Arquivo de 15 Xaneiro 2009

A crúa realidade (2)
Onde dan galego en Filoloxía Portuguesa?
Nas universidades de España (y olé)

Unha vez comprobado que as autoridades académicas portuguesas non inclúen o ensino do galego nos plans de estudo da carreira equivalente a Filoloxía Portuguesa, fago unha visita virtual por algúns dos campus universitarios españois onde tamén se imparte esta titulación… E sorpresa! A diferenza do que acontece en Portugal, o galego si que aparece como materia de estudo no Reino de España, ese reino tan billy-pendiado polos reintegracionistas e do que os reintegratas -recordan eles mesmos continuamente- son súbditos.

Na Universidade de Estremadura, o galego está presente en dúas materias de primeiro e segundo curso. Na Universidade de Salamanca, tamén hai disciplinas exclusivas de galego: en segundo curso (lingua) e en terceiro (literatura). Todo isto contrasta, volvo insistir, coa ausencia case total das “falas galegas” que hai nos estudos da Licenciatura em Estudos Portugueses e Lusófonos que se imparte nas universidades dos nosos veciños de abaixo.

Pero hai outro aspecto que me deixou perplexo [lido "perplekso"] nesta investigación. Na Universidade de Barcelona hai dous títulos de segundo ciclo, separados. Un é Filoloxía Galega e outro é Filoloxía Portuguesa… E o máis curioso de todo é que en Filoloxía Galega non se estuda nada de portugués, e en Filoloxía Portuguesa non se aprende nada de galego. É dicir, esta universidade catalá marca aínda máis as distancias entre un idioma e outro. E estamos falando de Cataluña, onde lles sabe mal que lle chamen ao valenciano unha lingua diferente do catalán. :D

54 comments Xaneiro 15th, 2009

Próxima exclusiva: coiteladas reintegratas

Xa vos podo anunciar que este blog publicará en breve e en rigorosa exclusiva outro documento único. O testemuño arrepiante dun personaxe moi, moi coñecido na rede e con pasado reintegracionista, que tivo que escoitar de todo polas cousas que dixo sobre a norma nh tras regresar ao redil. En fin… Outra exclusiva a não perder en alema.org… proximamente. Quedan avisados.

12 comments Xaneiro 15th, 2009


AVISOS

Últimos comentarios

E ti que galego falas na escala de alema? aquí

Mini-chat

Latest on Mon, 00:28

aita: hai alguén aquí? teño unha dúbida: cando se usa 'ó' e cando 'ao'

magnummare: ... un que funcione, porque xa vexo que o teu no vai moi ben... XD XD

magnummare: Señor alema!! com introduciu iso que ten ai de "este blog en portugues automatico"? grasias de antebraso!! :P

Yuji: Obrigado Aloquete. Vou colocar na minha lista pra quando pedir livros galegos! :) Ah sim, e achei um artigo seu sobre literatura galega em Portugal, [...]

Aloquete: Yuji, um romance magnífico é PAPAVENTOS, de Xavier Queipo. Cosmopolita, mas galego de cima a baixo.

» Escribe algo



Featured Advertiser

Artigos recentes

 

Categorí­as

Tags

Meta