Radiofusiòn, primeiro medio de comunicación que apoia o ‘bueno’
19/Xaneiro/2009
Non paran de producirse adhesións á causa ‘bueno é galego‘. A última máis significativa é do grupo de emisoras Radiofusiòn. Son unha trintena de radios de ámbito local que fan unha programación integramente en galego e cuxos locutores tamén padecen o estigma de non poder dicir o ‘bueno’ a vontade, como debería de ser. O apoio dos medios de comunicación é fundamental para o triunfo da nosa campaña e este é o primeiro que aplaude a nosa causa! Cada día que pasa está máis próxima a meta, non hai dúbida.
Por outra parte, teño que volver ao tema do outro día. Segue a campaña de acoso por parte dun lector de alema.org para que NON se publique a entrevista máis agardada, a dun ex-reintegracionista que denuncia ameazas, insultos, etc. despois de abandonar a norma nh. Este é o último capítulo desta truculenta historia.
Artigo gardado en: alema malo, audiovisual, lingua, rede



4 comentarios Deixa o teu comentario
1. ghegheo | 20/Xaneiro/2009 at 0:25
Estás de carallada ou realmente non sabes quen é o do vídeo?
http://technorati.com/videos/youtube.com%2Fwatch%3Fv%3Dkizime31ajg
2. Galeguzo | 20/Xaneiro/2009 at 9:52
Andressolo, patriota galego no exílio
Já dizia eu que me soava a sua voz no post do outro dia 
3. meninheira | 20/Xaneiro/2009 at 10:45
hahahaha Deus os da e eles se xuntan!!
A min tamén me soaba a voz o outro día!!
4. manu | 28/Xaneiro/2009 at 19:06
cuxos canta un pouco non?
Como linguista xa me contaras… (sintoo, a dieresis e as tildes marcharon de festa)
Deixa un comentario
HTML permitido:
<a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <strike> <strong>
Trackback deste artigo | Subscribirse aos comentarios mediante RSS