Anxo Lorenzo merece unha oportunidade

14/Maio/2009

Vaia, vaia. Parece que os días que hai Eurovisión hai unha manchea de noticias que comentar. Imos por partes.

1) Feijóo nomea a Anxo Lorenzo, un sociolingüista independente de recoñecido prestixio e comprometido co galego, para dirixir a política lingüística da Xunta. A Mesa e o BNG cualifícano de “verdugo” do galego, nada menos. En Galicia Bilingüe tamén están que adoecen. O dos galegófobos enténdoo. O presidente da Xunta nomeou alguén que loitou polo que eles cualifican de “imposición do galego”. O que non entendo é a saña da Mesa. A quen querían que se nomease? Callón respóndeme que non é un ataque persoal, e que a alternativa é un cambio de política. Nomeando o señor Lorenzo, non é logo un cambio de rumbo polo que hai que felicitarse? Cal é logo o candidato ideal da Mesa?

Paréceme algo precipitado xulgar de antemán sen saber cales son os compromisos aos que chegou Feijóo con Lorenzo para que aceptase o posto. Hai que esperar. É certo que hai declaracións de dirixentes do PP que causan certo desacougo (a pretensión de resucitar, por exemplo, a polémica de ‘La Coruña’), pero é certo tamén que de momento as cousas non pasaron de aí, dunhas declaracións. E volvo reiterar o que dixen noutras ocasións: para recuperar os consensos hai que ter mesura, prudencia, siso… e iso vai por todos. Dun lado e do outro. Todos a pechar esas boquiñas e a poñerse a traballar.

Apúntanme que a reacción da Mesa pode deberse a un intento por manter “a tensión” con vistas á manifestación do 17 de maio. Eu creo que é unha estratexia errada. O aspecto reivindicativo dunha manifestación non implica ter que perder os papeis. O normal sería recoñecer a traxectoria do novo secretario xeral, reclamar que sexa coherente co seu traballo anterior e esperar acontecementos. E unha vez dito iso, pode manter con elegancia que seguen vivos os motivos polo que convoca a manifestación do domingo e a outra cousa. O cortés non quita o valente.

2) Os da Gentalha conseguiron o seu elevador (ascensor, en galego). Recadan pasta a velocidade do raio: 10.000 euros en 3 días. Parabéns para eles. Agora, o que podían era organizar unha coleta doutros 120.000 para comprar o famoso dicionario da RAG e colgalo na internet. :D

3) Este ano, o actor Quico Cadaval vai ser o patrón dos reintegratas no Día do Orgulho Lusista e Reintegrata, que se celebra o 25 de maio. :D [Por certo: que pensará o novo secretario xeral de Política Lingüística sobre os reintegratas? Non pararei ata descubrilo]. :D

4) TVE destitúe o xefe de Deportes por non ofrecer os apupos do público ao himno de España. A quen hai que cesar por emitir tenis en vez da 2ª semifinal de Eurovisión? Vergonzoso. Menos mal que nos quedou Portugal (e Andorra) para seguir a retransmisión. Como castigo a rtve, negueime a sentouciñar o festival por rtve.es, que para máis inri estivo colgado media hora. :-P

5) A raíz da idea dun colega, institúo desde hoxe a Igrexa Alemista do Primeiro Bueno, a única igrexa onde todos os crentes son practicantes. ;-) Remember. Bueno é galego. Xa asinamos 1.281 :D

Artigo gardado en: audiovisual, fricadas, lingua, música, política, rede, reintegratas

4 comentarios Deixa o teu comentario

  • 1. Xoán Castro  |  14/Maio/2009 at 23:14

    Toda a razón para vostede sobre (1). Lémbrame a un comentario lido nalgunha rede social un par de días despois do 1-M, sobre se o PP vai gobernar só 4 anos. O comentario viña a dicir “oxalá sexa así, pero Feijoo non é parvo, así que moito me temo que non vai a cagar en ningún punto importante. Aínda é capaz de gobernar ben. Así que nos queda por diante outra longa noite de pedra”.

    Vamos, que se non gobernan “os nosos”, aínda que o fagan ben, éche unha putada e hai que facerlle folga xeral día si e outro tamén.

    Sobre (4), enténdao, a esa hora ía xogar Nadal, pero é tan caralludo que agora dalle por eliminar ós rivais sen ter que facer sequera os estiramentos. Así que é comprensible que os de TVE optaran pola vía fácil para non ter que cambiar o epígrafe “TENIS” no teletexto.

    E sobre (5), ¿hai forma de facer a migración da Igrexa Católica á Alemista sen ter que cambiar de número, dígooo apostatar?

  • 2. Prosciutto  |  15/Maio/2009 at 0:12

    Vaia dia, si! A cousa pom-se bem interessante…

    De entrada, eu vejo bem o nomeamento de Lourenzo. É uma persoa realmente qualificada para assumir Política Linguística. Já deveu ter ocupado o posto co bipartito, na minha opiniom. Morro coa curiosidade por saber as condições que poria na mesa para aceitar a proposta de Feijoo. O que tenhem diante estes dous é um sudoku bem difícil se solucionar… veremos se dam feito! Como acabará a cousa? Só espero que nom tam mal como pinta.

    Parece-me bem a proposta de Alema, si: dar-lhe uma certa margem de confiança a Lourenzo. Ainda que reconheço que o fago com certo cepticismo, mais por responsabilidade do que por convicçom: Lourenzo entra num governo do PP cum conselheiro de educaçom próximo a Galicia Bilingüe, apoiado por um partido com militantes que demandam a diário a derrogaçom da LNL, a oficializaçom de “La Coruña” e outras lindezas em prol da liberdade. Pero o PP é o partido maioritário também entre os galegofalantes. Algúns já petárom na mesa publicamente. Som muitos votos em jogo e o Feijoo ganhou a maioria absoluta por pouco, na realidade, quase inesperadamente para muitos. Quem demitirá ou será cessado antes, Lourenzo ou Vázquez Abad?

    E, elegantemente, lembro que os motivos para nos manifestar o próximo domingo estám bem vivos, bem mais vivos que nunca: se nos fazemos escuitar bem forte, todos juntos, podemos fazer que certas medidas sejam repensadas. E somos muitos… e muitas!

    PD.- O de TVE com Eurovisom nom tem nome, efectivamente.

  • 3. Alejandro Miquis  |  15/Maio/2009 at 17:18

    Concordo plenamente. Compréndese, abofé, que os de Galicia Bilingüe sexan hostís ao nomeamento, porque na traxectoria de Anxo Lorenzo non hai nada que os invite a pensar que coincide con eles. De feito, todo, absolutamente todo indica que as súas posicións distan leguas das de Gloria Lago & Cía. O que non se comprende é a reacción da Mesa. Non estou a pedir, por suposto, que aplaudan a Núñez Feijoo por esta decisión. O único que pido é un chisco de respecto polo currículo de Lorenzo (*), e unha actitude máis cautelosa. ¿Escéptica? De acordo, nada que obxectar, pero cautelosa.

    E máis graves aínda son as palabras de Bieito Lobeira: “Unha persoa comprometida co galego non puede asumir o contexto que está a sementar o PP” (**). ¿Daquela sería mellor que o Secretario Xeral fose unha persoa non comprometida coa lingua? Si, xa sei que o Goberno de Núñez Feijóo tratará de atar o novo Secretario Xeral de pes e mans, pero esperemos un pouquiño antes de cantar… ¿vitoria?

    (*) A min, dende logo, todo iso de “pode ser máis guapo ou máis feo…” paréceme, como mínimo, unha mostra de mala educación. Para amosar a discrepancia non é preciso facer estes xestos de “chulapo madrileño”.

    (**) http://www.elpais.com/articulo/Galicia/Feijoo/aplaza/cambio/modelo/linguistico/busca/consenso/elpepiautgal/20090515elpgal_2/Tes

  • 4. Mariñá  |  17/Maio/2009 at 16:03

    O nomeamento de Anxo Lorenzo, nun principio recibino como unha excelente noticia, agora estou indo cada vez máis escéptica. Parece que esta semana iremos sabendo máis. O tempo dirá.

Deixa un comentario

Obrigatorio

Obrigatorio, oculto

HTML permitido:
<a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <strike> <strong>

Trackback deste artigo  |  Subscribirse aos comentarios mediante RSS


AVISOS

Últimos comentarios

E ti que galego falas na escala de alema? aquí

Mini-chat

Latest on Mon, 00:28

aita: hai alguén aquí? teño unha dúbida: cando se usa 'ó' e cando 'ao'

magnummare: ... un que funcione, porque xa vexo que o teu no vai moi ben... XD XD

magnummare: Señor alema!! com introduciu iso que ten ai de "este blog en portugues automatico"? grasias de antebraso!! :P

Yuji: Obrigado Aloquete. Vou colocar na minha lista pra quando pedir livros galegos! :) Ah sim, e achei um artigo seu sobre literatura galega em Portugal, [...]

Aloquete: Yuji, um romance magnífico é PAPAVENTOS, de Xavier Queipo. Cosmopolita, mas galego de cima a baixo.

» Escribe algo



Featured Advertiser

Artigos recentes

 

Maio 2009
L M M X V S D
« Abr   Xuñ »
 123
45678910
11121314151617
18192021222324
25262728293031

Categorí­as

Tags

Meta