Síntome como Halle Berry
Calidonia entregoume un ‘Razzie’
Quedan poucas horas para que termine este nefasto 2008 e, á espera de que o ano que vén sexa mellor, recibo a grata noticia de que me conceden un premio… á peor iniciativa blogueira.
E todo por cometer o pecado mortal de intentar que se recoñeza unha interxección tan nosa, tan galega como é “bueno” como iso precisamente, como plenamente galega. Co seu galardón, o amigo Calidonia conseguiu facerme sentir como cando Halle Berry, co Óscar na man, foi recoller o seu premio ‘Razzie’ á peor actriz.
Pois eu, igual que Halle Berry, recollo o premio con humildade e con bo humor, sendo consciente tamén de que a campaña ‘bueno é galego‘, da que seica se falará en breve outra vez nos medios de comunicación convencionais, é todo un triunfo para o meu idioma.
De feito, é a causa non xenérica arredor do galego que máis triunfa en facebook. O ano pecharase con case 800 asinantes e é ben probable que cheguemos axiña á cifra máxica dos 1.000.
Establecendo algunhas comparativas (con datos do 30 de decembro de 2008) do éxito dalgunhas iniciativas do facebook relacionadas con Galicia e co galego, os datos son ben reveladores:
- Eu falo galego!!: 897 membros
- Bueno é galego: 784 membros
- O Apalpador quer ser o teu amigo: 505 membros
- Adiante BNG!: 182 membros
- Manifesto a prol da convivencia lingüística: 174 membros
- Ana Kiro, premio nacional de Música: 150 membros
- Fans do caldo galego: 58 membros
- Gay-liza: 30 membros
- Instituto da Lingua Galega (USC): 25 membros
- Rouco Varela, papa galego: 18 membros
- Associaçom Galega da Língua: 12 membros (bueno, agora 13, que acabo de sumarme ao grupo
)
A comunidade de galegofalantes apoia maioritariamente a inclusión de “bueno” como palabra galega. Ese é o meu Óscar, Calidonia. Thanks for your Razzie, anyway. ![]()
12 comments Decembro 30th, 2008


