MNL 5 - GB 1… Now, please, game over!
17/Maio/2009
Xa está. A Mesa pode darse por satisfeita. Quería comprobar o seu poder de convocatoria e saíu airosa. Máis de 20.000 persoas no Día das Letras Galegas fronte ás arredor de 4.000 que reuniu Galicia Bilingüe antes da vitoria electoral do PP (sempre segundo cifras da policía). En proporción, 5-1. Non está mal. Parece evidente que hai máis xente polo labor de normalizar o idioma que persoas que “sofren” por que os seus fillos “padecen” o galego na escola.
Con todo, isto non debería interpretalo a Mesa como que todos os que alí se manifestaron son fans de Callón. Non. A Mesa convoca un acto en defensa do galego e moitos van e saen á rúa en defensa do galego pero non en defensa da Mesa. Coidado con iso. Convén non mesturar, aínda que ás veces pode ser complicado. Eu sigo pensando que este idioma segue necesitando urxentemente dúas cousas: consenso e despolitización. Por iso, unha vez concluído este partido, e vista a goleada, conviría traballar con cabeciña para quitar o galego da loita partidaria e partidista.
Ah! E outra cousa… Non deixa de ser curioso o feito de que a manifestación de GB tivese moito máis eco nos medios españois ca a protesta do 17M, a pesar de que na deste domingo había máis xente. A ‘bulla’, como se ve, vende máis. Esperemos logo que non se volvan repetir as provocacións a quen pensa distinto, máis que nada por se GB quere xogar a revancha.
Ai! Canto necesitamos que o galego non sexa obxecto de tanta discusión! Xa vai sendo hora de que toda esta matraca vaia xa para un segundo plano. A máis silencio, mellor estarán facendo o seu traballo os que loitan por recuperar o consenso arredor do galego.
PD: Dos reintegratas, nicho de mercado de alema.org, xa falaremos outro día ![]()
Artigo gardado en: lingua



22 comentarios Deixa o teu comentario
1. Galeguzo | 17/Maio/2009 at 23:28
Bonita foto a dos reintegratas… ainda que à vista de quem leva a faixa, é de aproximadamente as 12h20, e nós não saímos até as 13h
2. Galeguzo | 17/Maio/2009 at 23:35
Feijóo já sabe que como dê um passo atrás na protecção do galego, terá uma legislatura bem quente.
3. Prosciutto | 17/Maio/2009 at 23:56
Mais uma vez, concordo contigo. Agora, muita responsabilidade por parte de todos.
4. O Apuntador | 18/Maio/2009 at 1:25
Chámame a atención que non aparece na prensa española. Incríbel. Coa matraca que se lle deu a GB. Isto semella unha nova censura. Estráñame que nin Público o dea. E ao meu ver, tiña que estar en portada, carallo. Estraño, a ver mañá que trae.
5. Vixía | 18/Maio/2009 at 1:37
Unha manifestación de compromiso coa lingua galega na que participan cidadáns da talla do Avelino Pousa Antelo, e milleiros de persoas que encherían un estadio como Balaídos, éncheme de orgullo. No entanto, o compromiso da nova Xunta coa RAG faime polo menos dubidar.
6. Galeguzo | 18/Maio/2009 at 9:48
#4 Nos últimos anos o Dia das Letras NEM EXISTE na TVE, a TV que pagamos todos os galegos (e as galegas, claro ;)). Com dizer que nas revistas de imprensa matutinas constumam pôr La Voz de Galicia e que hoje não apareceu… censura??? Que vaaaaa!
7. Mariñá | 18/Maio/2009 at 10:01
Eu sigo pensando que o GB sen incidentes tería moito protagonismo nos medios. Aquela semana farteime de ler entrevistas a Gloria Lago. Para El Mundo non tiña porque ser representativa da sociedade galega, ten que ser útil. Xa volverán ás tebras. Posibelmente a lexislatura de Feijoo sexa o principio do fin. Do Feijoo que dixo na COPE que o que en materia lingüística basicamente ía falar cunha asociación a este que busca consenso, xa hai un avance.
8. Pailaroco | 18/Maio/2009 at 13:53
Gloria Lago di que onte , na manifestación, se proferiron gritos ameazantes contra ela. ¿Sabedes algo diso?
9. baro | 18/Maio/2009 at 13:59
A de GB tivo mais repercusion porque era 100% polémica, entre a provocacion que supoñía a mensaxe e o feito de estar en eleccións, xa sabedes como funciona a prensa.
Ainda que se bota de menos un “hei, uns protestan pola imposicion do galego, pero moitos mais defenden xusto o oposto”.
10. Galeguzo | 18/Maio/2009 at 14:01
#8 Pfff, alguém a dar a nota sempre há, mas desde logo, se os houve, não passaram da anedota (negativa), isso seguro. E à parte, não é tão grave como quando na de Galicia Bilingüe se instou a “botar-nos ao mar” aos galego-falantes (apologia do genocídio??).
11. Pailaroco | 18/Maio/2009 at 20:00
A ver, topei algo sobre esto en Libertad Digital: disque algúns (eles din que eran de Briga e de Nós-UP) berraban “Gloria Lago Pim, Pam, Pum” e “Estamos todos, sólo falta Gloria Lago”. A primeira frase, certamente, non hai dereito a berrala, pero a segunda…¿onde ven a ameaza?
12. Galeguzo | 18/Maio/2009 at 20:05
#11 A saber. À parte, como sabem se eram de Briga ou NÓS-UP? E porque não de AMI? E porque não polícias infiltrados??
13. Mariñá | 18/Maio/2009 at 20:38
Eu o do “pim, pam, pum” non o lin en ningún xornal e iso que hoxe mirei até a Razón. Se o único que o recolle é Libertad Digital, en fin…
Acabo de o ler. De onde sacan que Anxo Lorenzo é nacionalista?
14. Galeguzo | 19/Maio/2009 at 10:15
#13 Tudo quanto não seja adesão inquebrantável ao modelo canónico de estado espanhol é ‘naiconalista’ para a caverna. Se até Jiménez Losantos chegou a insinuar que… FEIJÓO!! estava a fazer cousas próprias dos nacionalistas!!!
15. Pailaroco | 19/Maio/2009 at 13:59
#12 Será que levaban logotipo de Briga ou de Nós na faixa. Ou será un invento, vai ti a saber.
16. Galeguzo | 19/Maio/2009 at 18:04
#15 Tomo nota. Para a vindoura ponho auto-colantes do PP e monto uma bem gorda
17. Vixía | 19/Maio/2009 at 22:47
#16 Se se coou en La Voz de Galicia o vídeo da manifa ridiculista como “biliingüe”, entón tamén nos podemos vestir con símbolos do PP e montar un cristo. Seguro que en Libertad Digital o poñen sen contrastar, están obsesionados coa ideoloxía “nacionalista impositora” de Fraga (!) e Feijoo…
18. sus | 29/Maio/2009 at 1:09
Os de Gloria Lago eran os de Isca, seino porque eu estiven por onde estaban eles. O que non quita que tamén o dixeran outros, claro.
19. sus | 29/Maio/2009 at 1:10
Co anterior comentario referíame aos de “Gloria Lago, pim, pam, pum”
20. Pailaroco | 29/Maio/2009 at 14:09
#18 e #19 Pois tamén puideron meter a lingua no cu. Con esas parvadas dánlle argumentos para facerse as víctimas e póñennos as cousas máis difíciles aos que queremos usar o galego tranquilamente en todas partes sen que nos tomen por radicais violentos.
21. Galeguzo | 29/Maio/2009 at 14:25
#18 Seguro que ouviste bem? Duvido muito-muito que de Isca fizesse alguém tal cousa.
22. BrianK | 26/Decembro/2009 at 2:01
Hello! I’m newbie in Internet, can you give me some useful links? I know only about Yahoo Yahoo http://yahoo.com Yahoo
Deixa un comentario
HTML permitido:
<a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <strike> <strong>
Trackback deste artigo | Subscribirse aos comentarios mediante RSS