Arquivo de 12 Decembro 2008

A arte de organizar “debates”
sen posturas antagónicas

Os amigos da Gentalha do Pichel invitáronme a un “debate” ao que finalmente non puiden asistir pero do que me informei, como non podía ser doutro xeito, a través do PGL. E o de “debate” vai entre comiñas porque xa polo título (”Porque nom recebemos as TVs portugueses na Galiza? Obstáculos técnicos ou políticos?”) era máis que previsible a resposta: “Por obstáculos políticos”. É dicir, parto da base que os da Gentalha, pillabáns eles, sabían de antemán que o seu pretendido “debate” ía ser máis ben unha xuntanza de amigos onde todos din exactamente o mesmo discurso pero con palabras distintas. Eis o “debate”.

En fin, que achei en falta a parte contraria. Se ata en Intereconomía TV levan de cando en vez un socialista para disimular…! :D Onde había nese “debate” alguén que defendese, por exemplo, que as televisións portuguesas hai que traelas, si, pero non a calquera prezo? Ou persoas que, no seu dereito, poden consideralas como algo superfluo? E non me digan que non hai ninguén que defenda esas posturas, porque non o creo! E se non encontran a ninguén, pois non organicen un “debate”… Ás cousas hai que chamalas polo seu nome.

De todos os xeitos, gustaríame recordar unhas cantas cousas, que seguro que non saíron no “debate”:

- O escaso ou nulo interese das propias televisións portuguesas por emitir aquí. As empresas audiovisuais portuguesas non son “hermanitas de la caridá” e móvense por intereses económicos. Se realmente visen un público potencial do que sacarlle lucro, estou seguro de que se moverían bastante máis do que se moven actualmente (ou sexa, nada ou case nada). Onde están os obstáculos políticos aí? En ningún sitio.

- Ata onde estamos dispostos a pagar os galegos polas televisións portuguesas? Estimacións da propia Xunta falan de 20 millóns de euros só polo múltiplex por onde irían as canles lusófonas. E cumpriría recordar tamén que a programación que nos chegaría aquí non sería nin de grandes partidos de fútbol, nin de películas, nin de series de produción allea… É dicir, a pregunta é: canto estamos dispostos a pagar -agora que ademais estamos en crise- só por ver informativos, documentais e programas de produción propia (o máis cutre da programación) en lingua portuguesa? As teles portuguesas van “ceder” eses contidos polo papo ou con que contrapartidas? Alguén se preguntou iso no “debate”? Os galegos que realmente desexen produtos audiovisuais dese tipo non poden acceder a eles desde unha pantalla do ordenador ou poñendo unha parabólica?

- Vexo con tristeza unha vez máis que o “debate” se centrou na recepción das televisións portuguesas aquí e non na emisión das canles galegas alá (recordemos que falta menos para chegada das teles privadas autonómicas, que teñen asignada unha cota de uso da lingua galega). Movémonos polo portugués pero non polo propio. É unha mágoa. Por que en Portugal ninguén creou unha plataforma pola recepción das teles galegas?

- E por último, e á vista das fotos, hai que citar un clásico: “Poucas tías, non?:D

13 comments Decembro 12th, 2008


AVISOS

Últimos comentarios

E ti que galego falas na escala de alema? aquí

Mini-chat

Latest on Mon, 00:28

aita: hai alguén aquí? teño unha dúbida: cando se usa 'ó' e cando 'ao'

magnummare: ... un que funcione, porque xa vexo que o teu no vai moi ben... XD XD

magnummare: Señor alema!! com introduciu iso que ten ai de "este blog en portugues automatico"? grasias de antebraso!! :P

Yuji: Obrigado Aloquete. Vou colocar na minha lista pra quando pedir livros galegos! :) Ah sim, e achei um artigo seu sobre literatura galega em Portugal, [...]

Aloquete: Yuji, um romance magnífico é PAPAVENTOS, de Xavier Queipo. Cosmopolita, mas galego de cima a baixo.

» Escribe algo



Featured Advertiser

Artigos recentes

 

Decembro 2008
L M M X V S D
« Nov   Xan »
1234567
891011121314
15161718192021
22232425262728
293031  

Categorí­as

Tags

Meta