Arquivo de 21 Decembro 2008

O ceo galego está despexado pero en Lisboa anda ‘nublado’

E é así talmente. Non temos unha triste nube no ceo hoxe que empezamos o inverno, pero por Lisboa si que hai algunha. O ceo está ‘nublado’ alí. E non anubrado ou anubado… Nublado! Porque, para quen non o saiba, a palabra ‘nublado’ é un castelanismo que está presente na lingua portuguesa pero que na lingua galega se intenta erradicar. De feito, probade a escribir a palabra ‘nublado’ cun corrector galego e con outro portugués. O portugués acéptao; o galego rexéitao.

Non deixa de ser curioso que o portugués admita ese castelanismo… e máis tendo en conta que é un derivado de ‘nuvem’, unha palabra que non ten sentido tampouco no galego dado que en ningún lugar do país existe a terminación -n (ou -m, en reintegrata) para ese termo. Quen di en galego ‘núben‘ en vez de ‘nube’? E igualmente, quen di ‘hómen‘ en vez de ‘home’? Iso é unha característica común en todo o territorio galego… Non hai ningunha aldea terremota, que eu saiba, que diga nin ‘hómen’ nin ‘núben’. Para que raio escribir logo unha letra (un -m ou un -n final) que a nós non nos serve para nada?

  

Por outro lado, o tempo meteorolóxico tamén se expresa dunha maneira diferente en galego e en portugués. Alá abaixo non ‘vai frío’ ou ‘fai frío’… alá ‘está frio’ ou ‘está calor’. Tamén teriamos que abandonar esas formas nosas de dicir as cousas simplemente por pasar ao que algúns chaman a nosa ‘variedade internacional’?

 

26 comments Decembro 21st, 2008


AVISOS

Últimos comentarios

E ti que galego falas na escala de alema? aquí

Mini-chat

Latest on Mon, 00:28

aita: hai alguén aquí? teño unha dúbida: cando se usa 'ó' e cando 'ao'

magnummare: ... un que funcione, porque xa vexo que o teu no vai moi ben... XD XD

magnummare: Señor alema!! com introduciu iso que ten ai de "este blog en portugues automatico"? grasias de antebraso!! :P

Yuji: Obrigado Aloquete. Vou colocar na minha lista pra quando pedir livros galegos! :) Ah sim, e achei um artigo seu sobre literatura galega em Portugal, [...]

Aloquete: Yuji, um romance magnífico é PAPAVENTOS, de Xavier Queipo. Cosmopolita, mas galego de cima a baixo.

» Escribe algo



Featured Advertiser

Artigos recentes

 

Decembro 2008
L M M X V S D
« Nov   Xan »
1234567
891011121314
15161718192021
22232425262728
293031  

Categorí­as

Tags

Meta