Arquivo de 15 Decembro 2008

Outro síntoma de auto-odio:
‘Bueno’ non pero ‘Bué da fixe’ si

É absolutamente flipante a incoherencia dalgúns dos que rexeitan con vehemencia a galeguidade da expresión ‘bueno’ pola súa orixe castelá. Refírome sobre todo a aqueles que, agora que coñecen o carácter público desta polémica, evitan por todos os medios dicir ‘bueno’ e din (máis do que dicían) ese ‘bom‘ tan artificial e tan alleo. E aseguro que son incoherentes porque se escandalizan co uso de ‘bueno’ pero logo non din nada e/ou fomentan o uso de expresións tan portuguesas (e tan pouco galegas, por outra parte) como ‘bué de fixe.

Dentro da linguaxe coloquial dos mozos portugueses é común escoitar a expresión ‘bué de fixe’. Pois ben, ‘bué‘ (que en galego quere dicir “moi” ou “mogollón”) é unha palabra supostamente de orixe angolana, que presuntamente é unha adaptación libre da expresión francesa ‘beaucoup de‘. Parece ser que esta expresión chegou a Lisboa a través dos emigrantes angolanos e que rapidamente se estendeu entre a mocidade de Portugal. Ata tal punto tivo éxito, que xa os dicionarios portugueses (aínda que non o ‘Estraviz’, que raro!) inclúen xa o verbete ‘bué’.

De todos os xeitos, nin os propios académicos portugueses se aclaran sobre como se debe dicir “correctamente” este estranxeirismo. Hai quen afirma que se di “bué de fixe“, outros “bué da fixe“, outros “bué fixe“… En fin, que a pesar de que é unha palabra con menos traxectoria no portugués e de que hai discusión sobre como debe escribirse, os autores dos dicionarios portugueses non dubidaron en incluír a palabra como parte da lingua portuguesa.

Pola contra, aquí o escándalo para algúns é maiúsculo, a pesar de que ‘bueno’ é unha expresión inmensamente máis empregada pola poboación galega e con moita máis historia no galego oral e no galego escrito. E agora parádevos a pensar: cantos estarían dispostos en facer galega a expresión ‘bué de fixe, baseándose no principio de que galego = portugués, a pesar de que aquí non a usa nin Cristo? Incoherencia e máis incoherencia. ‘Bueno’ é galego e así sempre será!
—————————————————————–

PD: E reafirmo. O equivalente a “bué de”, a pesar de que a moitos non lles agrade, é “mogollón” ou “moi” (non “moito”)… Así, “bué de fixe” equivale ao galego “moi guai”, e “bué de frío” ao galego “mogollón de frío”.

24 comments Decembro 15th, 2008


AVISOS

Últimos comentarios

E ti que galego falas na escala de alema? aquí

Mini-chat

Latest on Mon, 00:28

aita: hai alguén aquí? teño unha dúbida: cando se usa 'ó' e cando 'ao'

magnummare: ... un que funcione, porque xa vexo que o teu no vai moi ben... XD XD

magnummare: Señor alema!! com introduciu iso que ten ai de "este blog en portugues automatico"? grasias de antebraso!! :P

Yuji: Obrigado Aloquete. Vou colocar na minha lista pra quando pedir livros galegos! :) Ah sim, e achei um artigo seu sobre literatura galega em Portugal, [...]

Aloquete: Yuji, um romance magnífico é PAPAVENTOS, de Xavier Queipo. Cosmopolita, mas galego de cima a baixo.

» Escribe algo



Featured Advertiser

Artigos recentes

 

Decembro 2008
L M M X V S D
« Nov   Xan »
1234567
891011121314
15161718192021
22232425262728
293031  

Categorí­as

Tags

Meta