Arquivo de 18 Xaneiro 2009

O xefazo de Xerais, fan de alema, apoia “iniciativas realistas” como a do bueno

Os que defendemos a causa do ‘bueno’ acabamos de recibir un apoio fundamental. O director xeral de Edicións Xerais de Galicia, Manuel Bragado, publicou un artigo en que aplaude esta campaña, que chega a cualificar de “realista”. “Apoio con convicción” -di Bragado no seu blog Brétemas- “a iniciativa de recoñecemento de «bueno»”.

A ninguén lle escapa que se trata dun empuxón do mundo editorial que pode ser definitivo para a consecución do noso obxectivo. Quen nos verá axiña, podendo consultar no Dicionario Xerais da Lingua un ‘bueno’ que non teña un asterisco deses que sinalan as entradas incorrectas. Bueno, nese e en todos os dicionarios do noso idioma… Estou seguro de que ese día non ha tardar.

Por outro lado, e para alimentar un pouco o ego despois de varias labazadas recibidas neste longo período no desemprego, estou marabillado con que Bragado se proclame fan deste humilde blog con palabras tan cariñosas como

Gústame a súa declaración de principios como galegofalante urbano (condición coa que me identifico, eu que nunca tiven aldea).”

En fin… que podo dicir? Estou realmente emocionado e só lle podo dar as grazas a Bragado por este apoio. Dentro duns anos, cando dicir bueno sexa plenamente legal en galego ou cando acabe ese estigma que aínda pesa sobre os galegofalantes urbanitas, quedará constancia do seu xesto valente.

Pero hoxe non todo son boas noticias. Recordades que hai pouco vos anunciei que habería unha entrevista cun ex-reintegrata ao que ameazaron, insultaron, etc. despois de abandonar a grafía nh/lh/ç? Pois ben, a historia deu unha reviravolta bastante desagradable ao recibir eu esta tarde un e-mail cun arquivo de son que non reproduzo na súa totalidade para non ferir sensibilidades. A min só se me ocorre responderlle a este individuo mediante este vídeo.

Insisto: martes, ás 22.00 horas. Ti non sabes con quen estás falando… ¬¬

42 comments Xaneiro 18th, 2009


AVISOS

Últimos comentarios

E ti que galego falas na escala de alema? aquí

Mini-chat

Latest on Mon, 00:28

aita: hai alguén aquí? teño unha dúbida: cando se usa 'ó' e cando 'ao'

magnummare: ... un que funcione, porque xa vexo que o teu no vai moi ben... XD XD

magnummare: Señor alema!! com introduciu iso que ten ai de "este blog en portugues automatico"? grasias de antebraso!! :P

Yuji: Obrigado Aloquete. Vou colocar na minha lista pra quando pedir livros galegos! :) Ah sim, e achei um artigo seu sobre literatura galega em Portugal, [...]

Aloquete: Yuji, um romance magnífico é PAPAVENTOS, de Xavier Queipo. Cosmopolita, mas galego de cima a baixo.

» Escribe algo



Featured Advertiser

Artigos recentes

 

Categorí­as

Tags

Meta