Arquivo de 1 Xaneiro 2009

Propósitos para o ano novo:
Hai no mundo máis de 2.009 reintegratas?

Comeza un ano novo e é hora de ir fixando prioridades para este blog, porque o que é para a vida persoal só teño unha: saír dunha vez do paro ou polo menos encontrar un spónsor para alema.org (algunha idea? :D). Bueno, ao que ía: que o 2009 tamén vai traer algunhas novidades nesta web que tanto vos gusta. A primeira delas, como xa adianto no título, é unha investigación exhaustiva, profunda para coñecer non un número exacto pero si aproximado dos reintegratas que hai no mundo.

E non é co obxectivo de dicir o típico… que se son 6 ou 7, etc. etc. Non. É para que saibamos a dimensión real deste colectivo de xente que vive na(s) normativa(s) paralela(s). E, sobre todo, para coñecermos se é un grupo que crece ou diminúe co paso do tempo, ou en que medida pode ser unha opción de idade, de militancia política ou ata de sexo (o xa famoso “poucas tías, non?” :D ).

O que teño claro é que neste 2009 me gustaría que alema.org continuase sendo un lugar de debate das distintas posturas, onde poidamos botarnos os trastos á cabeza… con todo o cariño do mundo, como xa viñemos facendo durante o finado (menos mal) 2008. Un lugar, en definitiva, para afrontar o que nos gusta e o que non nos gusta de nós mesmos… os nosos propios fantasmas.

Por certo, e xa que estamos… Alguén me pode explicar por que “fantasma” é masculino (o fantasma) e “pantasma” é feminino (a pantasma)? Só vos direi unha cousa: isto que vos conto é tanto en galego RAG coma en galego AGAL (consúltese o Estraviz). Pola contra, en portugués non existe a palabra “pantasma”, un vocábulo, por outra parte, tan noso… En fin, outro misterio sen resolver da lingua para abrir boca… :D

Feliz ano a todos! ;-)

19 comments Xaneiro 1st, 2009


AVISOS

Últimos comentarios

E ti que galego falas na escala de alema? aquí

Mini-chat

Latest on Mon, 00:28

aita: hai alguén aquí? teño unha dúbida: cando se usa 'ó' e cando 'ao'

magnummare: ... un que funcione, porque xa vexo que o teu no vai moi ben... XD XD

magnummare: Señor alema!! com introduciu iso que ten ai de "este blog en portugues automatico"? grasias de antebraso!! :P

Yuji: Obrigado Aloquete. Vou colocar na minha lista pra quando pedir livros galegos! :) Ah sim, e achei um artigo seu sobre literatura galega em Portugal, [...]

Aloquete: Yuji, um romance magnífico é PAPAVENTOS, de Xavier Queipo. Cosmopolita, mas galego de cima a baixo.

» Escribe algo



Featured Advertiser

Artigos recentes

 

Categorí­as

Tags

Meta