Arquivo de 14 Xaneiro 2009

A crúa realidade
Os filólogos portugueses estudan literatura angolana e ‘graffiti’ pero galego, nin mu

Un dos aspectos onde se demostra máis claramente a falta total de interese polo galego na lusofonía en xeral e de Portugal en particular vén do sistema educativo e, máis concretamente, da Universidade. Un desprezo que, por outra parte, contrasta cos achegamentos que dá o chamado “isolacionismo” coa aprendizaxe do portugués, a pesar das proclamas que algúns se encargan de espallar. E para iso só hai que comparar dúas variables:
1) O galego que estudan os futuros filólogos portugueses
2) O portugués que estudan os futuros filólogos galegos
Atendan ben a este artigo, meus queridos amigos reintegratas e simpatizantes, porque se cadra van quedar de pedra… tanto ou máis como quedei eu.

Empecemos a responder a primeira cuestión. Que estudan os que fan o equivalente a Filoloxía Portuguesa en Portugal? Acudimos á web da Universidade do Porto para consultarmos o programa de estudos da chamada Licenciatura em Estudos Portugueses e Lusófonos e comprobamos que non existe nin unha soa materia, nin unha soa, dedicada en exclusiva ao estudo do galego (ou do dialecto galego, como lle chamarían algúns). Nada. É máis: os alumnos desa facultade teñen como obrigatoria unha materia de Literatura Angolana (6 créditos), pero non existe nin sequera a posibilidade de ter como optativa unha triste áula de literatura galega.

Vendo o programa de estudos, demóstrase que se lles dá máis importancia por exemplo ás Literaturas Orais e Marginais (12 créditos), onde se analizan, iso si, os graffiti, ese tema que dominan tan ben algúns reintegracionistas galegos. Cabería pensar que no interior dalgunha materia si se trata o tema galego, pero non… En ningunha disciplina se inclúe o galego como unha variedade do portugués. En ningunha. Unicamente se trata a cuestión galega e, de pasada, cando se estuda Literatura Portuguesa Medieval (o de Galego-Portuguesa non aparece nin sequera no título da materia). Da Idade Media para adiante non existe nin a nosa literatura nin a nosa lingua. Nada de nada. Un escándalo que, por certo, se repite noutras universidades portuguesas.

Moi ben… Comparemos isto agora co portugués que estudan os alumnos da Facultade de Filoloxía Galega na Universidade de Santiago de Compostela, carreira tan denostada polos reintegracionistas. O programa déixao ben clariño. No primeiro curso, hai que facer obrigatoriamente 12 créditos de Lingua Portuguesa, e no segundo curso, outros 12 créditos obrigatorios de Introdución á Literatura Portuguesa. Como optativa, hai tamén a opción de estudar Lingüística Contrastiva Galego-Portuguesa.

Aí o tedes. Queda clara unha vez máis que o interese entre o galego e a “lusofonía” non é recíproco, nin de lonxe. A canción volve repetirse, coma noutros moitos ámbitos. Os galegos, como non pode ser doutro xeito, interesándose e afondando na lingua irmá. E os portugueses, como queda patente, ignorando case completamente todo o que ten que ver co galego. Esa é parte da realidade que seguro que moitos non queren afrontar.

(Continuará)

40 comments Xaneiro 14th, 2009


AVISOS

Últimos comentarios

E ti que galego falas na escala de alema? aquí

Mini-chat

Latest on Mon, 00:28

aita: hai alguén aquí? teño unha dúbida: cando se usa 'ó' e cando 'ao'

magnummare: ... un que funcione, porque xa vexo que o teu no vai moi ben... XD XD

magnummare: Señor alema!! com introduciu iso que ten ai de "este blog en portugues automatico"? grasias de antebraso!! :P

Yuji: Obrigado Aloquete. Vou colocar na minha lista pra quando pedir livros galegos! :) Ah sim, e achei um artigo seu sobre literatura galega em Portugal, [...]

Aloquete: Yuji, um romance magnífico é PAPAVENTOS, de Xavier Queipo. Cosmopolita, mas galego de cima a baixo.

» Escribe algo



Featured Advertiser

Artigos recentes

 

Categorí­as

Tags

Meta