Arquivo de 16 Decembro 2008

Coñecido activista anti-bueno, sorprendido usando ‘boeno’ no seu blog (antes de ver ‘a luz’, por suposto)

Moito se meteu o blogueiro e chuceiro reintegracionista Fer cos partidarios do recoñecemento da interxección “bueno” como plenamente galega. A min, como principal promotor, chamoume de todo… ata “friki”. E en Facebook mesmo se sumou a unha campaña -de moi pouco éxito, por certo- denominada “o sea é galego”, co único obxectivo de ridiculizar a galeguidade de “bueno”. Pero para que están as hemerotecas? Para consultalas. Velaquí a proba de que o Fer empregaba “bueno” (escrito con “o”) no seu blog (Facíao Castelao, como non o ía facer el?!). Tachán!!

Image and video hosting by TinyPic

Como se pode ver, o post está escrito no ano 2005, cando este coñecido blogueiro aínda non cruzara a liña do reintegracionismo. Era daquela “friki” cando usaba “boeno”? Era menos galego daquela porque escribía en norma RAG e dicía “boeno” sen ruborizarse?

E non pensen que o usaba esporadicamente. Miren, miren, como inauguraba Fer o seu blog, hai pouco máis de tres aniños…

En fin, que non é o primeiro anti-bueno en caer nin tampouco será o último… porque bueno, por moito que reneguen, é ga-le-go. E tranquilos. Xa haberá máis episodios de “Hormigas Blancas:D

8 comments Decembro 16th, 2008


AVISOS

Últimos comentarios

E ti que galego falas na escala de alema? aquí

Mini-chat

Latest on Mon, 00:28

aita: hai alguén aquí? teño unha dúbida: cando se usa 'ó' e cando 'ao'

magnummare: ... un que funcione, porque xa vexo que o teu no vai moi ben... XD XD

magnummare: Señor alema!! com introduciu iso que ten ai de "este blog en portugues automatico"? grasias de antebraso!! :P

Yuji: Obrigado Aloquete. Vou colocar na minha lista pra quando pedir livros galegos! :) Ah sim, e achei um artigo seu sobre literatura galega em Portugal, [...]

Aloquete: Yuji, um romance magnífico é PAPAVENTOS, de Xavier Queipo. Cosmopolita, mas galego de cima a baixo.

» Escribe algo



Featured Advertiser

Artigos recentes

 

Decembro 2008
L M M X V S D
« Nov   Xan »
1234567
891011121314
15161718192021
22232425262728
293031  

Categorí­as

Tags

Meta