Arquivo de 5 Marzo 2009

O bipartito saínte aínda nos pode facer un “regalo” antes de marchar

Leo unha interesante entrevista ao presidente da RAG en xornal.com e quedo alucinando cunha das respostas. Pregúntalle o xornalista por que non está na rede o dicionario da Real Academia Galega e Xosé Ramón Barreiro responde textualmente.

Agora sae unha nova edición do dicionario. Sabe canto custa facelo? Vinte millóns de pesetas. Haberá que darlle tempo á editorial que o publica para recuperar o investimento, non si? Eu non teño eses vinte millóns. Se a min a Real Academia Española me dá eses cartos, mañá mesmo está na rede.

E digo eu… Tan difícil é xuntar 20 quilos de nada para que este idioma teña na rede un dicionario con xeito en lingua galega? Francamente, paréceme unha cantidade completamente ridícula. E é máis: creo que debería de ser un regalo que podería facernos aos galegos o bipartito, agora que xa está en funcións e que sabe con certeza que vai deixar o poder.

20 millóns de vellas pesetas… 120.000 míseros euros ben os vale a nosa cultura, a nosa lingua… e máis agora, que parece que se achegan ameazas de nubeiros á normalización lingüística. Propoño facer unha campaña no facebook ou algo.  Que son 120.000 euros para a administración? Seguro que se gastaron cantidades meirandes en cousas máis superfluas.

——————————————————

PD: Encantoume tamén como Barreiro despacha os reintegratas. Cito: “Beneficiarse do mundo da lusofonía é algo que podemos facer xa. O malo é que se o facemos oficialmente corremos o risco de que o galego desapareza automaticamente. Non quero reabrir aquí vellas liortas, pero unha cousa é a utilidade e outra perdernos nun magma. Nunca vas conseguir que se lle chame galego a todo iso, aínda que o diga Castelao ou o Espírito Santo. Hai que conservar as fronteiras ou desaparecemos.“. Eu só digo. Bravo! :D

7 comments Marzo 5th, 2009


AVISOS

Últimos comentarios

E ti que galego falas na escala de alema? aquí

Mini-chat

Latest on Mon, 00:28

aita: hai alguén aquí? teño unha dúbida: cando se usa 'ó' e cando 'ao'

magnummare: ... un que funcione, porque xa vexo que o teu no vai moi ben... XD XD

magnummare: Señor alema!! com introduciu iso que ten ai de "este blog en portugues automatico"? grasias de antebraso!! :P

Yuji: Obrigado Aloquete. Vou colocar na minha lista pra quando pedir livros galegos! :) Ah sim, e achei um artigo seu sobre literatura galega em Portugal, [...]

Aloquete: Yuji, um romance magnífico é PAPAVENTOS, de Xavier Queipo. Cosmopolita, mas galego de cima a baixo.

» Escribe algo



Featured Advertiser

Artigos recentes

 

Marzo 2009
L M M X V S D
« Feb   Abr »
 1
2345678
9101112131415
16171819202122
23242526272829
3031  

Categorí­as

Tags

Meta