artigo seu sobre literatura galega em Portugal, [...]

Aloquete: Yuji, um romance magnífico é PAPAVENTOS, de Xavier Queipo. Cosmopolita, mas galego de cima a baixo.

» Escribe algo



Featured Advertiser

Artigos recentes

 

Xuño 2009
L M M X V S D
« Mai   Xull »
1234567
891011121314
15161718192021
22232425262728
2930  

Categorí­as

Tags

Meta