Arquivo de 26 Marzo 2009

Os galegos tiñan unha moi boa actitude cara á lingua… seguirana tendo?

O Observatorio da Lingua Galega, dependente da Secretaría Xeral de Política Lingüística, achega datos máis actuais sobre a situación do galego, con entrevistas feitas en 2007 a maiores de 15 anos. E os datos seguen falando claramente da supremacía do galego fronte ao castelán como lingua habitual.

Tamén é certo que, se se analizan os datos polo miúdo, a porcentaxe favorable ao galego baixa nas cidades, na xente nova e nos grupos sociais con máis nivel adquisitivo. Pero nótanse de igual modo certos síntomas de recuperación entre os máis novos: a franxa de idade que só se expresa en galego de 15 a 24 anos é maior ca a de 25 a 34 anos, por exemplo.

Lingua habitual segundo idades
Só galego Máis galego ca castelán As dúas igual Máis castelán ca galego Só castelán Outras linguas
Total - Lingua habitual da cidadanía 30,24% 17,72% 19,28% 18,80% 13,76% 0,20%
15-24 anos 22.51 13.68 20.23 30.2 13.39 0
25-34 anos 19.31 15.27 24.21 25.65 14.99 0.58
35-44 anos 27.32 13.92 18.04 21.65 18.56 0.52
45-54 anos 28.21 21.16 20.91 17.88 11.84 0
55-64 anos 34.8 21.37 18.5 12.78 12.33 0.22
> 65 anos 41.56 18.83 15.99 11.19 12.43 0

.

Lingua habitual segundo ingresos
Só galego Máis galego ca castelán As dúas igual Máis castelán ca galego Só castelán Outras linguas
Total - Lingua habitual da cidadanía 30,24% 17,72% 19,28% 18,80% 13,76% 0,20%
< 1000 € 44.99 20.04 11.94 14.29 8.74 0
De 1000 a 3000 € 28.01 18.67 18.99 20.17 13.77 0.4
> 3000 € 17.78 9.78 35.11 16.89 20.44 0

Lingua habitual segundo lugar de residencia
Só galego Máis galego ca castelán As dúas igual Máis castelán ca galego Só castelán Outras linguas
Total - Lingua habitual da cidadanía 30,24% 17,72% 19,28% 18,80% 13,76% 0,20%
Urbano 21.29 12.19 22.8 24.68 18.74 0.3
Rural 40.39 24 15.29 12.13 8.11 0.09

.
E que pasa coa transmisión do idioma, segundo esta enquisa? Pois que arrasa tamén á hora de falar coa xente do contorno. Chamoume especialmente a atención a cantidade de xente que lles fala galego aos fillos e á parella.

Lingua que fala co/s fillo/s
Só galego Máis galego ca castelán As dúas igual Máis castelán ca galego Só castelán Outras linguas
Total 44,85% 5,91% 7,61% 8,84% 31,85% 0,94%

Lingua que fala coa parella
Só galego Máis galego ca castelán As dúas igual Máis castelán ca galego Só castelán Outras linguas
Total 54,18% 3,06% 4,41% 3,99% 33,52% 0,84%

.
Outro dato curioso é sobre a percepción que tiñan os cidadáns en 2007 sobre a evolución do idioma. Só o 13% cren que baixou o uso do galego nos últimos anos 5 anos, e un 10% pensan que diminuirá no próximo lustro.

Dende hai 5 anos ata hoxe
Diminuíu/diminuirá Segue igual/seguirá igual Aumentou/aumentará
Total 13,92% 34,00% 52,08%

De hoxe en 5 anos
Diminuíu/diminuirá Segue igual/seguirá igual Aumentou/aumentará
Total 10,56% 37,44% 52,00%

.
A actitude positiva cara ao galego tamén se mostra cando lle preguntaban á xente que lingua cren que falarán no futuro ou que lles gustaría falar no futuro.

Lingua que falará habitualmente no futuro
Só galego Máis galego ca castelán As dúas igual Máis castelán ca galego Só castelán Outras linguas
Total 40,24% 13,68% 16,72% 12,68% 16,24% 0,44%

Lingua que lle gustaría falar habitualmente no futuro
Só galego Máis galego ca castelán As dúas igual Máis castelán ca galego Só castelán Outras linguas
Total 45,76% 10,36% 21,36% 6,56% 12,12% 3,84%

.
Tamén son minoría os que lle daban, en 2007, pouca ou ningunha importancia ao galego, ou os que están totalmente en desacordo coa potenciación da lingua galega.

Valoración da importancia da lingua
Ningunha Pouca Normal Bastante Moita
Total 1,32% 4,56% 31,08% 34,64% 28,40%

Opinión sobre a potenciación do uso do galego
Totalmente de acordo Bastante de acordo Indiferente Bastante en desacordo Totalmente en desacordo
Total 62,48% 23,76% 4,52% 6,40% 2,84%

.
É dicir, a xente en 2007 tiña en xeral unha actitude moi positiva cara ao idioma. E incido no tempo pasado, porque non sei ata que punto as liortas que houbo nos últimos meses e os erros cometidos por parte de todos os grupos políticos á hora de tratar o tema da lingua mudaron este panorama. Non sei ata que punto as mensaxes catastrofistas ou as opinións en contra do galego callaron na cidadanía a día de hoxe. Pero moito me temo que, como non haxa un cambio de rumbo, estas cifras envexables para calquera lingua minorizada poidan cambiar para peor. Por iso, agora máis que nunca, cómpre sentidiño e actuar con cabeciña. Sen velo todo negro pero tampouco cor de rosa. Hai moitas tonalidades polo medio e moito onde traballar para recuperar consensos.

11 comments Marzo 26th, 2009


AVISOS

Últimos comentarios

E ti que galego falas na escala de alema? aquí

Mini-chat

Latest on Mon, 00:28

aita: hai alguén aquí? teño unha dúbida: cando se usa 'ó' e cando 'ao'

magnummare: ... un que funcione, porque xa vexo que o teu no vai moi ben... XD XD

magnummare: Señor alema!! com introduciu iso que ten ai de "este blog en portugues automatico"? grasias de antebraso!! :P

Yuji: Obrigado Aloquete. Vou colocar na minha lista pra quando pedir livros galegos! :) Ah sim, e achei um artigo seu sobre literatura galega em Portugal, [...]

Aloquete: Yuji, um romance magnífico é PAPAVENTOS, de Xavier Queipo. Cosmopolita, mas galego de cima a baixo.

» Escribe algo



Featured Advertiser

Artigos recentes

 

Marzo 2009
L M M X V S D
« Feb   Abr »
 1
2345678
9101112131415
16171819202122
23242526272829
3031  

Categorí­as

Tags

Meta