Arquivo de 13 Marzo 2009

Exclusiva:
entrevista co gañador do iPod chuceiro

O seu alcume é galizaemalego, ten 22 anos, é de Pontevedra e estuda en Vigo. E é ademais o flamante gañador do iPod que sorteaban en Chuza! por medio dunha porra electoral que quedou máis deserta ca o Sahara á vista dos resultados do 1M. Con el falamos en exclusiva do premio, e por suposto das polémicas que máis nos motivan en alema.org. Velaquí a conversa.

alema: Bueno. Antes de nada. Graciñas por atender a alema.org, flamante gañador do iPod!
galizaemgalego: Nada. Graciñas a vós por este espazo que me dades
alema: Como se sente un sabendo que levou un premio por non acertar nin de broma o resultado dunha porra?
galizaemgalego: Pois a verdade que non mo esperaba, xa que na porra participei de casualidade. En xeral moi contento e moi agradecido os compañeiros e compañeiras de chuza
alema: Por certo… Cal era a túa aposta?
galizaemgalego: A miña aposta se mal non recordo eran 32 escanos para o PP, 26 para o PSOE e 17 para o BNG, Vamos que non din nin unha
alema: E na túa opinión, que pensas que vai acontecer en Galicia, co novo goberno e tal?
galizaemgalego: Se ben é certo que durante estes derradeiros 4 anos o bipartito na miña opinión foi un continuismo do antigo si se vai notar o troco de goberno nalgúns pequenos avances como o tema do galego, as galescolas, a selección galega, todos os apartados sociais, etc.
alema: En que medida cres que o galego vai ter un retroceso co PP?
galizaemgalego: O galego vai ter un retroceso moi grande, e se os pequenos avances en materia lingüistica que se deron na lexislatura pasada foron pequenos, agora van ser nulos. Está claro que un goberno que apoia a Galicia Bilingüe non pode traer nada bo para o noso idioma, e fica demostrado cas últimas declaracións de Feijoo de eliminar o decreto do galego, reconvertir as galescolas… E non vai ser máis que un gran de area máis para a futura desaparición do idioma galego
alema: Falemos da túa situación persoal sobre o galego, se che parece. Vin pola túa traxectoria en chuza (e tamén polo teu alcume galizaemgalego) que apostas polo reintegracionismo. Pola contra, aquí comigo empregas o galego RAG. Non é contraditorio?
galizaemgalego: É certo que son partidario do reintegracionismo, pero tampouco descarto a posibilidade de usar o galego RAG, sobretodo porque non o teño perfeccionado e prefiro facer unha entrevista máis ou menos “decente” hehe. Nun hipotético caso de que Galiza acadara a súa liberación como pais, persoalmente o reintegrado ou o galego da RAG pasaría a un segundo lugar.
alema: E ti cres que, á vista dos resultados electorais, a liberación de Galicia como país está máis próxima?
galizaemgalego: A vista dos resultados electorais, e que persoalmente me son bastante indiferentes, penso que un obxetivo non se consigue a curto ou medio prazo. Hai que traballar día a día, nos bairros, nos pobos, nas cidades, o carón da xente, e iso debe ser o que nos motive a seguir ate conquerir o noso obxetivo. Eu actualmente non me sinto representado por ningún partido, como lle pode pasar a moita xente, pero iso non vai facer que deixe de luitar polo que eu penso e polo que eu creo que é xusto.
alema: Como chegou a túa aproximación ao reintegracionismo?
galizaemgalego: A miña aproximación cara o reintegracionismo pois viu da man da miña militancia no local social A Revira de Pontevedra, pola colaboración con organizacións políticas e a outros niveis, e por interés propio.
alema: E cres que como opción ortográfica ten posibilidades de triunfar?
galizaemgalego: Home, é unha opción máis que hai e pode ser que triunfe e pode ser que non triunfe. Isto como todo,é cuestión de traballo.
alema: O galego e o portugués son o mesmo idioma?
galizaemgalego: Bueno, polo que vexo a entrevista so vai orientada a un tema hehe. Creo que si son o mesmo idioma. Coas suas variacións ortográficas e típicas da zona pero penso que si, é o galego-portugués.
alema: Comigo xa gañaches 30.000 puntos dicindo a palabra máxica: “bueno”. Sabes que estou levando a cabo unha campaña para conseguir a súa plena legalización?
galizaemgalego: Penso que no galego da RAG un españolismo máis non importará.
alema: E no galego reintegrado tamén… por que non? e logo os reintegratas non din “bueno”?
galizaemgalego: haha. Eu uso a palabra bon, o que usen o resto dos reintegratas pois non o sei, sinceiramente .
alema: Non mintas: acabas de dicir espontaneamente a palabra ‘bueno’
galizaemgalego: Pois si, o acabo de dicir :$, non me matedes por iso, é a confusión dunha norma a outra. Non, como dicía antes penso que toda vontade de falar o galego e usalo como lingua habitual é moi importante, sen distinguir normas.
alema: E ti es máis partidario do galego AGAL ou da implantación do portugués padrão… Que che parece que se crease unha “Academia Galega da Língua Portuguesa”?
galizaemgalego: Pois home non estou moi ao tanto de iso. máis penso que sempre é mellor manter as palabras orixinarias da nosa terra e non substituilas por lusismos. Non sei se ese é o obxetivo de AGAL ou dunha hipotética “Academia Galega da Lingua Portuguesa”. Como dicía Carvalho Calero o Galego ou é Galego-Portugés ou Galego-Español. Faime mais preguntas doutro tipo!!!!! hahaha
alema: hahahahaha. Bueno, imos ir concluíndo se queres. Que tipo de música vas poñer no iPod chuceiro?
galizaemgalego: Eu estou encantado de respostar, así que tranquilo. Espero meter música variada, pero sobretodo en galego. Imaxino que irei dende os xa míticos, Keltoi!, Xenreira, Skarnio ou Trapallada pasando por grupos de streetpunk Oi!, Ska-rocksteady, Folk Galego, Irlandés, Victor Jara…vamos un pouquiño de todo.
alema: E para terminar. Visitas moito chuza? [Mira que é un antro de perversión, radikalidade e reintegracionismo extremo!!!]
galizaemgalego: O visito sempre que poido, sobretodo para consultar novas…as compaxino bastante ben con portais de contrainformación como pode ser Galiza Livre. Tranqui! Ando continuamente por antros de ese tipo

6 comments Marzo 13th, 2009


AVISOS

Últimos comentarios

E ti que galego falas na escala de alema? aquí

Mini-chat

Latest on Mon, 00:28

aita: hai alguén aquí? teño unha dúbida: cando se usa 'ó' e cando 'ao'

magnummare: ... un que funcione, porque xa vexo que o teu no vai moi ben... XD XD

magnummare: Señor alema!! com introduciu iso que ten ai de "este blog en portugues automatico"? grasias de antebraso!! :P

Yuji: Obrigado Aloquete. Vou colocar na minha lista pra quando pedir livros galegos! :) Ah sim, e achei um artigo seu sobre literatura galega em Portugal, [...]

Aloquete: Yuji, um romance magnífico é PAPAVENTOS, de Xavier Queipo. Cosmopolita, mas galego de cima a baixo.

» Escribe algo



Featured Advertiser

Artigos recentes

 

Marzo 2009
L M M X V S D
« Feb   Abr »
 1
2345678
9101112131415
16171819202122
23242526272829
3031  

Categorí­as

Tags

Meta