Aprenda galego: o uso pleonástico do obxecto indirecto “lle” e “lles”
O galego, a diferenza do portugués e do castelán, obriga a colocar un pronome de obxecto indirecto “lle” ou “lles” cando se especifica nunha frase o propio obxecto indirecto. E poño un exemplo: “O neno dálles mazás ás rapazas”. Neste caso é obrigatorio colocar o “lles” e considérase incorrecto dicir, por exemplo, *”O neno dá mazás ás rapazas”. En correcto portugués, pola contra, a frase sería “A criança dá maçãs às raparigas”.
O outro día este blog denunciaba “O Estraviz chámalles ‘açafatas’ ás ‘hospedeiras’ ou ‘aeromoças’”, e acto seguido, en vez de recoñecer o erro do Estraviz, varios reintegratas saíron criticando o uso pleonástico do obxecto indirecto “lles”, que eu mantiña que era correcto galego. As críticas que se escoitaron foron: “Por certo, Alema, no título do artigo sobra-che o “lles”. Esse uso pleonástico é um castelhanismo flagrantíssimo“; “É um escândalo para qualquer pessoa que fale galego“, etc., etc..
Pois ben, será un escándalo para calquera persoa que fale galego… incluído este mozo reintegrata que nos explica quen é o Apalpador nun vídeo d’A Nosa Terra TV.
Por certo, a Anjo [nome descoñecido para a lusofonía] había que dicirlle que o Apalpador debía de ser ben cabrón, se lles desexaba aos rapaces que pasasen un ano SEN fartura. ![]()
38 comments Decembro 25th, 2008


