A RAG, a Gentalha e Eurovisión

12/Maio/2009

Hoxe é foi un día moi intenso, cheo de grandes noticias. Como non teño moito tempo, vou resumir.

1) A RAG dá a cara… por fin. Menos mal. Non foi sen tempo. Chegou tarde a reacción, pero chegou. E hai que estar contentos. Polo que se ve no tríptico que publicaron parece que teñen as cousas moi clariñas. A mágoa foi que non as dixeran antes. Pero en fin. Non imos recrearnos no que puido ser e non foi. Hai que mirar cara adiante. A recuperar o consenso e a despolitizar a cuestión lingüística. E da man da nosa autoridade lingüística, non dunha sucursal dunha universidade lisboeta. Por certo: hai por aí quen alucina coas referencias da RAG á “irmandade” coa lusofonía. A ver se se decatan algúns dunha santa vez que defender a aproximación á lingua portuguesa non ten por que equivaler a auspiciar a conversión do galego nun dialecto submiso.

2) Os da Gentalha do Pichel están en apuros. Necesitan 10.000 euros porque din que lles queren pechar o local. Os cartos son para pagar un ascensor para discapacitados, “o último paso para ter todos os papeis en regra”, din. Teñen que conseguir 10.000 euros nun mes, e en só tres días reunir a metade dos cartos. Os que ameazan co peche son os do Concello de Santiago (PSdeG+BNG) pero parece que para os da Gentalha só hai un culpable (o señor Conde Roa, do PP). E eu pregunto… A que vén tanta présa agora? Isto do ascensor era algo que se sabía desde hai tempo ou xurdiu así, de repente? Persecución política por parte do PP? Desleixo por parte da Gentalha? A ver en que acaba todo isto. En fin. Espero que se solucione.

3) Portugal pasou á final de Eurovisión. Estou contento. Prefiro a Soraya antes que a Flor-de-Lis pero alégrome polos nossos irmãos. Empezo a crer, con todo, como Google, que vai gañar Noruega. Xa veremos o sábado.

A continuación reproduzo o comunicado da RAG para que quede constancia que é asumible pola inmensa maioría dos galegos.

Diante dos pronunciamentos e as comunicacións públicas que dun tempo
a esta parte se están a producir arredor da lingua galega, moi especialmente
sobre a súa presenza nas aulas de ensino non universitario, e dada a significación
histórica desta institución fundada en 1906 baixo a presidencia de Manuel
Murguía, constituída a prol da defensa e a dignidade do noso idioma e da nosa
cultura, e depositaria do ordenamento normativo da lingua por decisión do
Parlamento de Galicia e a Lei de Normalización Lingüística (1983), a Real Academia
Galega séntese na obriga e no deber moral de pronunciarse nos seguintes puntos,
que consideramos fundamentais.

1. A lingua galega é unha riqueza, patrimonio común de todos os galegos,
lingua milenaria, posuidora dun rico acervo histórico que nos sitúa en pé
de igualdade entre as culturas todas do mundo. A lingua galega forma parte
consubstancial da identidade e do recoñecemento de Galicia como nación e como
colectividade. Como dicía Ramón Piñeiro, a quen este ano honramos o Día das
Letras Galegas, “para que unha comunidade humana teña categoría de pobo,
para que teña unidade íntima e transcendente, ha de ter unha alma de seu.
E un pobo ten alma de seu cando posúe idioma, cando fala nunha lingua propia,
que tal é o que significa a palabra idioma. A lingua vén a ser a alma viva do pobo
que a fala, vén a ser a súa comunidade esencial”.

2. Como lingua propia de Galicia, o galego dános identidade no mundo, pero
tamén nos relaciona con outros espazos aos que, cumprindo unha función
comunicativa, non queremos nin debemos renunciar. A lingua galega non
é incompatible co coñecemento e o uso doutras linguas, moi especialmente
o castelán, e vencéllanos coa irmandade galego-luso-brasileira, que nos abre
a varios continentes e que nos universaliza. Xunto co castelán, o inglés e o
coñecemento das novas tecnoloxías da comunicación, propias da sociedade global
da que formamos parte, os homes e mulleres da Galicia do noso tempo, cidadáns
dun novo século conscientes do valor do seu idioma, dispoñemos de posibilidades
certamente privilexiadas para nos relacionarmos co mundo e, sen renunciarmos
a nós mesmos, exercer como cidadáns universais.

3. Ninguén é propietario da lingua. Como patrimonio común, herdado dos nosos
avós e dos devanceiros, a lingua é de todos os galegos, mesmo daqueles que non
tiveron a fortuna ou a oportunidade de recibila de seu na infancia. A lingua é un
cemento que nos une, no que nos recoñecemos e que nos proxecta cara ao futuro,
polo que de ningunha maneira podemos aceptar nin discriminacións pola súa
causa nin que se abran fendas na sociedade común, que facemos entre todos,
creando ou promovendo guetos ou espazos estancos. Irresponsablemente
estariamos a producir unha freita social que endexamais existiu e que tería
gravísimas consecuencias para o futuro.

4. A convivencia, o respecto e a harmonía deben presidir en todo momento as
actuacións que arredor da lingua se desenvolvan, tendo unha cousa presente:
un idioma castigado durante séculos, asoballado na súa historia, abaixado na
consciencia dos seus falantes esixe un tratamento activo, unha política estratéxica
e decidida por parte do goberno e da administración, accións que o doten de
recursos para igualalo con aqueles outros idiomas que non viviron ese proceso.
O rexurdir do idioma galego vai acompañado do rexurdir da autoestima dos seus
falantes e dos que como patrimonio común o teñen, da dignidade colectiva
e da modernidade do país en todos os seus ámbitos.

5. A situación lingüística da Galicia de hoxe xa non é unha situación diglósica
típica, con dúas linguas que se usan para funcións diferentes (galego para usos
informais e castelán para usos formalizados); pero tampouco se pode dicir que o
uso do galego ou do castelán dependa simplemente do interlocutor. O galego
avanzou, pero a súa desproblematización e a súa progresiva conversión en lingua
de uso natural e normal (normalización) levou os contrarios a este proceso a
manchar a palabra normalización, como se significase agresión aos que non teñen
o galego como lingua habitual, e a erguer o falso concepto de liberdade, que
parecen entender como dereito a non falar nunca o galego.

6. Para superar esta situación cómpre, entre outras medidas, reforzar a presenza
da lingua galega no ámbito escolar, con especial atención ás primeiras idades,
para que o idioma xurda de seu nos ámbitos máis próximos (na familia e na
escola). Cómpre facelo respectando a lingua das familias, procurando con extremo
coidado o afecto e a convivencia naqueles casos en que a lingua primeira non sexa
o galego. Mais cómpre unha política activa ao respecto, na procura dunha
capacitación e dun coñecemento real do idioma (non unha utilización litúrxica
do mesmo), promovendo con recursos o seu uso e implementándoo como lingua
vehicular doutros coñecementos na escola.

7. O novo clima lingüístico que trouxo a Constitución de 1978 abriu as portas
a unha convivencia de linguas. Dende que Galicia ten autonomía política, gobernos
de diferente signo tentaron impulsar a recuperación social do idioma centrando
as actuacións moi principalmente no ámbito educativo. Mais a política lingüística
non pode ficar reducida ás aulas. Aínda que a acción educativa é fundamental para
a conformación das destrezas do idioma e mais para o seu prestixio e o seu
recoñecemento no imaxinario social, a acción de uso e os recursos deben
orientarse asemade a outros espazos fundamentais na vida pública: os medios de
comunicación de masas, as industrias do lecer e da cultura, as novas tecnoloxías, a publicidade, a vida empresarial, o funcionariado, a administración pública, a xustiza, a igrexa, a universidade, o mundo do traballo, o comercio, a economía, conscientes de que a lingua é tamén unha marca de calidade, tarxeta de presentación identitaria nos espazos da globalización. Traballar a prol da lingua significa concitar, estimular e avivar todos os sectores que configuran o corpo social.

A Real Academia Galega observa con preocupación os pronunciamentos e as
polémicas que, partidarias as máis das veces, nacidas ben do exceso de celo,
ben do prexuízo lingüístico, deben ser superadas pola acción dun goberno que
aspire a ser de todos os cidadáns. Tamén resulta preocupante que as primeiras
decisións lingüísticas anunciadas pola Xunta de Galicia sexan todas
desprotectoras da lingua galega.

Convidamos aos responsables do novo goberno a que escoiten as institucións
que, como a presente, veñen traballando de vello polo idioma, con información,
metodoloxía e estudos certos, na procura dun acordo social integrador,
a prol do uso, a dignidade e a continuidade do idioma, que debería sustentarse
en catro principios básicos:

1º Compromiso de arredar a lingua galega da controversia
partidaria. A lingua é de todos e todos teñen cabida para
acadar o seu pleno uso normal.

2º Impulso do multilingüismo. Na anterior lexislatura
potenciouse o trilingüismo en moitos centros escolares
(galego, castelán e inglés), que agora podería ampliarse
a unha cuarta lingua, sen esquecer o acceso ás linguaxes
das novas tecnoloxías.

3º Reafirmación e desenvolvemento do Plan Xeral
de Normalización da Lingua Galega, que no seu día,
por unanimidade, apoiou o Parlamento de Galicia
(Doc. núm. 17629, BOPG núm. 622 do 07.09.04).

4º Compromiso de impulsar unha cooficialidade simétrica
dentro da Constitución, na que todos os cidadáns teñan
dereitos e deberes co castelán e co galego, única forma
de acadar a igualdade cidadá.

Os poderes públicos están obrigados a meditar serenamente a qué escenario
queren levar a sociedade galega, tendo sempre presente que a lingua galega
non é un problema, senón unha oportunidade.

Artigo gardado en: audiovisual, lingua, música, política, portugal, reintegratas, sen categoría

12 comentarios Deixa o teu comentario

  • 1. gelo  |  13/Maio/2009 at 0:34

    Caro, sobre o ponto 2) cuido que nom é ‘A Gentalha’ mas outra gente -eu, por exemplo- quem carga sobre o senhor Conde Roa porque, realmente, é tentador. Escuitar as suas declarações é umha experiência. Gente da Gentalha já o tem dito noutros sítios:

    Sobre o ponto 3) estou admirado com Flor-de-Lis e os seus amigos. Muito bem. A letra, horrorosa, mui bonita.

    Alegro-me de que pugesses a nova a estas alturas da noite porque já som horas de dormir. ;)

    Ah! E a Real Academía Gallega e que tal e que sei eu. Tarde piache. isso sim, assumido por todos o galegos: eu, tu, Conde Roa, Beiras, Feijóo, Ferrín e, para que negá-lo? também para Aloquete. Com um esforcinho é possível. Nada de novo.

  • 2. Chimpín  |  13/Maio/2009 at 0:36

    Sobre a imediatez do tema da Gentalha, fica mui claro aquí:
    http://chuza.org/historia/urgente-10000-para-calar-a-boca-do-conde-roa#comentario-29

  • 3. gelo  |  13/Maio/2009 at 0:41

    E sobre o governo municipal, Odemo fala aqui:
    http://www.ciberirmandade.org/taboleiro/viewtopic.php?f=12&t=3331

    O comentário sobre o Aloquete em #1 é pola sua teima -lídima, pedagógica, talvez necessária- de apresentar-se como nom-galego.

  • 4. O Peto Lareto  |  13/Maio/2009 at 11:34

    Sobre o punto 1:
    Tarde e non sei se medio ben, pero en todo caso, si tyardaron o que tardaron en facer esto, qué non tardarán en levalo á práctica…
    (O da sucursal chegoume… :D)

    Sobre o punto 2:
    Complexo… Si, é certo que é algo que xa debían ter abordado fai tempo xa non por imperativo legal senón por facilitar a accesibilidade. Pero é que tamén é certo que os mesmos que esixen incumplen, e nesto dame igual quen goberne.

    A pesar de todo, que incumpla o goberno non debería ser atendido como excusa para imitalo, senón máis ben como motivo de censura e reivindicación. Pero galegos ou non, ó fín parece que mesmo os máis separatistas acóllense o costume tan español de ditar leis pensando xa en como incumplilas.

    Sobre o punto 3:
    A Soraya motívame moito máis, especialmente se considero que non teño nengún interés de tipo intelectual na súa persoa e polo tanto non se me ocurre valorar esta faceta tendo como ten tremendo “bunda” e outras propiedades do meu gusto.

    Agora so faslta que os lusistas nas súas múltiples variedades se decaten de que o de “divide e vencerás” e de aplicación a todo, pero que o que vence tende a ser o poderoso.

  • 5. Mariñá  |  13/Maio/2009 at 12:01

    Pois eu son das poucas que concorda en liñas xerais co comunicado da RAG. Agardo non ser a única.
    Por certo, o achegamento á lusofonía eu penso que é algo que recoñece calquera galego cando vai a Portugal e se expresa en galego.

  • 6. Galeguzo  |  13/Maio/2009 at 12:32

    1.- Sobre a RAG, é uma vergonha que não tivessem falado antes. As pretensões de Feijóo são as mesmas agora que há um ano.

    2.- Sobre a Gentalha do Pichel, há uma perseguição política, já que as deficiências que tem o local desta PEQUENA associação são COMUNS às de outros GRANDES LOCAIS de Compostela. Se o Concelho manda AGORA executar esta ordem (quando o local leva quase cinco anos aberto) é por uma evidente pressão política e mediática.

    3.- Sobre Eurovisão… o ano que mais segui o festival foi quando participou a nossa compatriota Verónica Codesal representando Bélgica ;-)

  • 7. Modesto  |  13/Maio/2009 at 14:10

    Norway is overrated :P

  • 8. Vixía  |  14/Maio/2009 at 1:07

    “O galego avanzou, pero a súa desproblematización e a súa progresiva conversión en lingua de uso natural e normal (normalización) levou os contrarios a este proceso a
    manchar a palabra normalización, como se significase agresión aos que non teñen o galego como lingua habitual, e a erguer o falso concepto de liberdade, que parecen entender como dereito a non falar nunca o galego.”

    Alégrame que a RAG faga esta análise tan acertada.

  • 9. Prosciutto  |  14/Maio/2009 at 13:44

    Concordo no ponto 1 contigo, melhor tarde do que nunca.

    No ponto 2, concordo com muitos comentaristas. Ainda que as normas municipais estám para serem cumpridas, também é certo que o seguimento da sua aplicaçom ou nom em Compostela se fai a miúdo seguindo critérios políticos. O da Gentalha nom é o primeiro caso similar. Na minha opiniom, o governo compostelão está decidido a tornar Santiago numa cidade-museu, num parque temático para funcionários conformistas e turistas de bocata e autobus. E nisso está desde hai já uns quantos anos.

    Quanto ao ponto 3, também concordo, ainda que, antes que Soraya, prefiro o cantante da Noruega (e melhor nom especifico já por quê, nom? ;) )

  • 10. PePe  |  15/Maio/2009 at 21:07

    Decidido en el Ministerio

    La Fiscalía y el Gobierno pidieron ayer al Tribunal Supremo que impida a Iniciativa Internacionalista concurrir a los próximas comicios europeos al estimar que se trata de una lista “pilotada” por ETA para “elevar la moral” de sus bases tras las ilegalizaciones producidas en anteriores comicios.

    Llama la atención que en estas denuncias no sólo no se incorpore prueba alguna de relación de esta candidatura con ETA, sino que además se vaya tan lejos como a llegar a hacer especulaciones sobre lo que la organización armada pretendería en caso de ser ciertas las acusaciones.

    Durante los últimos días tanto la Abogacía del Estado como la Fiscalía habían puesto en duda que los datos de los que disponían sirvieran para impugnar la candidatura. Pero finalmente la decisión se adoptó en una reunión con los ministros de Interior y de Justicia.

    Así lo explicó a los periodistas el abogado general del Estado, Joaquín de Fuentes Bardají, tras presentar en el registro del Alto Tribunal el escrito pidiendo la anulación.

    “Estuvimos ayer [por el miércoles] con los ministros del Interior y de Justicia viendo la prueba y finalmente se ha entendido que había prueba suficiente para pedir al Supremo que ilegalice la lista y que no pueda presentarse a las elecciones”, dijo De Fuentes.

  • 11. moinante  |  17/Maio/2009 at 12:42

    Pois ao final a actuación de Soraya foi un fracaso e os portugueses quedaron moito mellor ca nós.

  • 12. A Gentalha do Pichel suck&hellip  |  13/Xuño/2009 at 21:37

    [...] (bastante leves para o dano que causan, ao meu xuízo), igual que cando xurdiu toda a movida do ascensor. E digo eu: farán tamén campañas cando condenen os que causaron danos no mobiliario público na [...]

Deixa un comentario

Obrigatorio

Obrigatorio, oculto

HTML permitido:
<a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <strike> <strong>

Trackback deste artigo  |  Subscribirse aos comentarios mediante RSS


AVISOS

Últimos comentarios

E ti que galego falas na escala de alema? aquí

Mini-chat

Latest on Mon, 00:28

aita: hai alguén aquí? teño unha dúbida: cando se usa 'ó' e cando 'ao'

magnummare: ... un que funcione, porque xa vexo que o teu no vai moi ben... XD XD

magnummare: Señor alema!! com introduciu iso que ten ai de "este blog en portugues automatico"? grasias de antebraso!! :P

Yuji: Obrigado Aloquete. Vou colocar na minha lista pra quando pedir livros galegos! :) Ah sim, e achei um artigo seu sobre literatura galega em Portugal, [...]

Aloquete: Yuji, um romance magnífico é PAPAVENTOS, de Xavier Queipo. Cosmopolita, mas galego de cima a baixo.

» Escribe algo



Featured Advertiser

Artigos recentes

 

Maio 2009
L M M X V S D
« Abr   Xuñ »
 123
45678910
11121314151617
18192021222324
25262728293031

Categorí­as

Tags

Meta