Arquivo de 17 Decembro 2008

Embarazos que embarazan

Temos outra fonte de separación entre o galego e o portugués por culpa dos “embarazos”. Porque, a pesar de que tanto aquí como alá está permitido o uso da palabra “gravidez”, alá ninguén di “embaraço” para referirse ao estado no que están as grávidas, nin aquí se emprega habitualmente “gravidez” para referirse ao “embarazo”, termo que aparece como máis científico nos dicionarios galegos.

Efectivamente, cando a un portugués lle falas de que fulana está “embaraçada” nota que algo raro esta sucedendo. Cando un mira nos dicionarios portugueses, a palabra “embaraço” figura como popularmente “gravidez” (ou mesmo “mestruação”!), pero o certo é que non é unha palabra de uso corrente hoxe en día. De feito, en portugués é máis habitual empregar a palabra “embaraço” co significado de “impedimento”… Unha muller “embaraçada” é máis ben unha muller “molestada”. Curioso é tamén que “embaraçoso” sexa “molesto”, igual que aquí se emprega “embarazoso”.

As mulleres portuguesas “engravidam” ou “engravidecem“, están “gravidas” (pero non “ficam embaraçadas“). E todas estas expresións son de uso moi, moi reducido en galego. De feito, nin engravidar nin engravidecer aparecen nos dicionarios galegos (salvo no Estraviz, pero xa sabemos que se trata dun aspirador de lusismos). Pola contra, “grávida” e “gravidez” si que figuran, pero non como opcións preferentes para referirse ao “embarazo”, que tamén se pode dicir “preñez” e “preñazo” (e non deixa de ser curioso poder dicir “tivo un preñazo moi duro”). No dicionario de Ir Indo non aparece “gravidez ectópica”, senón “embarazo ectópico”. Por algo será.

Hai outra cousa que me gustaría comentar. En castelán parece clara a distinción entre “embarazada” (máis común) e “preñada” (máis vulgar e referida sobre todo aos animais). A mesma distinción parece que existe en portugués: “grávida” (máis habitual) fronte a “prenhada” (menos común). Acontece o mesmo co galego?

E outra cousa máis e termino. O máis habitual é empregar en galego a expresión “quedar embarazada”, pero tamén se escoita por veces “caer embarazada”. En portugués existe tanto “ficar grávida” como “cair grávida”. Por outro lado, “quedar” é un verbo que en portugués só significa “parar (quieto)”, polo que non é posible “quedar grávida”… Pola contra, o verbo “quedar” é plenamente galego e daquela si que pode dicirse “quedar embarazada”. A expresión “ficar embarazada”, a min polo menos, sóame artificial.

23 comments Decembro 17th, 2008


AVISOS

Últimos comentarios

E ti que galego falas na escala de alema? aquí

Mini-chat

Latest on Mon, 00:28

aita: hai alguén aquí? teño unha dúbida: cando se usa 'ó' e cando 'ao'

magnummare: ... un que funcione, porque xa vexo que o teu no vai moi ben... XD XD

magnummare: Señor alema!! com introduciu iso que ten ai de "este blog en portugues automatico"? grasias de antebraso!! :P

Yuji: Obrigado Aloquete. Vou colocar na minha lista pra quando pedir livros galegos! :) Ah sim, e achei um artigo seu sobre literatura galega em Portugal, [...]

Aloquete: Yuji, um romance magnífico é PAPAVENTOS, de Xavier Queipo. Cosmopolita, mas galego de cima a baixo.

» Escribe algo



Featured Advertiser

Artigos recentes

 

Decembro 2008
L M M X V S D
« Nov   Xan »
1234567
891011121314
15161718192021
22232425262728
293031  

Categorí­as

Tags

Meta