Aos reintegratas non lles laian as feridas
Existe un verbo galego precioso, inexistente en portugués, chamado “laiar”. E é unha palabra tan xenial que mesmo chega a formar parte do español internacional de Galicia, transformado en *”layar“. Moitos galegos emprégana en castelán pensando que é un verbo españolísimo… pero-te-va-ser-que-no
. Algo que, por certo, pasa tamén con “esmagar”… [De feito, hai quen pensa que "esmagar" (inexistente en castelán) e "aplastar" non son exactamente o mesmo].
Bueno… ao que vou. Resulta que consulto o dicionario dos reintegratas e vexo que efectivamente aparece a palabra “laiar” pero só co significado de “lamentar-se” ou “dar gemidos“. Pola contra, en ningún lugar figura o outro significado molón da palabriña e que si que pode lerse nos dicionarios do galego RAG. “Producir dor [unha ferida ou unha parte do corpo ferida]. Láiame a ferida. Moito me laia a queimadura“, di o dicionario de galego que hai na Xunta (e que irresponsablemente ninguén se encargou de renovar desde os últimos cambios da normativa
).
Pois iso… Dado que non existe nos dicionarios portugueses e que no único dicionario reintegrata non aparece, será que “laiar” co significado de “producir dor” non é galego para os amiguiños do nh? Ou será que xa se fixeron tan duros que non lles laian as feridas?
[Beijinhos]
60 comments Xaneiro 21st, 2009


