Arquivo de 10 Xaneiro 2009

Aquí caen folerpas…
…pero en Portugal ‘folheca’ e ‘graniza’

A neve é unha cousa moi bonita e tal pero tamén pode significar un atranco, inclusive nas nosas relacións co mundo lusófono. Aquí en Galicia caeron unha chea de ‘folerpas’, unha palabra (outra máis) descoñecida nos países de lingua portuguesa. Consulto no dicionario e resulta que hai unha chea de sinónimos en galego para esa palabra (cerello, faísca, falopa, fargallo, farrapo, foleca, felepa, folepa, etc)… e curiosamente ningún deles figuran en dicionarios portugueses. Como se di ‘folerpa’ en portugués? Pois floco ou floco de neve. De feito, o famoso e finado gorila ‘Copito de Nieve‘ chamábase ‘Floco de Neve’ no mundo lusófono.

Caben as nosas ‘folerpas’ no portugués? Pois todo indica que non. O máis parecido que hai á palabra en cuestión é ‘folheca (palabra que pode dar lugar confusións aquí… e non digamos o verbo ‘folhecar’!), aínda que ese termo figura só como “regionalismo” nos dicionarios portugueses. En fin… queda demostrado que o galego posúe un amplo vocabulario propio relacionado coas partículas de neve, vocabulario que nada ten que ver co portugués, que prefire falar de “flocos (non confundir co último invento d’A Navalla Suíza).

Pola contra, para nós un ‘floco’ pode ser un fío que sobresae (en castelán, fleco), o peiteado de moda (en castelán, flequillo) ou o que se adoita comer nos cines (en castelán palomita de maíz e en portugués pipoca). O uso de ‘floco’, para referirse ao pop-corn, fai que nos diferenciemos dos dous idiomas veciños… e algo parecido sucede con outra palabra relacionada coa meteoroloxía que xa adiantei no titular, e que é ‘granizo‘.

Granizo‘ é tan castelanismo ou máis que ‘bueno’, coa diferenza de que “bueno” non ten equivalente no noso idioma e “granizo” si. Nós dicimos sarabia ou saraiba (aínda que o VOLG prefire a primeira), pedra, pedrazo, etc. En Portugal tamén existe a palabra saraiva, aínda que se usa moitísimo máis o xa citado ‘granizo, un castelanismo tan heavy que nin sequera aparece no dicionario Estraviz, aínda que si nos dicionarios portugueses.

39 comments Xaneiro 10th, 2009


AVISOS

Últimos comentarios

E ti que galego falas na escala de alema? aquí

Mini-chat

Latest on Mon, 00:28

aita: hai alguén aquí? teño unha dúbida: cando se usa 'ó' e cando 'ao'

magnummare: ... un que funcione, porque xa vexo que o teu no vai moi ben... XD XD

magnummare: Señor alema!! com introduciu iso que ten ai de "este blog en portugues automatico"? grasias de antebraso!! :P

Yuji: Obrigado Aloquete. Vou colocar na minha lista pra quando pedir livros galegos! :) Ah sim, e achei um artigo seu sobre literatura galega em Portugal, [...]

Aloquete: Yuji, um romance magnífico é PAPAVENTOS, de Xavier Queipo. Cosmopolita, mas galego de cima a baixo.

» Escribe algo



Featured Advertiser

Artigos recentes

 

Categorí­as

Tags

Meta