Arquivo de 23 Decembro 2008

Mega-escándalo de Nadal:
O Estraviz chámalles ‘açafatas’ ás ‘hospedeiras’ ou ‘aeromoças’

Tremenda decepción que acabo de levar co ‘Estraviz’, como sabedes, o meu dicionario de referencia e o de centos de miles de reintegratas all over the world. O caso é que estaba buscando a proposta reintegrata para denominar esas mulleres que se ocupan de atender o persoal nos avións… Si, si… As azafatas, en galego.

Atendede. Os nosos irmáns lusófonos chámanlles de dúas maneiras ás azafatas. Por un lado, en portugués internacional de Portugal son ‘hospedeiras, e por outro, en portugués internacional do Brasil son ‘aeromoças(palabra molonga onde as houber :D , por certo). En fin… sabedes cal é a solución que propón o Estraviz para as “empregadas dos aviões“? Flipade: “Açafata“. Non busquen “hospedeira” ou “aero-moça” porque, simplemente, “Nom foram encontrados (mais) verbetes no banco de dados”.  :D

A cousa é para escandalizarse e mazo, porque estou super-seguro de que para os reintegratas dicir “azafata” ten que ser outro pecado mortal pro-castelanista/españolista… Máis ou menos como dicir “bueno”… Ou non?  :D

Por certo, paréceme fatal que só exista “azafata”, “açafata“, “hospedeira” ou “aeromoça” nos dicionarios. Debería haber tamén “azafato“, “açafato“, “hospedeiro” e “aeromoço“… Por que houbo que admitir “médica”, “xuíza”, “avogada” e non “azafato”? Paréceme discriminatorio, francamente.

27 comments Decembro 23rd, 2008


AVISOS

Últimos comentarios

E ti que galego falas na escala de alema? aquí

Mini-chat

Latest on Mon, 00:28

aita: hai alguén aquí? teño unha dúbida: cando se usa 'ó' e cando 'ao'

magnummare: ... un que funcione, porque xa vexo que o teu no vai moi ben... XD XD

magnummare: Señor alema!! com introduciu iso que ten ai de "este blog en portugues automatico"? grasias de antebraso!! :P

Yuji: Obrigado Aloquete. Vou colocar na minha lista pra quando pedir livros galegos! :) Ah sim, e achei um artigo seu sobre literatura galega em Portugal, [...]

Aloquete: Yuji, um romance magnífico é PAPAVENTOS, de Xavier Queipo. Cosmopolita, mas galego de cima a baixo.

» Escribe algo



Featured Advertiser

Artigos recentes

 

Decembro 2008
L M M X V S D
« Nov   Xan »
1234567
891011121314
15161718192021
22232425262728
293031  

Categorí­as

Tags

Meta