Arquivo de 24 Decembro 2008

Querido Apalpador…

O meu nome é alema e xa polo meu apelido -malo- deducirás que habitualmente non me porto ben. Son malo, señor Apalpador. Moi malo. Este ano, revolucionei o galiñeiro ao pedir que se admitise “bueno” como interxección galega (xa imos case por 800 sinaturas), saquei a relucir os demos internos e as incoherencias dos meus amigos reintegratas e ata Anxo Quintana tivo que pronunciarse sobre liortas normativistas a ritmo de Gominola,… Fun malo, seino.

Pero iso non implica que non me deixes nada á beira da cama mentras durma. Permítoche que me toques o bandullo agradecido meu todo o que queiras, pero algo terás que deixarme no calcetín. Porque… haberá que deixarche un calcetín esta noite, ou non? Xa sabes que os meus son de marca, deses con raquetiñas de tenis… Espero que iso non sexa motivo de discriminación… Como espero tamén que non lles deixes carbón aos nenos malos, como fan Papá Noel (ou Pai Nadal) e os Reis Magos, que levan anos sen traerme nada… Tremendos avaros!

En fin… Non che molesto máis, que sei que esta noite vas ter moito traballo. Moitas apertiñas e biquiños… e por favor… tráeme un choio para 2009, que estou ata os c*** de estar no paro.

alema

Bo NaDal (con D e non con T) para ti e para todos :*

17 comments Decembro 24th, 2008


AVISOS

Últimos comentarios

E ti que galego falas na escala de alema? aquí

Mini-chat

Latest on Mon, 00:28

aita: hai alguén aquí? teño unha dúbida: cando se usa 'ó' e cando 'ao'

magnummare: ... un que funcione, porque xa vexo que o teu no vai moi ben... XD XD

magnummare: Señor alema!! com introduciu iso que ten ai de "este blog en portugues automatico"? grasias de antebraso!! :P

Yuji: Obrigado Aloquete. Vou colocar na minha lista pra quando pedir livros galegos! :) Ah sim, e achei um artigo seu sobre literatura galega em Portugal, [...]

Aloquete: Yuji, um romance magnífico é PAPAVENTOS, de Xavier Queipo. Cosmopolita, mas galego de cima a baixo.

» Escribe algo



Featured Advertiser

Artigos recentes

 

Decembro 2008
L M M X V S D
« Nov   Xan »
1234567
891011121314
15161718192021
22232425262728
293031  

Categorí­as

Tags

Meta