1.000 buenos!
2/Febreiro/2009
Saltou a noticia. Ás 0.28 do 2 de febreiro de 2009, a campaña ‘bueno é galego’ chegou ás mil sinaturas en Facebook. Unha usuaria chamada Noelinha -coa que teño que contactar- converteuse así na persoa que alcanzou a cifra máxica. Eu, pola miña parte, só podo dicir “graciñas mil”… e nunca mellor dito! Agora si que se sente o cheiro do triunfo…
Bueno é galego!
Oeoeoeoeoé… ![]()
Artigo gardado en: lingua



18 comentarios Deixa o teu comentario
1. Yuji | 2/Febreiro/2009 at 1:05
Ainda que nom o tenha assinado, dou-che os parabéns polo feito… ;D
2. alema | 2/Febreiro/2009 at 1:06
graciñas!
estou eufórico
3. Modesto | 2/Febreiro/2009 at 13:00
Cheiro no significado portugués ou no maioritario galego?
4. alema | 2/Febreiro/2009 at 13:03
#3
que pasa?
é vostede dos que usan “cheiro” como “mal olor”?
vaime obrigar a cambiar o “cheiro” por “aroma”, “arrecendo” ou algo así?
5. Joãm | 2/Febreiro/2009 at 13:04
Norabuena, parabienes!
6. alema | 2/Febreiro/2009 at 13:06
#5

OMG
o de castelhano é contaxioso!
7. Vixía | 2/Febreiro/2009 at 13:21
Parabéns alema, aínda que non conte co meu voto porque eu paso desas merdas (Facebook, Fotolog e similares).
8. baro | 2/Febreiro/2009 at 13:21
#6 AAAAAAARGH SÁLVESE QUEN PODA!!!
Parabéns, Alema. Cada dia falta un dia menos paraque bueno sexa recoñecido.
9. Joãm | 2/Febreiro/2009 at 13:37
#6 pero boeno?
10. alema | 2/Febreiro/2009 at 13:40
#9

11. O Peto Lareto | 2/Febreiro/2009 at 17:23
Buenoooo¡
12. Prosciutto | 2/Febreiro/2009 at 17:47
Nom sei eu se a vitória do “boeno” está próxima (eu prefiro “boeno”, igual que “ravear” hehe). Contodo, 1000 sinaturas dam muitos aços. Parabéns, de novo!
13. moinante | 2/Febreiro/2009 at 21:46
Eu son un deses
14. llik | 2/Febreiro/2009 at 22:45
NORABOAAAAAAA
15. SPQR | 2/Febreiro/2009 at 22:51
Con tódolos respetos, o tema este paréceme unha pailarocada. Asinaría antes unha campaña polo “Buah neno”. Pois ben, con todo que cada un defenda o que cre e noraboa polo exito.
16. Gelo | 2/Febreiro/2009 at 23:31
Vaia! Pois, hom, que queres que che diga?
Realmente atroz.
Enfim.
17. Aloquete | 3/Febreiro/2009 at 15:26
Eu também estou triste. Mas já sei que as minhas tristezas podem ser as (legítimas!) alegrias dos outros.
18. alema | 3/Febreiro/2009 at 15:42
#17
aí falaches
claro que si!
todos a dicir ‘bueno’ con alegría!!! (e sen sentimento de culpa)
Deixa un comentario
HTML permitido:
<a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <strike> <strong>
Trackback deste artigo | Subscribirse aos comentarios mediante RSS