Arquivo de 12 Xaneiro 2009

É posible aprobar títulos de portugués falando galego? A resposta debería ser non

Hoxe tráiovos outro exemplo evidente e práctico de que galego e portugués non son a mesma lingua. E é que cando nós os galegos nos examinamos de portugués oral non deberiamos de obter un aprobado falando directamente o galego que empregamos para falar por casa. Nas escolas de idiomas pode haber algún profe pro-reintegrata que faga a vista gorda, pero nos títulos que outorgan as autoridades lingüísticas lusófonas a cousa xa non é tan sinxela.

É normal. Cando un estuda portugués, debe asumir o léxico, a sintaxe… e como non, a fonética e a prosodia da lingua portuguesa! E non esixilo por parte do profesorado sería unha grave irresponsabilidade, unha prevaricación. Os que examinan de portugués oral deben asegurar que os alumnos se expresen dunha maneira comprensible para unha persoa de lingua portuguesa… e sinceramente, en moitos casos, mesmo que a fonética dun alumno sexa perfecta en galego, non ten por que alcanzar ese nivel de comprensión en portugués.

Do mesmo modo, tampouco sería normal que un alumno portugués viñese a Galicia a facer cursos de galego e aprobase a parte oral falando en portugués sen mudar minimamente a súa fonética e ata o seu sotaque. E todo porque o sistema fonético galego é bastante diferente do portugués, moito máis rico en vogais e cunha forma de sesear para nós moi difícil de arremedar.

A ver… imaxinemos. Se un alumno castelanfalante leva un suspenso porque non sabe pronunciar os enes velares de “camión”, “unha” e “ben”, a mesma nota -un suspenso- merece un portugués que non demostre a súa destreza con ese fonema xenuíno galego. Do mesmo xeito, un alumno galego tampouco merecería aprobar portugués se non sabe distinguir entre jacto e chato ou se non sabe pronunciar con xeito as vogais nasais ou as consoantes sibilantes.

Eu sempre o digo. Para os galegos, aprender portugués é fácil e difícil ao mesmo tempo. Fácil porque existe unha proximidade lingüística innegable. E difícil porque moitas veces damos por boas en portugués cousas que en realidade non o son, que en portugués soan “raras”, que denotan que non estamos a falar “niquelado” o idioma… E vouvos dicir máis. Eu, cando aprendía portugués en Portugal, ás veces sentía mesmo envexa dos estranxeiros que sabían pronunciar mellor o portugués ca min simplemente porque partían de cero na fonética, cousa que a nós os galegos non nos pode pasar.

E outra lección básica que saquei alí: canto máis portugués sei, máis galego me sinto. ;-)

28 comments Xaneiro 12th, 2009


AVISOS

Últimos comentarios

E ti que galego falas na escala de alema? aquí

Mini-chat

Latest on Mon, 00:28

aita: hai alguén aquí? teño unha dúbida: cando se usa 'ó' e cando 'ao'

magnummare: ... un que funcione, porque xa vexo que o teu no vai moi ben... XD XD

magnummare: Señor alema!! com introduciu iso que ten ai de "este blog en portugues automatico"? grasias de antebraso!! :P

Yuji: Obrigado Aloquete. Vou colocar na minha lista pra quando pedir livros galegos! :) Ah sim, e achei um artigo seu sobre literatura galega em Portugal, [...]

Aloquete: Yuji, um romance magnífico é PAPAVENTOS, de Xavier Queipo. Cosmopolita, mas galego de cima a baixo.

» Escribe algo



Featured Advertiser

Artigos recentes

 

Categorí­as

Tags

Meta