Arquivo de 9 Xaneiro 2009

Os lectores do Xornal de Galicia
premian o Osiño Gominola

O Osiño Gominola segue acaparando galardóns e a atención dos medios de comunicación “convencionais”. A piques de superar as 3.000 reproducións en YouTube, o verdadeiro ghit do verán pasado foi elixido “o descubrimento friqui” polos lectores do suplemento de lecer Exit do Xornal de Galicia, tal e como se pode apreciar neste escaneo… [O texto di, por se non o ledes ben: "O DESCUBRIMENTO FRIQUI / OSIÑO GOMINOLA / Unha grande sorpresa a que nos levamos ao ver este vídeo. Poñede "osiño gominola" en YouTube e veredes"].

O Osiño Gominola tamén aparece na portada do suplemento

En realidade, o Osiño Gominola está no número 3 do ránking do máis friqui do ano 2008, xusto por detrás de Rodolfo Chiquilicuatre e do propio suplemento Exit, que debe ser moi friqui tamén a xuízo dos seus lectores.  :D  Sexa como for, desde aquí non podemos máis que felicitar o Osiño Gominola por este novo éxito (que non “sucesso“  :-P  :D ).

Por certo, e xa que estamos con auto-bombos varios, saiban que a causa de “bueno é galego” xa chegou aos 800 asinantes. Axiña seremos 1.000! :D

6 comments Xaneiro 9th, 2009


AVISOS

Últimos comentarios

E ti que galego falas na escala de alema? aquí

Mini-chat

Latest on Mon, 00:28

aita: hai alguén aquí? teño unha dúbida: cando se usa 'ó' e cando 'ao'

magnummare: ... un que funcione, porque xa vexo que o teu no vai moi ben... XD XD

magnummare: Señor alema!! com introduciu iso que ten ai de "este blog en portugues automatico"? grasias de antebraso!! :P

Yuji: Obrigado Aloquete. Vou colocar na minha lista pra quando pedir livros galegos! :) Ah sim, e achei um artigo seu sobre literatura galega em Portugal, [...]

Aloquete: Yuji, um romance magnífico é PAPAVENTOS, de Xavier Queipo. Cosmopolita, mas galego de cima a baixo.

» Escribe algo



Featured Advertiser

Artigos recentes

 

Categorí­as

Tags

Meta