‘Jurjo’ e o carriño da compra
Leo con estupor unha entrevista a Xurxo Souto no PGL realizada polo señor Alexandre Baños, presidente da AGAL. Si, si… Baños con ñ e non con nh. Eu tiña por costume respectar o modo en que as persoas escriben os seus nomes, pero xa empezo a fartarme. Baños con ñ porque a súa entrevista é a ‘Jurjo‘ (que non a Xurxo) Souto, subdirector de programas da Radio Galega. Que conste en primeiro lugar que Jurjo, igual que Anjo, é outro nome do que pasa olimpicamente a lusofonía. En Portugal -onde un pode chamarse Josete ou Jovito- Jurjo sería Jorge en todo caso.
Pero bueno… O caso é que Baños entrevistou a Xurxo Souto. E non… non vou estenderme moito no modo en que Baños consegue reintegratizar o seu convidado. Sempre me flipou moito que todos os que pasan polo PGL acaban compartindo experiencias similares (que se eu falei galego en <poña aquí calquera país lusófono>, que se está claríssimo que galego e portugués son o mesmo idioma, que se a nosa lingua é internacional, etc., etc.). Unha vez lida a entrevista, fáisenos evidente que Xurxo Souto é super-reintegrata… aínda que só dentro das fronteiras do PGL, claro. Unha mágoa.
Non. Hoxe non quero poñerme en plan transcendental. Hoxe só quero destacar o que verdadeiramente me chamou a atención da entrevista. E son as fermosas fotografías que se tomaron para o acontecemento. Unhas instantáneas onde o pro-reintegracionismo de Xurxo Souto se dilúe nun contorno nada glamouroso, que inclúe un abrigo colgado nunha porta e ata un carriño da compra!


Pero quen vai tomar así en serio o reintegracionismo? Entrevistar un directivo da Radio Galega co carriño da compra e ata cun cable por aí colgando! Pero esa que era? A casa de Souto? A casa de Baños? [Uis, saíume sen querer
un xogo de palabras que só entenderán alá abaixo] Un decorado feito ad-hoc?
Ai, non. Perdón, perdón, perdón. Acabo de ler isto no pé do artigo: “Entrevista realizada no dia 19 de Dezembro de 2008 nos locais do Novas da Galiza, em Compostela”. Agora as preguntas son outras: que carallo fai un carriño da compra no local ese? Non será máis ben unha casa particular que serve de “base” para a redacción dese xornal? Que segredos gardarán esas caixiñas de cores que están detrás de Souto? Non lles roza na porta ese tipo de colgadores? Dígoo porque eu comprei uns deses e acabei quitándoos porque me escarallaban o verniz da porta…
En fin, para que logo digan que a imaxe non é importante.
———————————————————-
Por certo, como estamos en noite de Reis, hoxe hai bonus track: o vídeo de Alexandre Baños falando en galego português da Galiza na Assembleia da República de Portugal. Todo un exemplo de como NON falamos neste país.
82 comments Xaneiro 6th, 2009


