A proscrición do ‘bueno’ frea a expresividade dos novos escritores galegos
28/Xaneiro/2009
Alejandro Tobar é un mozo lugués de 25 anos que acaba de publicar a súa primeira novela, titulada “Cremalleiras“. Toda ela está escrita nun pulcro galego RAG, pero a proscrición do ‘bueno’ obrigouno a ter que dar algunha explicación ante os seus lectores. A continuación mostro por primeira vez un pedazo dunha novela onde figura un ‘bueno’ xenuíno galego, que -recordemos- segue sen ser recoñecido como galego polas nosas autoridades lingüísticas.

(…) A fe que si, non tardou en responder, pero de seguida rectificou: bueno… depende, a que película? Non sei, algunha que estea no cine, respondeu a moza. Ah, ben. Logo, si. E despedíronse: aburiño. (…) [Clica aquí para ver o documento]
O caso é que a pé de páxina, Alejandro Tobar opta por poñer a seguinte aclaración.
Bueno non é unha forma propiamente galega, malia que se emprega decotío na oralidade. Ao ser ademais unha forma da que se apropian tanto os vascos como os cataláns para as súas falas, non vexo por que non mantela no galego escrito, mesmo cando existiría a outra opción, máis lusista, do «bo[m]», que, amais lembra à gala «bon». Bebendo doutras fontes, se cadra tamén existiría aínda outra posibilidade, tomada da narrativa oteriana (véxase ‘Os camiños da vida’): Boeno. Así e todo, aquí queda «bueno». [Clica aquí para ver o documento]
A partir de aí, Tobar segue utilizando con toda naturalidade o ‘bueno’ galego… pero é necesario ter que recorrer a circunloquios absurdos para non recoñecer a galeguidade desta interxección? Por que ten que verse freada a expresividade dos personaxes dunha novela, do propio autor… por un estigma sen sentido? Por que ten que ser ‘bueno’ unha palabra indigna do galego? Cantos escritores reprimiron os seus ‘buenos’ para non caer nunha suposta incorrección?

Alejandro teno claro. Vai seguir utilizando ‘bueno’ nos seus textos literarios. Os galegos, di, “agregámoslle novas acepcións” á interxección, polo que na súa opinión a causa ‘bueno é galego’ debe triunfar. E non é o único escritor que o pensa e así o manifestou coa súa adhesión no facebook. A campaña, por certo, está a piques xa de alcanzar a cifra máxica dos mil asinantes. ![]()
Artigo gardado en: lingua, reintegratas



9 comentarios Deixa o teu comentario
1. one2 | 28/Xaneiro/2009 at 22:53
por primeira vez hohohoh
Os escritores isolinos som-che assi, cantos máis castelanismos milhor.
«Acepcións» imaginárias…
PS: aí um «home» ia caralhudamente.
2. lolov | 28/Xaneiro/2009 at 22:55
Meus deus!!!! “bo” é um lusismo!! :O Ou pior ainda, um galicismo!
“Cantos escritores reprimiron os seus ‘buenos’ para non caer nunha suposta incorrección?”
E os seus “viernes”, e os seus “jefes”, e os seus crucifijos”, e os seus… 500 anos nom se apagam facilmente
#1 Nom, nom! Q “home” lembra ao galo “homme” XD XD
3. alema | 28/Xaneiro/2009 at 22:57
#1 que burro eu!
erro de redacción
quería poñer
“A continuación mostro por primeira vez o pedazo dunha novela, onde figura un ‘bueno’ xenuíno galego”
aquí xa contamos que ata castelao utilizaba “boeno” e que é unha interxección de uso corrente na literatura galega
vouno cambiar
4. Ghegheo | 29/Xaneiro/2009 at 0:41
Ao rapaz fóiselle un pouco, podería ter posto bueno, cocreta, olcolito ou caluqera palabra inventada ou errónea sen ter que dar ningún tipo de explicación.
Agora que o penso, non serás ti Alejandro Tobar? No mundo non pode haber dúas persoas dispostas a escribir tantas liña sobre a palabra bueno
5. Gelo | 29/Xaneiro/2009 at 1:25
Polos vistos o tal Alejandro Tobar gosta de Gianni Rodari, como aqueles que gostam da seduçom e a desfaçatez a um tempo (olhem para o rosto do gajo). Haverá que ler o romance (*romance*, sim, nom *novela*) e julgar seriosamente.
6. bertus | 29/Xaneiro/2009 at 12:11
Outra novela na que creo que aparece “bueno” é “Non sei cando nos vermos” (unha das miñas favoritas) de Rei Ballesteros . Nela, o narrador xustifica o emprego de varias palabras “incorrectas”, pero, coido lembrar, non a de “bueno”.
Este autor, amais, ten un interesante ensaio no que fala do reintegracionismo:
http://www.bvg.udc.es/indice_paxinas.jsp?id_obra=Afldabo+1&id_edicion=Afldabo+1001&cabecera=%3Ca+href%3D%22ficha_obra.jsp%3Fid%3DAfldabo%2B1%26alias%3DAnxo%2BA.%2BRei%2BBallesteros%22+class%3D%22nombreObraPaxina%22%3EA+flor+da+boca%3C%2Fa%3E&alias=Anxo+A.+Rei+Ballesteros&formato=texto
7. bertus | 29/Xaneiro/2009 at 12:18
“Non sei cando nos *veremos”
8. alema | 29/Xaneiro/2009 at 12:43
#6
tomo nota
graciñas!
9. Iago | 29/Xaneiro/2009 at 18:06
A ver oh!
Poderiades poñer un tradutor pra os comentarios?
E que hai algúns que non hai quen os entenda!
Refírome a un tradutor Pailán-Galego, si.
Graciñas!
P.s.: Estes son os típicos que tentan facer da súa escritura unha “nova forma de vida” e logo, ó falar, de cada 4 palabras que din 3 son “Bueno”. E a outra é un insulto.
Non perden unha, carallo! Eu tampouco!
Deixa un comentario
HTML permitido:
<a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <strike> <strong>
Trackback deste artigo | Subscribirse aos comentarios mediante RSS