Arquivo de 2 Marzo 2009

O resultado das eleccións, outra mala noticia para o reintegracionismo

O reintegracionismo é un movemento lingüístico que, segundo din os seus practicantes, está disociado do contexto político, pero non hai que enganarse: nada máis lonxe da realidade. Practicar o nh é algo que dificilmente se pode illar de determinadas concepcións políticas, que -como se viu nas eleccións do 1M- están en claro retroceso entre a cidadanía galega.

O único partido que defende abertamente a ortografía portuguesa (Nós-UP) baixou nestes comicios e pasou de ser forza minoritaria a micro-minoritaria (de 1.749 votos a 1.473), e a inmensa maioría dos reintegratas que tiraron polo chamado voto útil tamén encaixaron a baixada do BNG (que case perdeu 45.000 votos). O reintegracionismo, a pesar de que se ve crecido nalgúns lugares da rede, perde apoios de forma descarada e estrepitosa.

E vai sendo hora de cambiar de estratexia. Vai sendo hora de abandonar teorías que nunca na vida se levarán á práctica. Vai sendo hora de disolver a Academia Galega da Língua Portuguesa. Vai sendo horiña de que a Associaçom Galega da Língua esqueza as súas aventuras pro-acordo ortográfico e se centre no galego que queren os galegos e non no que soñan uns cantos.

Algo falla cando UPyD saca máis de 23.000 votos e chega a colocarse de cuarta forza política en Galicia baixo case o único argumento da “discriminación lingüística”. Algo se fixo mal e toca autocrítica… sobre todo por parte dos que dirixiron a política lingüística neste país nos últimos anos (que non explicaron con xeito o que tiñan que explicar), dos que quixeron dirixila a través de satélites (e non por medio do acordo cos socios), e tamén dos entraron a saco no tema da provocación e do mal rollo. A estratexia saíu manifestamente mal, fatal.

Con respecto ao tema da lingua, asunto que centrou case en exclusiva este blog desde o seu nacemento, teño que dicir que non estou de acordo coa proposta do PP de derrogar o decreto do ensino, por exemplo. Paréceme lamentable, igual que as posicións expresadas por algúns dos seus dirixentes (aínda que me consta que non todos opinan igual). Pero non queda outra que aceptar que o PP é a opción que votaron maioritariamente os galegos de forma democrática. E con iso hai que traballar. Polo que a min respecta, esperarei a coñecer as propostas do novo goberno e a súa posta en marcha antes de facer críticas.

E sobre todo. O máis importante. É fundamental que haxa dunha vez consensos reais arredor do idioma. Entre todos. Sen exclusións, “sen siglas” como prometeu Feijoo. Que a lingua e a súa defensa non lle pertenza a un só partido político ou a unha determinada ideoloxía. Que falar galego non se asocie con aldea e/ou con nacionalismo. Que se convenza desde o bo rollo sobre a utilidade desta lingua, co día a día e sen crearmos realidades paralelas ou de costas á cidadanía.

————————————————

PD: E unha vez soltado este speech, volvo facer as maletas. Regreso con Nuno para Lisboa, a seguir escoitando 24 horas ao día o precioso sotaque portugués e, sobre todo, a que se me peguen unha boa chea de lusismos, que falta me fai. Beijinhos a todos.

51 comments Marzo 2nd, 2009


AVISOS

Últimos comentarios

E ti que galego falas na escala de alema? aquí

Mini-chat

Latest on Mon, 00:28

aita: hai alguén aquí? teño unha dúbida: cando se usa 'ó' e cando 'ao'

magnummare: ... un que funcione, porque xa vexo que o teu no vai moi ben... XD XD

magnummare: Señor alema!! com introduciu iso que ten ai de "este blog en portugues automatico"? grasias de antebraso!! :P

Yuji: Obrigado Aloquete. Vou colocar na minha lista pra quando pedir livros galegos! :) Ah sim, e achei um artigo seu sobre literatura galega em Portugal, [...]

Aloquete: Yuji, um romance magnífico é PAPAVENTOS, de Xavier Queipo. Cosmopolita, mas galego de cima a baixo.

» Escribe algo



Featured Advertiser

Artigos recentes

 

Marzo 2009
L M M X V S D
« Feb   Abr »
 1
2345678
9101112131415
16171819202122
23242526272829
3031  

Categorí­as

Tags

Meta