Arquivo de 27 Decembro 2008

O deporte sepáranos da lusofonía

Hoxe que estamos de cita futbolística coa selección nacional, gustaríame reclamar a galeguidade de dúas palabras que non existen no mundo lusófono e que nos son propias. Unha é “adestrar” e outra é “seareiro” (con i -”siareiro”- non é unha forma correcta). No primeiro caso, os portugueses din “treinar” (parecido ao castelán “entrenar” e en calquera caso un galicismo ao proceder do “entraîner” francés), e no segundo, a lusofonía aposta pola forma “adepto” (alá non existen nin sequera os “afeccionados”). Titulares tipo “Quece Riazor coa paixón seareira” son impensables e incomprensibles para calquera medio de comunicación de lingua portuguesa, por exemplo. Habería que recordar tamén que o Estraviz non recolle o significado de “seareiro” como “afeccionado deportivo”. Un reintegrata, pois, non debe dicir esa palabra baixo ningún concepto ou, se o fai, ten que ser consciente da súa incorre[c]çom/-ão.

E digo eu… Por que habemos de renunciar a esas palabras tan propias por outras alleas? En realidade cumpriría recordar que o vocabulario deportivo galego está inzado de diferenzas co vocabulário desportivo português. Empezando pola propia palabra “deporte”, que en portugués internacional de Portugal é “desporto” e en portugués internacional do Brasil é “esporte“… e así seguirá sendo por moito Acordo Ortográfico que haxa polo medio.

Gustaríame coñecer que opinión teñen algúns sobre a evolución da palabra “desporto”, porque segundo teño entendido, a orixe primixenia da palabra é o francés “deport”… a letra s de “desporto” ou “esporte” (pronunciado “espòchi“) engadiuse por contaminación do inglés “sport” alá polo século XIX. Os que claman pola pureza da Idade Media poderían verse afectados tamén por semellante estranxeirismo… pero non é o caso porque xa sabemos que cando é o portugués o que está “manchado”, as “nódoas” [manchas, en galego] non son tales. As interferencias con outras linguas algúns só as dan por boas cando previamente as deu por boas o portugués.

E que me dicides da evolución do “football” ao portugués “futebol (”fuchiból” en portugués internacional do Brasil)? Para min é clarísimo que o portugués non acertou coa adaptación desa palabra. Porque o acento de “football” en inglés non é na última sílaba (futból) senón na primeira (fútbol), de aí que en galego se decidise, con siso ao meu entender, espallar “fútbol” e non “futebol“, por exemplo. Para que queremos nós o “e” de futebol? En portugués ata pode estar xustificado para marcar a pronuncia do t, pero en galego… Para que?

En fin, que hai unha chea máis de exemplos de singularidade deportiva galega fronte á lusofonía. E poden contarse por miles, por milleiros e ata por millares. :D

—————————————————-

PD: Os portugueses tampouco teñen nin puta idea do que é “a Irmandiña” (ou a “Irmandinha“). “Irmandinho” non vén nos dicionarios de alá abaixo. :D

51 comments Decembro 27th, 2008


AVISOS

Últimos comentarios

E ti que galego falas na escala de alema? aquí

Mini-chat

Latest on Sat, 21:43

magnummare: ... un que funcione, porque xa vexo que o teu no vai moi ben... XD XD

magnummare: Señor alema!! com introduciu iso que ten ai de "este blog en portugues automatico"? grasias de antebraso!! :P

Yuji: Obrigado Aloquete. Vou colocar na minha lista pra quando pedir livros galegos! :) Ah sim, e achei um artigo seu sobre literatura galega em Portugal, [...]

Aloquete: Yuji, um romance magnífico é PAPAVENTOS, de Xavier Queipo. Cosmopolita, mas galego de cima a baixo.

Yuji: Ola. Alguém me pode recomendar algumha novela (poesia nom, por favor) galega. Se em galego "de pueblo", melhor. Gracinhas!

» Escribe algo



Featured Advertiser

Artigos recentes

 

Decembro 2008
L M M X V S D
« Nov   Xan »
1234567
891011121314
15161718192021
22232425262728
293031  

Categorí­as

Tags

Meta