Luchi non se aclara coa ‘pelu’

19/Decembro/2008

A miña amiga Luchi ten un establecemento de beleza en Boqueixón, e este Nadal precisamente vai facer dez anos de traballo no seu humilde local. Pode dicirse que o seu chiringo é unha mostra do correr do tempo. Pero hai algo que non cambia. A Luchi gústalle atender a súa clientela en galego, idioma que ela fala habitualmente, igual ca a maioría das clientas. Pero publicitar o seu establecemento como é debido cústalle algunha que outra complicación (mental e económica, claro).

Cando a Luchi se instalou no local, e a pesar de que as clientas empregaban o castelanismo ‘peluquería‘, animouse a poñer o rótulo do establecemento en correcto galego, para dar exemplo e “normalizar”.

En correcto galego… daquela. Porque isto foi hai sete anos, pero como hai cousa de cinco os cambios da normativa aconsellaban trocos… pois ela non se cortou un pelo e cambiou ela tamén… pola súa militancia lingüística e con spray, como fan os reintegratas.

O caso é que pasou o tempo e chegou aos seus oídos que o de “perruquería” nin o de “perrucaría” son válidos agora en galego, e que ela xa non pode ser “perruqueira”. O último look na moda lingüística é “salón de peiteados” e a súa profesión, “peiteadora”, aínda que ela di que máis que peitear fai de todo: corta, pon mechas, etc. Pero en fin, traga… pero xura que será a última vez.

…Porque tres cambios de cartel en dez anos xa parecen demasiados… Con todo, ela é escéptica. Teme que en breve lle digan que “salón” xa non é, e que acabe por ser outra cousa: ata “salom“… ou “salão“… ou “saloon“… ou xa directamente “cabeleireira“, inspirado no feito de que en en Portugal os que van cortar o pelo van a unha tenda chamada “cabeleireiro“, que pode ser “cabeleireira” sendo unha muller quen a rexenta.

En fin… é evidente que o caso de Luchi a perruqueira/peiteadora/cabeleireira é completamente ficticio, e que eu non teño amigas en Boqueixón. :D   Pero esta fábula si que serve para afondar no que discutiamos o outro día: o desprestixio que supón andar cambiando normas, vocabularios, dicionarios,… E máis para unha lingua que está en proceso de asentamento.

Está ben que haxa consenso e que todas as “correntes” se sintan representadas e tal. Pero ata aquí chegamos. Nin un paso máis. A reforma de 2003 debe ser xa a última en moito, moito tempo ou corremos o risco de que a xente vexa o galego como unha carallada, como algo cambiante sen razón aparente (máis que a de complicarlle a vida á xente), como unha versión inestable dun programa informático.

O galego xa leva máis dun cuarto de século normativizado e o que menos necesita son máis cambios. E moito menos xogar ás dobres normas e/ou ao free style. Deixade que Luchi se aclare ou acabará por empregar o cartel que pon na vida real.

Artigo gardado en: fricadas, lingua, reintegratas

20 comentarios Deixa o teu comentario

  • 1. Galeguzo  |  19/Decembro/2008 at 21:24

    Duas observações após este hilarante artigo:
    1) o reintegracionismo sempre propôs a mesma solução para denominar estes locais
    2) é o isolacionismo o que tem de ir, sempre, de rémora do castelhano e livrar-se dele pouco a pouco em troca de fazer uma viragem (reintegrata) radical

    Há muitos mais exemplos, ainda que como jornalista tenho presente sempre o de “rolda de prensa”, actualmente proscrito e substuído por “conferencia de prensa” (próximo do que propõe o reintegracionismo de sempre, “conferência de imprensa”).

  • 2. Vixía  |  19/Decembro/2008 at 21:58

    Sinceiramente, aposto pola penúltima!
    Que é unha perruquería/caría, unha tenda de perrucas?
    Postos a inventar, ir directamente ao lusismo en bruto.

  • 3. Vixía  |  19/Decembro/2008 at 22:04

    (Ups, cabeleireira)

  • 4. Ghegheo  |  19/Decembro/2008 at 22:11

    Non pides nada ti, que unha norma con 30 anos de “oficialidade” sexa máis estable que outras que levan centos de anos.

    Ti sabes cando en castellano fué,dió=>fue,dio ? e sólo => solo agás ambigüidade?

  • 5. Galeguzo  |  19/Decembro/2008 at 22:28

    #4 Em 30 anos não se podem consentir mudanças radicais cada cinco anos, ho! Isso não é sério :D Mudanças ortográficas, mudanças morfológicas, de léxico comum, de terminologia especializada… Paraisso, como comenta #2, melhor imos ao “lusismo” em bruto :D

    ILG/RAG: reintegrade-vos (rémoras)!

  • 6. baro  |  19/Decembro/2008 at 22:39

    Precisamente eu como ignorante de todo, a idea que teño do problema do galego para asentarse (aparte das diversas tiranizacións castelás ó longo da historia) é que o galego non foi nunca moi uniforme e por iso sempre foi dificil facer unha norma que satisfaga a realidade oral dos falantes. (cousa que non lle ocorreu ó portugués [segundo teño entendido, o galego-portugués era máis uniforme na zona de portugal, pero quizabes me equivoco] e por iso puido evolucionar por un carril diferente.
    Se ainda por riba a norma cambia tan rapido, a normalización da lingua é mais que imposible. É como se ás diferencias xeograficas lle engadimos a cada pouco unha nova variedade linguistica.

  • 7. one2  |  20/Decembro/2008 at 14:41

    A culpa é da Luchi por ser submissa dumha norma. Ademais dumha norma pouco séria como é a do ilg-rag, porque, senhores, estas cousas nom passam no reintegracionismo. Daquela eu recomendo à Luchi que simplesmente se reintegre :-D

  • 8. alema  |  20/Decembro/2008 at 14:54

    #7
    non me veña de sobrado, que todos sabemos que non hai unha única norma reintegracionista, senón varias.

    xa se probou aquí http://alema.org/2008/10/10/e-ti-que-galego-falas-na-escala-de-alema que hai polo menos 4 niveis de reintegracionismo, do máis cool ao máis integrista, e vostede é un claro exemplo dun deses niveis (o freestyle reintegrata) :D

    non lle dea leccións á luchi, ande… :D

    ;-) :D :D :lol:

  • 9. one2  |  20/Decembro/2008 at 15:08

    #8 Claro claro, como se o isolacionismo nom tivesse os mesmos níveis (ou mais). Em calquer caso os do reintegracionismo nom mudam como si o fám os do isolacionismo.

  • 10. alema  |  20/Decembro/2008 at 15:12

    #9
    mudan, mudan…
    :D

    verá vostede canto lle queda á “norma AGAL”

  • 11. Gerardinho2000  |  20/Decembro/2008 at 19:19

    Os dobretes da norma ILG-RAG são o que diferenciam um bloqueiro (”até o impossíbel e máis aló”) do isolino convencional (”ata o imposible e máis aló”) :P

  • 12. O Peto Lareto  |  21/Decembro/2008 at 2:40

    E digo eu que podendo chamarlle “Luchi: Todo para a cabeza” son ganas de meterse en liortas…. :D

  • 13. tom-ze adito  |  21/Decembro/2008 at 20:43

    Pasei o comment de alema burrito por un tradutor automático galego-español e só deu un erro. O cual demostra que o galego que alema escribe é un decalque total do español. A ver se les a Otero Pedraio no mínimo meu!
    ————-
    no me venga de sobrado, que todos sabemos que no hay una única norma reintegracionista, sino varias.

    ya se probó aquí http que hay por lo menos 4 niveles de reintegracionismo, del más cool al más integrista, y usted es un claro ejemplo de uno dieras niveles (el freestyle reintegrata) :D

    no le dé lecciones a la luchi, ande

  • 14. alema  |  21/Decembro/2008 at 20:54

    #13
    por que non pasa os seus comentarios polo tradutor, a ver o que pasa… tom-ze-listito…?

    sempre dando leccións… habería que velo a vostede

  • 15. xaquin  |  21/Decembro/2008 at 23:22

    Tou de acordo co Peto Lareto no comentario 12
    “sem façoer ninghunha observaçoe mais”

  • 16. alema  |  21/Decembro/2008 at 23:29

    #15 o malo é que no establecemento de luchi non venden sombreiros, un produto para a cabeza tamén…!

    :D

  • 17. Tomze-adito  |  22/Decembro/2008 at 10:03

    alema está perdendo o humor? :-D :-D … burrito :-D

  • 18. alema  |  22/Decembro/2008 at 16:42

    #17
    non, ho
    pedorrito :-P :D

  • 19. moinante  |  22/Decembro/2008 at 16:51

    Moi bo este post. Mira que me rin :D

  • 20. alema  |  24/Decembro/2008 at 22:35

    #19
    ei, agradécese…! :D

Deixa un comentario

Obrigatorio

Obrigatorio, oculto

HTML permitido:
<a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <strike> <strong>

Trackback deste artigo  |  Subscribirse aos comentarios mediante RSS


AVISOS

Últimos comentarios

E ti que galego falas na escala de alema? aquí

Mini-chat

Latest on Mon, 00:28

aita: hai alguén aquí? teño unha dúbida: cando se usa 'ó' e cando 'ao'

magnummare: ... un que funcione, porque xa vexo que o teu no vai moi ben... XD XD

magnummare: Señor alema!! com introduciu iso que ten ai de "este blog en portugues automatico"? grasias de antebraso!! :P

Yuji: Obrigado Aloquete. Vou colocar na minha lista pra quando pedir livros galegos! :) Ah sim, e achei um artigo seu sobre literatura galega em Portugal, [...]

Aloquete: Yuji, um romance magnífico é PAPAVENTOS, de Xavier Queipo. Cosmopolita, mas galego de cima a baixo.

» Escribe algo



Featured Advertiser

Artigos recentes

 

Decembro 2008
L M M X V S D
« Nov   Xan »
1234567
891011121314
15161718192021
22232425262728
293031  

Categorí­as

Tags

Meta