Antón Losada e Rousia apoian o ‘bueno’
Fala a asinante nº 1.000 (bonus track)
3/Febreiro/2009
O que foi número 2 na Vicepresidencia da Xunta e actual comentarista político Antón Losada figura xa entre os asinantes do bueno, igual que Concha Rousia [lido 'Rousía'], escritora e líder de opinión reintegracionista coa que antano tiven algunha polémica, pero ante a que me quito o sombreiro pola súa valentía. Efectivamente, o bueno é tan galego que poden asumilo perfectamente os defensores da ortografía nh, que din “bueno” e non o artificioso “bom” a pesar da ‘doutrina oficial’. Pero hai máis asinantes relevantes: entre eles, a directora xeral do Servizo Galego de Igualdade, Ana Luísa Bouza, ou Luís Pardo, xornalista da SER e presentador do novo programa musical da TVG.


Por certo… Xa contactei coa asinante número 1.000 da iniciativa. Como xa vos dixen, chámase Noelinha e é unha tipa moi, moi simpática
. Esta é a conversa que mantiven con ela.
- Como soubeches da campaña ‘bueno é galego’?
Estaba a procurar por Youtube vídeos de Ugio e Giana.
- E ese interese por Ugio e Giana…?
A versión guai é que estou a aprender a lingua ugiana, e precisaba de documentazom.
A versión case de verdade é que a plataforma “Que voltem a Casa” pasouse de spam comigo, e me fixo pensar que son uns tipos riquinhos. Unha compañeira miña quería montar a plataforma “Ugio e Giana na casa Ajora, Já e Sempres”.
A versóm reintegrata é que tu es um porco espanholista reformista do caralho que nom compreênde o sentir da nazóm.
A versión final é que penso que a vida non é para tomar en serio e un día vou acabar cun ollo morado, fixo :D.
- Coñeces moita xente que se sumou? Cres que é un debate que chegou á rúa?
Non coñezo ninguén que se sumara. Mais coñecerei. Cos millóns de euros que me regalastes por ser a número mil xa me encargarei de que chegue á rúa, cando menos ao meu bloque (de veciños).
- Por que te decidiches a apoiar ‘bueno é galego’?
Semellabades almas puras. E, bueno… ver que hai 999 persoas que a apoian sempre é unha tentación.
- Podías contarnos un pouco cales son os teus hábitos lingüísticos (que lingua(s) falas habitualmente, en que contextos, etc)?
Son pura diglosia. Adoito falar castelán e escribir en galego. Estou a aprender touriñés para encher currículo.
- Asinas en facebook como Noelinha de la O… tendo en conta que o facebook acepta nomes con ñ… non serás reintegracionista? (:D)
Sei que tiñas ilusión, pero xa se intúe polo xeito de escribir que non :D. É costume, “Noeliña” lembrábame á miña nai e “Noelinha” dáme máis aire de gafapasta.
- Por certo… Que pensas do reintegracionismo?
Respectable e moderadamente razoable na teoría, complicado e difícil de aplicar na práctica.
- Cres que a RAG acabará aceptando a nosa proposta?
Teñen días… quizais si.
- Cres que o reintegracionismo tamén debería recoñecer a galeguidade do ‘bueno’?
Igual por gratitude. Do pouco que coñezo este blog, aquí vin dos debates sobre reintegracionismo máis completos e con menos insultos da rede.
- Ocórreseche algunha idea para facer máis visible aínda a nosa campaña?
Publicidade nos autobuses. Trollear foros. Rebentar actos de Galicia Bilingüe. E, sobre todo, sexo.

Artigo gardado en: humor, lingua, política, reintegratas



6 comentarios Deixa o teu comentario
1. Noelinha | 4/Febreiro/2009 at 0:11
Contra, que ben me queda a negriña :D. Case me emociono, eh?
2. alema | 4/Febreiro/2009 at 0:12
guapa!!!!

3. Vixía | 4/Febreiro/2009 at 0:42
Isto parece o comezo dunha inquietante relación xDDD
4. joãm | 4/Febreiro/2009 at 1:08
Concha Rousia, vice-secretária de Academia Galega da Lingua Portuguesa di que bueno é… português da Galiza? aaaaaarre carainas!!! O contubérnio AGLemaP avança cara o Desgalego III, umha terrível aliança contra-natura de argot macarruço e ditongos nasais!!! Horreur!!! Salve-se quem puder!!!
5. Concha Rousia bórrase do&hellip | 4/Febreiro/2009 at 12:47
[...] que o reintegracionismo estaba decidido a facer unha aproximación á sociedade do galego real pero estaba equivocado. E dígoo con moita tristura, [...]
6. baro | 4/Febreiro/2009 at 12:51
Habería que levar adiante o dos autobuses. Xa me imaxino a campaña nos tranvias coruña XD
Deixa un comentario
HTML permitido:
<a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <strike> <strong>
Trackback deste artigo | Subscribirse aos comentarios mediante RSS