Santiago, epicentro dos reintegratas, única cidade onde o PP ten máis votos ca PSOE e BNG xuntos
O reconto do voto dos chamados residentes ausentes deixa un titular moi significativo: grazas ás sacas dos emigrantes, cuxos votos foron encher sobre todo o PSOE, o PP xa non suma máis ca socialistas e nacionalistas nas cidades galegas. Bueno, en realidade en todas menos unha. Só en Santiago de Compostela, tradicional feudo reintegrata, o PP supera a suma dos dous partidos progresistas en número de sufraxios.
Xa avisei nun post anterior de que as pasadas eleccións supoñen un retroceso claro do reintegracionismo, pero é que a análise cidade por cidade ofrece resultados aínda peores do esperado. A ninguén se lle escapa que é en Santiago, a capital do país, onde pululan os grupos reintegratas máis activos. Porque, sendo serios, nin A Coruña, nin Lugo, nin Ferrol, nin Ourense, nin Pontevedra, nin Vigo poden considerarse cidades onde o reintegracionismo estea minimamente implantado. E xa non falemos das vilas pequenas e medianas. Alí o nh nin se cheira, salvo en certas pintaditas, porque de todos é sabido que o reintegracionismo é maiormente un fenómeno urbano e neofalante.
——————————————————
PD: En fin, para reintegracionismo, o que se vive día a día en Portugal. Mmmm. A miña estadía en Lisboa segue indo tan ben, que nin tempo teño para bloguear como é debido. Pero douvos unha exclusiva: creo que encontrei choio. E como os artistas non podo desvelar máis, que logo se gafa. Xa vos irei contando. ![]()
8 comments Marzo 11th, 2009



